xoves, 22 de novembro de 2012

colaxe de personaxes





   Unha lenda chea de tolos


Na cidade de Vigo encontrábanse dúas mozas cunhas vidas moi diferentes. Unha moza chamábase Cinsenta, era unha rapaza que vivía na cidade, nunha enorme mansión, pero a pobre só podía disfrutar da sala de cine, da piscina e dos fermosos xardíns linpándoos. Tiña unha madrastra que non a deixaba saír ao centro comercial, e tiña terminantemente prohibido meterse no Tuenti e moito menos navegar por internet. En resumo, que non quería que Cinsenta disfrutase da vida para nada, só a quería para que atendese as súas medio irmás e que estivese encerrada na casa sempre, facendo as tarefas. A Cinsenta gustáballe un mozo chamado Hugo, que ía na súa clase, pero a Hugo gustáballe unha nena de nome Carapuchiña Vermella (ou iso era o que cría Cinsenta), porque no pupitre de Hugo poñía C por H, e un corazonciño  ao redor decorado cunhas flores debuxadas. Cada vez que Cinsenta vía ese garabato poñíase furiosa con Carapuchiña vermella. Un día Cinsenta enteirouse de que Hugo ía celebrar o seu cumpreanos, e, por suposto as súas medio irmás ían ir, porque tamén elas estaban namoradas de Hugo. Cinsenta escapou e foi ao cíber, púxose contentísima ao ver o e-mail que lle mandou Hugo coa súa invitación á festa. Ao día seguinte na clase xa estaba a pelexar con Carapuchiña Vermella:
-Carapuchiña, mira a miña invitación á festa de Hugo- díxolle Cinsenta restregándolle a fotocopia que fixo da invitación.
-Ja, ja, ja, que fas Cinsenta? Hugo invitounos a todos e a todas incluida eu, así que fas o ridículo ensinándome esa invitación, e seguramente a túa madrastra non te vai deixar vir, como fixo con todos os cumpreanos de todos.
-Pero esta vez non vai ser o mesmo! Canto apostamos?- dixo Cinsenta moi convencida
Se ti o dis...ja,ja,ja- finaliza a conversa Carapuchiña rindo-.
E contestoulle Cinsenta nos seus pensamentos... (" Ao mellor, a ver se vas ser ti a que non veña á festa... Ja, ja, já).
Nada máis chegar a casa, Cinsenta dispúxose a facer un plan moi perverso, por primeira vez sacou o xenio da súa madrastra. Deuse conta de que en todos os plans ta que haber algún cómplice e axudante, e buscou no seu móbil algún contacto que fose perfecto para a locura que ía cometer, e a persoa perfecta para iso era...Lobo! O neno que máis travesuras fixo na súa vida, ese neno era capaz de todo, por iso a súa sona de malo.
Por outra parte Carapuchiña vermella tamén quería facerlle algunha trastada a Cinsenta na festa diante de todos, para que se enteirase de quen era ela, pero non lle poñía ganas porque pensaba que seguramente a madrastra non a deixaría vir.
-Esa muller é moi mala -dixo Carapuchiña- nunca a deixaría vir a ningunha festa, Cinsenta para vir tería que escapulirse sen que ela se enterase... Entón xa está feito! Conseguirei o número desa muller e se me enteiro de que Cinsenta vén á festa vou chamar a súa madrastra.
Por fin chegou o día máis esperado para as dúas. As dúas levantáronse moi felices pensando na súper festa de Hugo e tamén pensando sobre a vinganza que ían facer...

-Ola, Lobo, vas facer o que che pedín?- dille Cinsenta-
-Si, levareina a unhas tendas, vale?
-Paréceme perfecto! Grazas.

