mércores, 23 de febreiro de 2011

QUEN PETA NA PORTA?

Estou nunha casa que non é a miña pero parece que si o é. Estou coa miña irmá nunha habitación, coa porta pechada. De pronto séntese algo rabuñar na porta, parece un can, estará rabioso? Negámonos a abrir a porta, o can ademais de estar furioso, resúltanos totalmente descoñecido.
Despois de non sei canto tempo, aparece a miña nai e ve as marcas na porta: parecen de gadoupas de gato e describen círculos.
Volvo sentir ladridos, esta vez é a miña cadela que anda a querer espertarme.

1 comentario:

Ralph dixo...

Pareceme un soño incompleto...Faltalle pés e cabeza por así dicilo.E moi curtiño