luns, 7 de febreiro de 2011

BOLBORETAS NEGRAS





BOLBORETAS NEGRAS

Negras, negras
negras, negras
negras, negras bolboretas
negras, negras bolboretas

Neno
as bolboretas prodúcenme este sentimento:
sempre que vexo a túa cara
comezan a voar
agora o meu corazón está á sombra
das criaturas que se tramsformaron
e desexo poder facelas voar.

Podo dicir que este é o meu estilo
Hai unha guerra interior
Podo dicir que este é o meu estilo
E teño que erguerme e voar.

Como facer para matar esas bolboretas
que aterrorizan o meu interior
Como parar os choros das batallas
Berrando toda a noite.
Tanto ten o que digas
aínda estou a sentir desta maneira
estas bolboretas negras, negras
apoderándose de min

Negras, negras
negras, negras
negras, negras bolboretas
negras, negras bolboretas

Podo sentilas buligando moi dentro de min
e o meu corpo pedíndome liberalas
Teño unha necesidade desesperada de curación
dos danos en todo o meu ser
algunha maneira haberá de facelas voar

(retrouso)

Canción aportada por.....CHUS

3 comentarios:

tirarrollas dixo...

Creo que vai pagar a pena investigar na carga simbólica das bolboretas negras. Seguro que nos axudará a centrar o significado que adquiren nesta canción. Que a disfrutedes

Uaniich dixo...

Esta cancion gustoume moito, describe eses sentimentos de desesperación (por un desamor quizais, ou unha morte) que atoparemos na nosa vida sen dubida.
PD: o video que está colgado no é a versión de Rihanna, se non a versión orixianal, que é de The saturdays, un grupo inglés.

angola dixo...

Grazas pola aclaración, Uaniich. A deseperación ás veces é ineludible, o que non debe un facer é deixarse arrastrar por ela ata o fondo dun pozo do que despois non imos `poder saír.