domingo, 1 de febreiro de 2015

carta a unha árbore




Querida Nogueira espero que teñas unhas ramas moi longas e que medres moito, non como un piñeiro pero si como un carballo.Que de maior teñas un niño de ouriois e se ti queres que te cambien a unha corredoira con amendoeiras,carballos e laranxeiras.E que nesa corredoira aparezan moitos niños de pardais.Pero de momento esmérate en ser unha unha árbore moi bonita.Que cando medres vaian esquíos.Por certo,estiven pensando nun nome para ti.Vaste chamar Nogui a Nogueira.Terás moitos amigos como Pini o Piñeiro e Erbe o Erbedo.Eu quero que ti teñas unhas raíces fortes e longas para que poidas tomar moita auga.Por iso o día que te plantei sentinme moi alegre.Cando medres eu comerei un dos teus froitos ricos.

JEAN CARLO

                                                 



Bo día, amiga Nogueira, como está vostede hoxe?
Eu ben.
Doulle a benvida ao I.E.S. R.O.U.(instituto de educación secundaria República Oriental do Uruguai).

Mándolle este correo para desexarlle sorte con iso de medrar. Contáronme que é difícil, ademais de ser un proceso lento. Nós, as persoas, tamén temos que medrar. De feito eu e os meus amigos xa estamos medrando. E á probable que non paremos ata os dezaseis ou os dezasete anos. Pero, en realidade, despois non paramos senón que diminuímos moitísimo a velocidade, tanto que parece que non medramos.
En conclusión: moita sorte e paciencia e cóidese moito.
Ata outra!!

ROCCO




Querida nogueira:

Espero que te  sintas benvida no teu fogar,
que os pardais te queiran aniñar.
Medra medra coma o noso intituto,
para que sexas a raíña deste mundo.
Podes ser alta coma unha fachada 
e que non te rache ningunha machada.
Todos os nenos de 1ºA queremos o mellor para ti, 
así que necesitamos que sexas moi feliz.
Que teñas moitos amigos, coma o carballo ou os bidueiros
que son moi amigables, e terás mellor vida ca a dos castiñeiros.

Xardineiro



Ola Nogueira:

Onte estivémoste plantando. Aínda andas a medrar, pero espero que o fagas ben. Sei que non tes problemas para dar froitos, pero aínda asi, coidarémoste moito; e poñerémoste ao redor  unhas compañeiras chamadas "plantas aromáticas". Espero que ninguén te rache cunha machada. Ao mellor colocámosche un arame. Aparte de todo isto, adornaranche as ramas pegas, pardais,  e niños de ouriois. Eu creo que todo isto, son razóns suficientes, para medrar feliz.
Will



Ola, nogueira:
Benvida á nosa horta. Queremos que pronto sexas alta, grande e esvelta, cos teus froito para poder pasar por debaixo das túas ramas e ver os teus gromos. Ti estás ao abieiro do R.O.U. e eu espero verte alta e bonita dentro de pouco; aínda que teña que esperar máis tempo porque te plantamos antonte.
Tes moita sorte porque aínda que non esteas nunha fraga, estás na mellor horta que se poida estar.
Tamén plantamos un érbedo, pero non o poderás ver ata que medres moito.
Nós imos pasar todos os mércores que non chova ao teu carón e farémosche unha corredoira.
Un bico
AINHOA


Querida nogueira:
Queremos que medres moito,  aínda que esteas un pouco poeirenta. Se medras moito poderás ter niños de calquera paxaro, coma o ouriol, a pega ou un pardal.  Serás tan alta coma un carballo,  máis alta ca o tellado do instituto. Ninguen che dará con  ningunha machada. Terás un compañeiro de aventuras polo céo, o albedro, e todos os días iremos  visitarte.
Un saúdo, ALEX                                                                      

  
                                Follas e froito do érbedo




Bo día, Nogueira !!!
Estou desexando que medres para verte alta e ler debaixo das túas follas agochado no teu tronco e vendo as flores tentando medrar ao teu carón. E tamén desexo con todas as miñas forzas estar cos meus amigos  comendo noces, gabeando polo teu tronco, collendo flores e buscando insectos pola túa cortiza. Despois descansaremos na sombra da túa copa  vendo os paxaros, os seus niños e ovos . Tamén desexo respirar o osíxeno que desprendes e ver plantas coma: a queiruga, rudas, fento… E protexerte do vendaval e da xente que queira racharte. Ben,  estáseme  facendo tarde, chao!!!! 