Lobo foi falar con Carapuchiña Vermella...
-Ola, pódoche pedir un favor?-Dille Lobo a Carapuchiña.
-De que se trata?
-É que non sei que regalarlle a Hugo, e ti como es experta en moda e todo iso...Quererías axudarme?
-Mmm, non sei... -dixo Carapuchiña facéndose de rogar.
-Por favor, necesito regalarlle algo moi especial como o amigo especial que é!
-Vale, vale, a que hora nos vemos..?
Carapuchiña e Lobo falaron sobre a hora e onde irían comprar esta tarde. O plan de Cinsenta só estaba a comezar...
Lobo fíxose o indeciso no agasallo que lle ía dar a Hugo, ata que chegou a hora da festa.
-Lobo... Escolle rápido xa che dei unha morea de ideas! Por certo, que hora é?
-Son as oito aínda! Xa sei que son moi indeciso... Pero valerá a pena, xa verás!-Díxolle Lobo mentíndolle sobre a hora... en realidade eran as dez! Xa comezara a festa había unha hora!

Cinsenta escapou e foi ao cumpreanos xustiña de hora, foi fermosa cun vestido que lle prestou a súa mellor amiga, que encima a levou na súa moto.
A  festa estaba moi ben decorada e tamén había discoteca, xogos, consolas, comida e unha pila de agasallos! Hugo esmerouse no seu cumpreanos, todos o estaban a pasar de marabilla! Hugo pasou lista para repartir uns pequenos agasallos para os seus amigos, e finalmente deuse conta de que faltaban Carapuchiña, Pati e Fani, as irmanastras de Cinsenta, ninguén sabía nada delas, todos estaban seguros de que ían vir.
Cinsenta era a responsable de que esas tres nenas non viñeran á festa. A Carapuchiña atrasouna un par  de horas, e ás súas irmanastras mentiulles e díxolles que a festa era pasado mañá. Na súa casa estaban todos a durmir.
Todo lle saíu perfecto!
Pero non tanto, porque Carapuchiña chegaría, moi enfadada e aínda que sexa un par de horas atrasada, pero chegaría, só por ver a festa de Hugo. Entón Cinsenta fixo cálculos...
-Se a atrasei dous horas e ata que veña...Teño só unha hora máis para que non me pille Carapuchiña! Teño que ir a casa ás doce da noite...
Hugo pedíulle bailar, e xusto na metade da canción, sooulle o móbil coa alarma que puxera para as doce, ta que irse o máis rápido posible!
-Pero onde vas, Cinsenta?- pregúntalle Hugo un pouco confuso.
-Teño que irme ntoo moito, e espero que che guste o agasallo que che regalei. Adeus!
-Adeus, Cinsenta!

