venres, 11 de febreiro de 2011

DELIRIOS FUBOLEIROS

Estou nun campo de fútbol. Está a piques de dar inicio o gran derbi Celta de Vigo-Atlético de Madrid, cuartos de final. Os meus amigos e máis eu estamos na grada de fondo. O Celta gaña 5-0. Hai que celebralo, xuntámonos máis de cuarenta no noso local habitual ( o nome acabo de esquecelo). Aparecen uns ultras do Atlético, non nos deixan saír; chega a policía e fan unha muralla que impida saír a ninguén. Os ultras collen un rapaz e pártenlle unha cella, a outro ábrenlle a cabeza. A policía, pasmada, non fai nada; nin sequera deixan entrar a ambulancia. Cando por fin atenden os feridos, saímos os celtarras en desbandada á procura de ultras. Estamos a piques de doblar a esquina cando chegan os antidisturbios e arrasan con nós sen compaixón. Eu lisco como podo e cando me dou conta xa estou só. De súpeto, pónseme diante un ultra do fronte Atlético e, cando está a punto de mandarme unha...esperto!

Historia aportada po......LOIRO

1 comentario:

tirarrollas dixo...

Salvado pola campana, Loiro. Nunca mellor dito.