domingo, 21 de febreiro de 2016

O códice Voynich: O manuscrito máis misterioso do mundo




Un alfabeto descoñecido. Un idioma descoñecido. Un autor descoñecido. Sen referencias espaciais nin temporais neste manuscrito aparecen temas que van desde a astronomía, a botánica, a farmacia, a bioloxía ata diferentes tipos de receitas e fórmulas maxistrais. A súas páxinas están ilustradas con estraños deseños de especies botánicas descoñecidas (plantas quiméricas). Tamén aparecen plantas chegadas do novo mundo, como o xirasol, o cal nos leva a unha época posterior ao que convencionalmente chamamos Idade Media, cando xa os libros empezaban a imprimirse. 

Bibliotecapleyades oferta a posibilidade de visitar todas as páxinas do manuscrito. E moita información sobre os posibles autores ou o posible engano tamén se pode consultar na wikipedia.



venres, 12 de febreiro de 2016

Manuscritos ao estilo medieval



Os de 1º da ESO non sei como fan. Teñen unha capacidade abraiante para os traballos gráficos. Tanto ten o que lles propoñas, sempre hai un grupo que consegue superar todas as expectativas. Nesta ocasión a proposta era tipografar ao estilo medieval dos pergamiños un texto contemporáneo e velaí o que trouxeron:

Que isto acabe nun códice de poesía contemporánea parece que cada vez é menos imposible!















Parabéns aos nosos amanuenses.



mércores, 3 de febreiro de 2016

Ferramentas de escritura na Idade Media

Resultado de imaxes para scriptorium medievalscriptorium
O Obradoiro onde se realizaban as tarefas dos amanienses na Idade Media era coñecido co nome de SCRIPTORUM


As mesas que utilizaban eran moi semellantes aos pupitres antigos. O banco e a mesa estaban unidos e o plano sobre o que se traballaba estaba inclinado para facilitar o delicado labor caligráfico e pictórico.

Resultado de imaxes para scriptorium medieval 

Sobre que se escribía? Cal era o soporte sobre o que se caligrafaba e se pintaba?

  1. Utilizáronse soportes herdados do mundo clásico como as táboas de madeira encerada ou branqueada
  2. Pergamiños: peles de animais ben estiradas e afinadas. Son o soporte máis común dos códices, ou pequenas coleccións de pergamiños encadernados en forma de libro.
  3. Vitela: é un pergamiño feito da delicada pel da tenreira. Vitela é o nome común que en galego e portugués se lles da ás crias femias das vacas, do latían vitella. Dos manuscritos medievais en lingua galego-portuguesa é moi coñecida a vitela onde se atoparon as cantigas de Martín Códax. A andaina desta vitela dá para o guión dunha película, e así nola conta a wikipedia:
A descoberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos Pedro Vindel o encontrou na súa biblioteca en 1914, servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII. .
O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana, quen o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Tras a súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.
A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista Arte Español. Ao ano seguinte, en 1915, o libreiro publicou a primeira edición facsímile do manuscrito.
    
      4. Papel: Realizado con pasta de algodón, liño ou cánabo, o papel chegou de oriente a principios do séc. XIII ( o século de ouro da literatura galego-portuguesa medieval) e xa a mediados de século empezou a xeralizarse o seu uso en toda a Europa. De maneira que cando se fixeron os primeiros ensaios coa imprenta ou prelo a finais do séc. XV, o soporte definitivo estaba consolidado.

E agora preguntámonos polas ferramentas da escritura, que funcionaba a modo de boli?

Os manuscritos medievais están feitos con tinta negra, tinta vermella e, en menor medida, con tinta azul e verde. As letras maiúsculas, que son as que albergan as miniaturas, están ricamente decoradas con tinta de ouro e prata, que conseguían diluíndo e estabilizando po de prata e ouro.
Os instrumentos máis comúns na Idade Media  foron:

1. O cálamo, unha cana vexetal finiña, semellante ás varas de bambú novo.




Resultado de imaxes para cálamo

2. Plumas de oca: ferramenta usada polo expcios para escribir nos seus papiros, chegou a Europa no séc.VI e xa non buscaron máis.

 Resultado de imaxes para plumas de oca para escribir As modernas plumas conservan da pluma orixinal o cano por onde escorre a tinta, o corte biselado e, por suposto, o nome.


                                     


Resultado de imaxes para pergamiño vindel
O Pergamiño Vindel é o único manuscrito de carácter profano en lingua galego-portuguesa  con anotacións musicais da época.