Efectivamente, nada máis marchar Cinsenta, veu Carapuchiña, furiosa, con ganas de arrancarlle o pescozo a alguén, sabía perfectamente que lle xogaron unha trastada, e tamén sabía quen foi a que montou esta lea, a única inimiga que tiña, e estaba segura de que se ía vingar...
Cinsenta, Cinsenta!- comezou a berrar coma unha tola Carapuchiña por toda á festa-.
Todos se acercaron correndo para ver o que estaba a pasar.
-Que che pasa, Carapuchiña? Por que viñeches varias horas máis tarde?
-Nada, atraseime, pero aquí teño o fermoso agasallo que lle comprei a Hugo- respondeulle toda emocionada-.
Cinsenta chegou a casa sen que ninguén a vira, meteuse na cama coma se nada, pero...
-Cinsenta!xenche que non podías ir a ese baile!-berroulle a súa madrastra, moi, pero que moi enfadada- .
-Que..?!
-Non fagas agora a tola, avisáronme de que fuches, xa estou farta das túas trasnadas, vaste enteirar, voute vixiar pero agora máis de cerca!
-Quen te avisou?
-Chamáronme, pero non che podo dicir o nome.
-Madrastra, perdóasme? Eu teñía moitas gañas de ir á festa, e fixen  todo o posible para conseguilo- dille Cinsenta chorando-.
-Xa está ben de choriqueos! Perdóoche pero non volves saír da casa nunca máis, quedouche claro?- Terminou a Madrastra dando un portazo-.
Á pobre Cinsenta non todo lle saíu como desexaba, pero polo menos foi a festa de Hugo e fíxolle a trasnada á Carapuchiña.
Ao seguinte día na clase, a mellor amiga de Cinsenta, Lila, preguntoulle a Carapuchiña:
-Por que estades así? Desde que viu Hugo, non parades de estar berrando, xa todos sospeitaron  o que estades tramando, porque non o arreglades xa dunha vez por todas?
-Tes razón Lila, xa estou farta de enfadarme con Cinsenta...Vou falar con ela!
Carapuchiña buscou a Cinsenta, porque en realidade nin sabía por que se enfadou con ela!
-Cinsenta, podes vir un momento?- dille Carapuchiña-.
--Que queres agora?
-Por que estamos enfadadas? Porque te comportas así comigo?
-Porque...-a Carapuchiña resultoulle difícil contarlle o seu maior segredo á súa inimiga..- Vale, sabes o garabato que hai debuxado na mesa de Hugo?
-Si, seino.
-Pois, eu creo que vai por ti ese C...
-Era por iso? Era por iso toda a lea que montamos? Nin eu sabía por que estabamos discutindo! Ese garabato fíxoo Lobo cun boli permanente, xa sabes que ese neno está tolo e sempre quere montar leas.
-Buff, ao saber isto quedei en total ridículo... Síntoo moito, Carapuchiña, por facerche todo isto. É que me gustaba ese neno, pero sabes que? Xa non me gustou cando fun á súa casa, ese neno é un mal educado con todo o mundo!
-E a min tampouco me gusta; antes si, pero agora é un neno tolo, coma Lobo.
-Que tontería cometemos ao montar unha lea por isto, amigas?
-Amigas, de toda a vida!
Cinsenta e Carapuchiña volveron ser as mellores amigas e prometéronse non montar leas por cousas que non pagan a pena, decidiron vivir a vida e disfrutala.
             
                                                                                                   Whitney Rusen












xoves, 8 de novembro de 2012

os sete cabritiños

 








Os sete cabritiños


Había una vez, unha cabuxa que tivo  sete cabritiños. Un día, a nai deuse conta de que ás pilas do rato do ordenador se lle esgotaran a batería. Entón díxolles aos seus fillos:
-Voume á tenda de informática. Se veñes os vendedores de seguros non podedes abrir a porta. O único que queren é vendernos seguros de cousas estúpidas.
-Vale mamá.-dixeron os sete á vez
A nai estaba disposta a marchar cando un cabritiño preguntou:
-Pero mamá, como é un vendedor de seguros?
-Un vendedor de seguros é un home traxeado, cun cartafol cheo de papeis, con cara de pillo e o único que quere é sacarnos os cartos.-Ela foise crendo que cando volvera non faltarían os cartos.
Os cabritiños puxéronse a xogar, polo que non se deron conta de que o vendedor non andaba lonxe.Era un home alto cunha expresión un pouco estraña na cara.Chegou á casa dos cabritiños e petou na porta.
-Quen é?-preguntaron os cabritiños.
-Son a vosa tía que veño de visita-contestou o vendedor.
Os cabritiños, que non eran tontos, dixeron:
-Ensinanos a camisa.
O vendedor asomou a camisa pola porta.Os cabritiños viron unha camisa negra dun traxe. Entón replicaron:
-Ti non es a nosa tía, tes unha camisa dun traxe, es o vendedor de seguros!
O vendedor foi furioso á tenda de roupa máis cercana e mercou un vestido de señora. Volveu á casa, petou na porta e dixo:
- Son a vosa tía que veño de visita.
-Ensínanos a camisa.-dixeron os sete.
O vendedor ensinou a manga do vestido. Os cabritiños ían abrir a porta cando viron un cartafol que poñía: “Seguros Ocaso”, entón pecharon a porta e replicaron:
- Ti non es a nosa tía, porque tes un cartafol de seguros, fóra!
O vendedor, furioso, desfíxose do cartafol e volveu.
- Son a vosa tía, que veño de visita.
Como non viron o traxe nin o cartafol abriron a porta. Pero non era a súa tía, senón o vendedor de seguros! Intentáronse agochar pero non puideron porque eran demasiado grandes. Ao final, a cada un lle vendeu un seguro:
1º-un seguro anti-nubes
2º- un seguro anti-galletas
3º- un seguro anti-caixas de cartón
4º- un seguro anti-sapos azuis
5º- un seguro anti-flores radioativas
6º- un seguro anti-dinosauros
Ao máis pequeño non lle vendeu nada porque estaba moi ben agochado.O vendedor marchou e chegou a nai.Cando lles preguntou que pasara, eles contáronllo e foron á oficina de “Seguros Ocaso” e falaron co vendedor e  enganárono para que lles fixese un seguro anti-vendedores de seguros e así lles devolvese todos os cartos.
Fin.

