ONTE, MENTRES DURMÍA..........
Estaba xogando ao New Super Mario Bross cando, de repente, se fixo unha luz branca cegadora que parecía querer absorverme. Cando me quixen dar conta, eu era Supermario e tiña que ir pasando varias fases para poder salvar a Peach, unha raíña do xogo. Finalmente tiven que matar a Bauser, unha tartaruga que ten a coiraza a pinchos. Comeume antes de que eu puidese dar conta del. Cando estaba no seu bandullo, tamén seguín mutando e tiven que pasar varias fases. Nun momento dado, tiven que saltar dende un bloque altísimo e cando estaba a piques de caer ..........esperto pegando un chimpo na cama, aterrizo como podo...no chan.
Idea de......CHUS
2 comentarios:
Fixécheste mal? Estes soños de pantalla non serán propiciados polo moito xogar co Súper Mario?
Para nada, xogo de moi vez en cando, e para iso non moito tempo, pero o que pasa é que métome moito no xogo, e logo hai estes resultados.
Publicar un comentario