xoves, 30 de xaneiro de 2014

xoves, 9 de xaneiro de 2014

Camisolas 2014 ou 4012?



Despois deste arroutado e movidiño parón do Nadal, reiniciamos a actividade blogueira cos deseños das camisolas 2013-2014 realizados polo alumnado máis noviños do Uruguai. 

O proceso foi lento pero moi entretido. Primeiro aprendemos a tipografar o alfabeto artesanalmente con lapis e papel. Despois cadaquén tipografou en papel o seu nome, dándolle toques moi persoais. Despois cada deseño pasouse a un molde de cartón brik. Despois houbo que recortar cunhas tesoiriñas pequenas o que queriamos que aparecese estampado. E, por último, estampamos a man con pintura para tea sobre camisolas máis ou menos usadas. Houbo algún exquisito que quixo facelo sobre unha camisola nova, iso está ben!

Algúns dos resultados téndelos fotografados a continuación. Faltan varias camisolas de 1ºA, incorporarémolas cando estean rematadas. Coas fotos podedes montar un vídeo ou unha colaxe. Se alguén sabe como facer isto último en soporte dixital , por favor, que nos dea un curso acelerado, que estamos desexando hai tempo aprender a facelo. Saúdos a tod@s e mans á obra!