ANXO 

                               

Querida nogueira,
Quéroche dar a benvida ao ROU: República Oriental do Uruguai.
Espero que medres moi boa e sa, e que os teu gromos te convirtan nunha nogueira moi esvelta, elegante e alta.
Plantámoste na horta escolar aínda que seguramente preferías estar nunha fraga con outras nogueiras ou incluso outras especies coma o carballo.
Un bico, MARÍA

 Ola,nogueira:
Benvida á horta do R.O.U.
Esperemos que pronto che saian os teus primeiros gromos.
A partir de agora o teu nome é Filiberta 
Se medras bonitiña xa pronto terás o teu primeiro niño de ouriol.
E, ademais, sairanche unhas noces riquísimas.
Sei que non estás nunha fraga, pero estás na mellor horta que unha nogueira pode pedir.
Na mesma horta tamén hai un érbedo, así non te aburres tanto. Tamén hai moitos bichiños cos que falar, e pasarán paxaros cos que poderás xogar, como o pardal. Aquí xa me despido,divírtete. 
Feito por: Marta 

 Ola nogueira , eu son IGT, un dos compañeiros de 1  ESO A que te plantou o outro día preto da horta; escríboche esta carta para dicirche que espero que agromes ben para que cando eu estea no meu último ano no instituto  poder ver que igual que os de primeiro , creciches e que es unha árbore sa e forte e volver  recordar momentos inolvidables; desexo que  de maior teñas un  niño de ouriol nas túas ramas,  que o sol brille moito para poder ver as túas bonitas follas e espero que non haxa moitos tobos de toupa  ao teu redor porque estragarían a túa beleza. Tamén me gustaría que tiveses moitas flores de cores que formaran un círculo ao teu redor para que resaltase moito máis o teu fermoso tronco e por último eu poríache un nome: o outro día Gael tivo unha gran idea , poñerlle Rosa en honor ás profes da horta e a min gustoume a idea e aquí me despido de ti, Rosa , vemonos na horta !!!!!

IGT

 Mensaxe para a nogueira do Uruguai: 
 Desexamos darche forza para que tódolos días crezas un pouquiño máis. 
Eu penso que ti vas medrar moito, por iso queremos compartir o noso amor e toda a nosa suor para que as túas pólas cheguen ao ceo, e sirva de casa aos niños de paxaros como as pegas ou os ouriois. Que surxa vida dende as raíces ata as follas.


En ningún momento quero que ti chores ou que che caian as túas follas ao chan.
Desexo que rías e que comeces a gromar.
Se as túas pólas rompesen, as nosas forzas xuntaríanse para axudarche a recuperarte. 
Xa temos un desexo, que vivas ata que cheguemos a bacharelato e aparezas pola  fiestra da nosa clase, entón sentiremos moita ledicia pois iso significaría que medraches canda nós.
Ata pronto, miña amiguiña, xa pasarei por debaixo  das túas pólas, ata logo, deica pronto.
CINCO PATACAS


Bo día,  nogueira:
Cando o mércores fomos na horta para poder plantarte, a maioría pensamos que cando sexamos maiores poderás chegar a ser enorme, segundo a nosa profesora, podes chegar a ser moi alta e robusta.
 Xa sei que deberiamos plantarte nunha fraga con moitas árbores como carballos, vimbieiras e máis noguerias coma ti, tamén deberías estar rodeada de paxaros como a pega,  o pardal ou o ouriol. Todos queremos que medres para que poidas ter o teu propio niño, e tamén para que poidas ver todo o que te rodea
WAYA5


Querida Nogueira:
Ola!Eu son Antia, alumna de 1° da Eso A. Quería darche a benvida ao centro, e desexarte que medres forte e sen problemas. O outro día (26/11/14) plantáronte e seguramente preferirías que te plantasen nunha fraga con diversas arbores como; Carballos, Vimbieiras e con arbustos; Fentos, Rudas… Dentro de pouco algunha ave coma unha Pega ou un Ouriol poñeran o seu niño nas túas pólas. Tamen medraras tanto ata chegar aos arames da electricidade. Estás ao abeiro do R.O.U así que estarás ben protexido do vento do norte.
Medra ben,Antia. 


