mércores, 23 de febreiro de 2011

UNHA DE MEDO

Estou na casa dunha amiga, imos ao videoclube coller umha peli, escollemos unha de medo, , logo imos ao super coller millo para rebentar, despois imos para a casa da miña amiga. Mentres ela está a preparar os flocos eu estou no salón poñendo a peli; cando os flocos están feitos, son xa as doce da noite e empezamos a ver a peli.
Nunha escena en que aparece o exorcista, non me digades como, entramos dentro dentro da casa onde se desenvolve a acción. Hai un home que nos di que temos que superar unhas probas se queremos volver a casa. Empezamos a berrar e a correr, foi inútil. Puxémonos a realizar as probas e fómolas superando; non lembro en que consistían. Na última proba tiñamos que tirarnos dunha montaña abaixo. Tirámonos e, no medio do soño, espertamos no salón. Cando esperto vexo a miña nai que está a chamar por min.

Pesadelo aportado por...................Noelia

1 comentario:

Anónimo dixo...

A min paréceme que debiches ver moitas películas de medo porque soños coma eses non se lle ocorren a ninguén . En xeral gustoume .