mércores, 9 de decembro de 2009

Monólogo choromiqueiro




Por que lle dan todo o que eu quero? é mellor ca min? non o entendo, din que é porque o necesita, pero eu tamén necesito. Non me queren, cren que non son unha boa filla...podería mellorar, pero para que se sei que nin se van decatar!
Síntome mal. E non é só ela que tamén o meu pai, non, principalmente el, é o que lle consente todo...Fago as cousas mal pero isto xa non é normal. É sempre así, ela fai o que quere e non pasa nada, pero se o fago eu...uf...a fin do mundo!
Suspendemos dúas as dúas e eu son un desastre, ela noon...ela tivo un lapsus. E aínda me levan ao psicólogo para que me pregunte se me quero, se saio con mozos, se son feliz.
Que vida! ah! e mercáronlle un MP4 e un móbil con memoria...aínda que era eu quen os pedira...a min déronme unha LÁMPADARADIORELOXOCOGOMELOTERMOMIX...pensándoo ben tampouco está tan mal cinco nunha...joo...quero ir a Barcelona...viaxar, sen pais! saír, sen nai! que guai...que mal, pobriña, que ma deu con tanta ilusión. Por Deus, como quere que traia iogur ao instituto? e que pretende, que traia galletas enroladas en follas de caderno? debería correxir a postura ou vaime saí chepa.

Oxalá poida controlar esta idiotez innata que me sae do corazón.
Por que sempre teño que obedecer a alguén? Gustaríame poder estar ben e libre libre libre...algún día, teño sono...que olliños tan bonitos ten.

martes, 8 de decembro de 2009

Cambios

senta ó meu lado,
achégate tanto coma o ar
comparte a memoria gris
entra nas miñas palabras
e soña coas imaxes do xogo
dos cambios.

verdes follas do verán
viran vermellas na caída
cara á cor castaña e amarela palidecen
daquela teñen que morrer
atrapadas no desfile temporal do circo
dos cambios.

escenas dos meus anos mozos
están aínda quentes na miña mente
visións de sombras brillantes
así que un día regresei
e vin que eran vítimas das viñas
dos cambios.

o mundo dá voltas doído,
á deriva na escuridade,
abalando nun furado de néboa
unha carreira arredor das estrelas
unha viaxe a través do universo en lapas
cos cambios.

momentos máxicos escintilarán na noite
todolos meigallos do bosque marcharon
mais cando abre o día
desaparecen na rosada dourada do mencer
dos cambios.

paixóns partirán
cara unha rara melodía
igual a lumes que ás veces arrefrían
como pétalos ao vento,
somos monicreques nos fíos de prata das almas
dos cambios.

as túas bágoas caerán tremendo
agora estamos xa nalgures
apuraremos unha última cunca de viño
bicareite aínda unha vez máis
e deixareite nas beira do río ondeante
dos cambios -

así que senta ao meu lado,
achégate tanto coma o ar
comparte a memoria gris
entra nas miñas palabras
e soña coas imaxes do xogo
dos cambios

A letra orixinal está no blogue de 4º A carallocorou e tamén o clip de audio.
Se atopades defectos de tradución comentádeos para correxilos

mércores, 2 de decembro de 2009

O blogue de 4ºesoA


Déixovos un enlace ao blogue de 4ºA http://carallocorou.blogspot.com/ e a súa imaxe

tirarrollas

“Prims” antes de durmir.




“Prim”, Celia estame a falar, a luz do skype está acesa, interrompe o diálogo de Nicole e máis Edward. Deteño o vídeo? Bah, mellor non, sei de memoria o guión.
Vaia, salta outra conversa, ignóroa, estou cansa, teño sono e estánseme a pechas as pálpebras.
All you need is love, bonita canción, pero estame a romper a cabeza.
Stop, deteño a película e leo, bocexo.
Vou pechar a ventá do vídeo. Teño agora o buscador de You Tube diantes, decídome e escribo Mark Knoplfer– Wild Theme, e claro, confudo as letras e o buscador corríxeme; “Mark Knopfler – Wild Theme”, pincho no primeiro link.
Tarareo, tarareo, Tarareo durante un longo tempo.
Pouco a pouco, todo vai quedando a escuras

A ladroa de fotos antigas

Orballada na escuridade


Non houbo un só día a partir de entón non que non quedase uns minutos oíndo o ruído das pinguiñas de choiva golpear a fiestra nos fríos días de inverno.
Porque, agora, era inevitable relacionala con outra cosa que non fosen recordos.
Recordos que viaxaban pola miña mente a toda velocidade e que se repetían a cada instante e sempre durante os soños máis profundos e inquedantes.
As rúas inocentes eran golpeadas con forza pola orballada, todo estaba sumerxido na escuridade, toda a cidade e todo ó meu redor, mesmo eu.
Extendo os brazos cara onde ti estabas pero non te atopo, inténtote agarrar e pecho o puño en van. Onde estás? Desapareciches, e eu, tola de medo palpo as paredes con inseguridade, tremendo a cada instante de frío, pero aínda máis de soidade.
Ao final podo divisar luz e corro desesperadamente na súa dirección, cun nó na gorxa e o corazón dando tumbos.
ás veces, que digo, moitas veces, soño que ao chegar ti estabas alí e agarraba a túa chaqueta tirando dela cara a min, apretándote tan forte que che facía daño.
Pero ti e más eu sabemos que non foi así, non?

A ladroa de fotos antigas