 Resultado de imaxes para albedro

Ola , albedro !
Preguntaraste quen son , pois son unha das nenas de 1º  que o outro día na horta te plantamos e aínda es un albedro moi pequeno, por iso eu vou axudarte a que medres e que teñas unhos froitos ben roxiños e que luzas na horta .
Tamen quería dicirche que no outono cando teñas os froitos, se a profe me deixa, vou probar un pero máis non, a ver se pillo unha borracheira e quedo tola . Xa quero que comezes a gromar porque vin fotos dun albedro en internet, é fermosísimo e ti vas ser asi!!!!!! eu voute bautizar coma o albedro Pedro porque es unha arbore moi xoguetona e estás en primeira fila para ver o partido do Rosales 2 .
Saúdos de Laura.
                 Quérote moito!!!!!!!

UNHA NENA NORMAL


Resultado de imaxes para MADROÑO


Benvido Albedro ao ROU. Neste instituto vas  medrar forte e san ata que cheques a ser unha grande árbore. Non te puñas poeirento, límpate coa choiva, tes moitos amigos como a pega, o ouriol e o pardal e tenrás niños dos paxaros. Ten moitos gromos e froitos e unha cortiza moi dura.
Se moi alta, irei visitarte un día da semana para ver se o consegues, verás partidos de fútbol todos os días no instituto do lado.
O teu nome é Pepiño, así  nos axudas como Pepiño Grilo axuda a Pinocho.
 Resultado de imaxes para MADROÑO
Bicos,ANDRÉS




Albedro, quero darche a benvida ao instituto para que agromes con forza cara ao ceo e que sexas o máis vello da horta. Non te imos rachar cando medres senón coidarte aínda máis. Queremos que teñas un niño de pardais, ouriois e pegas no cumio para que nos alegren ás mañás cos seus píos. Os teus froitos non os veremos ata dentro dun tempo, así que non os poderemos papar. A seiva do teu tronco será a máis resistente. Non estás nunha fraga, pero sentiraste coma na casa. Para verte faremos a corredoira máis bonita do lugar. Xa acabo esta carta dicíndoche que medres moi alto e sexas a envidia de todas as árbores.
BRADLEY


                                          Resultado de imaxes para MADROÑO


  Vigo, 28 de novembro de 2014

Escríboche para decirche se podes medrar un pouco máis rápido para que cando o meu fillo teña 5 ou 6 anos vir  verte e xogar debaixo túa. Eu fun un dos nenos xunto Lucas e Diego que axudamos á mestra a plantarte. Cando te plantamos chamámoste Rosa en honor ás dúas mestras que son as que fan todo na horta. Se ti cumpres o que che pido eu e a miña famila prometemos vir todos os fins de semana  visitarte a ti e ao teu amigo o albredo Ogando. Agora teño que irme , acórdate do noso trato.

Adeus.
GAEL 

                                              árbores sagradas no mundo celta                        
                                              
                             
                                                                                                 
 Queridísima Nogueira:

Eu sei que te sentes triste por ser a árbore máis pequena da horta, pero iso tamén ten as súas vantaxes xa que es a máis mimadiña, a que coidan máis todas as nenas e nenos e non só iso senón tamén a máis bonita de toda a horta.
Todos os que pasan por alí preguntan : E esa árbore tan pequena e tan bonita que é? E nós respondémoslle: É a nosa queridísima Nogueira.

Eu sei que ti queres ser a árbore máis grande da horta para que che poidan ver desde a rúa e desde a entrada da horta. Sei tamén que queres botar noces que seguramente vaian estar de medo.
Por iso non esteas triste, que o tempo xa o arreglará, que todos  te queremos e ímoste querer tal como sexas.

SOLRAC

                                                   Resultado de imaxes para arbol celta


Querida nogueira
Querida nogueira, espero que esteas tan fermosa como cando nos fomos de vacacións de Semana Santa. Non fun de viaxe nas vacacións pero eu  pásoo moi ben na miña casa, fomos ao Vixiador e a miña curmá e máis eu montamos nun cabalo, e tamén recollemos follas das árbores e as plantas para o traballo de naturais e tamén o meu pai veu de traballar fóra xa que na nosa comarca non hai moito traballo.
Un saúdo,  nogueiriña e segue crecendo.

NAVI





Aínda quedan cartas por publicar. Empezaremos por estas, Hai moito que correxir!