mércores, 16 de xuño de 2010

Premio de narrativa no concurso literario das Letras Galegas 2010


Miguel e Helena é un matrimonio galego que emigrou, o seu destino foi a capital de Arxentina, Bos Aires. Como tódolos emigrantes Galegos nos anos da Guerra Civil española, emigraron pola falta de oportunidades e tamén por ter unhas ideoloxías
moi contrarias ao bando azul. En Arxentina, non tiñan unha casa, só tiñan os aforros de toda súa vida. Buscaron un fogar para vivir e, por sorte, os dous encontraron un bo traballo para só ter 23 anos. Miguel traballaba nas instalacións do gran club arxentino, River Plate; e Helena era unha camareira dunha famosa pizzería do centro da cidade. Miguel tivo moita sorte porque un adestrador mirouno xogar nun partido e pareceulle un bo xogador para o seu equipo e díxolle que o quería no seu equipo. O que máis lle importou a Miguel, foi que ía gañar moito diñeiro por xogar nun equipo profesional. O 28 de febreiro debutou , Helena foi ver o partido coma unha seguidora mais. El era moi bo, o adestrador dixo logo do partido: “Cada vez que o vexo xogar, vexo un futbolista con moita calidade, sobre todo na velocidade e caneo.”
Todo o mundo fixábase en Miguel pero Helena tamén triunfaba na pizzería en que traballaba, ela ascendeu de camareira a encargada. O matrimonio galego que foi pobre transformouse nun matrimonio moi rico e poderoso. O avó de Miguel sempre dicía que o diñeiro volvía tolo a xente, ninguén lle facía caso a Angel agás Miguel que sempre levaba a practica os consellos do seu avó. Os familiares que habitaban en España, recibiron un golpe moi duro. O pai de Helena morreu asasinado polo bando franquista. Esta nova cambia a vida do matrimonio, ela estaba esnaquizada pola morte de Gabriel. Miguel propúxolle á súa muller ir a Galiza para visitar a familia e amigos no verán.

Chegou o verán, Miguel e Helena foron a Vigo, toda a cidade cambiou radicalmente só nun ano e medio. Os veciños do barrio estaban moi orgullosos do éxito do matrimonio en Arxentina e soñaban ver a Miguel xogando co Celta no campo de Coia. Helena, segundo a seu esposo, foi clave no éxito conseguido en Bos Aires.

Tralo seu regreso a Arxentina, informan a Miguel que un equipo español está interesado pola súa fichaxe pero non lle dixeron o nome do equipo.
Uns días máis tarde, chéganlle dúas novas; unha nova persoal e a outra profesional. A nova persoal é que Helena está embarazada dun neno, e a nova profesional é que o Celta de Vigo quere fichalo. O xogador non rexeitouou a oferta do equipo da súa cidade e volveron á súa terra para quedar definitivamente. A xente estaba moi contenta pola volta do matrimonio á súa terra, o diñeiro que gañaron en Sudamérica serviulles para reformar a casa dos pais de Miguel que estaba en ruínas.

Cinco meses despois da chegada a Vigo, naceu o seu fillo chamado Santiago. Co seu nacemento, Miguel e Helena mercaron unha casa mais grande situada nas aforas da cidade. Miguel empezou xogando en Barcelona, toda a súa familia foi ver o partido contra o poderoso Barcelona que foi o campión o ano anterior. En Barcelona, Helena encóntrase con Tania, unha xove de Cambados que tamén emigrou a Arxentina. Ela trasladouse a Barcelona polo seu marido,Ismael, que encontrou un traballo mellor nunha empresa telefónica. Ó chegar a Vigo, Helena chamou a súa irmá Alicia para contarlle a súa aventura en Barcelona e que viu a Tania .
Unha semana despois de volver a Barcelona, Miguel debuta co Celta no campo de Coia, tódolos veciños do seu barrio, amigos e familia foron ver o partido. O xogador do Celta marcou un gol na vitoria contra o Sevilla.

Coa chegada de Miguel e Helena, a familia foi enriquecendo de diñeiro. Candela, a nai de Miguel, decidiu investir mil pesetas nunha compañía de taxis xa que o seu avó foi taxista en Betanzos. Toda a familia aceptou a idea e propuxeron mercar unha casa na praia pero Miguel dixo que era moi cara aínda que en dous anos xa puideron mercala.

Durante dous anos, Santiago empezou a camiñar e ir á escola do seu barrio. El, segundo os mestres da escola, era un gran estudante e aprendeu a escribir moi cedo para a súa idade. Miguel seguiu xogando no Celta e conseguindo moitos éxitos profesionais. Helena dende que o seu esposo chegou a Vigo, non traballou, nese tempo dedicouse a coidar do seu fillo e de limpar e cociñar.

Xa pasados os anos 30, cando todo ía ben, morre Angel por tuberculose. Miguel, moi abatido e triste, pensou en seguir xogando ó fútbol ou en coidar da súa familia. A familia tiña moito diñeiro cousa que case ninguén podía conseguir, só o conseguía moi pouca xente nesa época. O diñeiro pode mercar todo agás a saúde.

Miguel estivo pensando o seu futuro como futbolista durante tres anos, el decidiu retirarse, o seu estado físico e mental non era moi bo e deixou de xogar o fútbol. Trala súa decisión, Helena e Santiago puideron disfrutar un pouquiño máis de Miguel, xa que cando xogaba, non podían estar moito con el. Cando o diñeiro era escaso, Helena decidiu poñerse a traballar na oficina da empresa de taxis na que investira a súa sogra.
A empresa de taxis triunfaba en Vigo, xa que era a única empresa de taxis da cidade.

Dez anos despois, cando Santiago tiña 18 anos, foi estudar a Santiago de Compostela para ser mestre. Sempre lle gustou ensinar e aprender cousas da xente. Mentras estudaba, escribía poemas en contra do réxime franquista aínda que dous libros foron censurados polo seu contido. Na universidade, coñeceu a Paloma, ela era unha compañeira de clase a quen Santiago tiña moito aprezo e tamén estaba namorado dela. O segundo ano da universidade, empezaron a ter unha relación amorosa moi especial. El sempre a levaba a sitios moi románticos como o Monte do Gozo en Santiago de Compostela ou o Castro en Vigo. Despois de rematar os estudos universitarios, casaron no castelo de Soutomaior. Miguel e Helena estiveron moi emocionados durante toda a cerimonia relixiosa xa que puideron darlle ao seu fillo pequenos consellos para manter o matrimonio para toda a vida. Nesa época, todo ía moi rápido, Santiago e Paloma foron de vacacións a Mallorca. Tralo seu regreso, fixeron pública unha nova: Paloma estaba embarazada dun neno.

Nove meses despois, naceu o fillo de Santiago e Paloma que son eu, Iago. Os meus pais educáronme dunha forma moi estrita e tamén moi seria, sempre quixeron que eu fora coma eles pero non sei moi ben como vou ser nun futuro. Encántame escribir sobre a historia dos meus antepasados, estou moi orgulloso deles porque aprendín moitas cousas. O meu avó Miguel fálame moito como se sentía cando marcaba un gol co Celta e tamén me dá moitos consellos sobre a vida. Case contei a historia da miña familia durante trinta anos aínda que sobre algunhas cousiñas non me lembro moi ben e por iso prefiro non poñelas. Seguramente, vos preguntaredes en que década escribo. Estou escribindo no ano 1963, ultimamente está moi de moda o grupo “The Beatles”, gústame bastante. O outro día tocaron en Nova Olimpia e as súas cancións son moi boas, encántanme as letras, espero que sigan moitos anos máis. Vigo crece moi rápido, hai un cambio urbanístico bastante grande, non imaxinades! Ben… despídome. Espero que vos gustase a historia da miña familia. Un saúdo amigos!

5 comentarios:

Cherry Bomb dixo...

Este relato fai un breve pero intenso relato sobre a emigración dos galegos na época franquista, pero, coido que o que máis me gusta é ese punto futboleiro que o fai especial!
:D

Anónimo dixo...

Este relato, para o meu ver, resulta atractivo porque ningún dos tempos que se manexan é o actual. Alguén fala nos anos sesenta de como se fraguou a historia da súa familia ao longo do séc. XX, un historia épica urbana das moitas que contribuíron a fraguar o que hoxe é Vigo, con esa ponte invisible cara América. O tempo actual é o tempo en que se confecciona o relato, así que todo é unha retrospección, cun presente lonxano que indaga no pasado. Son os xogos do tempo literario, que á súa maneira é tamén tempo real. Parabéns ao autor, que tamén cursa 4º da ESO no ROU.

Anónimo dixo...

Este relato está bastante ben porque fala dun tema bastante importante, e quizáis tamén de actualidade, que é a emigración.
Aínda que non estaría nada mal que o autor revisara un pouquiño a redacción, é un texto moi moi orixinal porque eu non lin nunca ningunha historia sobre a emigración que escribira un rapaz. Sorprendeume moito o final, porque non esperaba para nada que quen contaba a historia fora o neto de Miguel xD

Marta Castanha

Anónimo dixo...

Este relato non está nada mal e gústame bastante
porque o tema da inmigración é algo que me
toca de cerca, e reflexa moi ben a situación
dos extranxeiros noutros países. Moitos rematan volvendo, pero tamén ainos ke non :(

Animada

Anónimo dixo...

Este texto é xenial!
Por suposto reconhecín ao autor na mención do grupo "The Beatles", e iso encantoume xa que as primeiras cracións dos escritores acostuman a ter un pequeno punto autobiográfico. Pregúntome canto hai de realidade neste relato...
O que máis me chamou a atención foi o comentario acerca da nosa cidade, que naquel entón estaba a cercer a un ritmo frenético. Aínda que ao melhor non foi moi boa idea o do porto no Areal; pero iso é un tema aparte.
O transcurso da vida de tres xeración é algo que impresiona, xa que dumha maneira corta a vez que intensa cóntanos umha vida, quizáis un puco dura ao principio, pero que rematou nun final feliz.
Moitísimas felicidades polo teu premio =) (L)(K)

Carlotti