Versioneado por BABOO20/04



mércores, 7 de novembro de 2012

Ofértanse personaxes


O conto









Esta era unha nena chamada Carapucha, que tiña un irmán chamado Porquiño, aínda que lle soían chamar “Porqui” ou “Gordi”. A súa irmá inventou o de “Gordi” por fastidialo. Tiveron que levar á súa avoa uns agasallos para facerlle a pelota; e así a avoa daríalles videoxogos e cousas que a ela xa non lle gustaban (é que esta avoa, ten moita marcha; xoga a Resident Evil, é adestradora dun equipo de baloncesto, fai windsurf, ten cinto negro de kárate... e moitas cousas máis). Cando Carapucha e Porqui ían cara a casa da súa avoiña, encontraron  unha señora maior.
-  Onde ides, pequenos? - Di a vella.
- E a ti que che interesa, vella? - Bérralle a nena.
- Carapucha, eses modais ! - Di o seu irmán.
- Cres que che vou facer caso, vella? - Volve berrar.
- Emm.... caso de que? - Di a vella, confusa.
- Seguro que es a típica bruxa dos contos (sinala a cesta que está tapada cun pano) e de seguro que nesa cesta hai algún froito envelenado, nós  aceptarémolo,  comerémolo e morreremos.
- Pero que dis, nena? - Pregunta a vella, aínda máis confusa.
Carapucha agarra o brazo de Porqui e lévao correndo ata alonxarse da vella.
E a vella, dí:
- A xente nova  de hoxe en día, que maleducados e desobedientes! Ai que ver, carallo!

Mentres seguían correndo e correndo, Porqui empezou a cantar unha canción, algo como:
- Sóame o aire polo nariz!
- Pero ti, cada día estás máis tolo.
- Eu, tolo?
- Sí, tolo.
- Que va!, eu non son tolo, eu chámome Tontolava.
- E vives na rúa estupidez número bobo.
- Non vale, ti xa o sabías, porque es a miña irmá.
- Ja, ja. Si que es tolo!.
- Que non son tolo, son Tontolava.
- O que ti digas.

Seguiron correndo ata atoparse cunha casiña pequena.
E di Carapucha petando na porta.
- Hai alguén aí?
- Si, eu! - Dí o seu irmán.
- Cala a boca!

E de repente, ábrese unha pequena fiestra que hai na porta e aparece o rostro dun señor maior.
- Quen es? - Dí o vello.
- Eu son Tontolava – Di Porqui.
- Cala! Non lle fagas caso, non sei que lle pasa. Eu son Carapucha.
- Creo que sei o que lle pasa. Pasade, por favor. - Di o vello.

Ao abrir a porta, descobren que o vello non era un vello, senón sete pequenos vellos... ou máis ben, ananos.
- Eu chámome Sabiondo e non Sabio. - Di un dos vellos.
- Eu chámome Carapucha e este é o meu irmán Porqui.
- Eu son Tontolava, aprende!

Os vellos soltan un pequeno sorriso.
- Ben, o que che quería decir era que o irmán tal vez comeu algún fruto da árbore das maldicións.
- Que eu saiba, non.
- Entón non lle pasa nada, o que lle pasa é que tomou moito viño tinto ou cervexa estrela e caeu borracho.
- Non digas parvadas.
- Eh! O que di o meu amigo non son parvadas. - Di Porqui.
- Non, claro, o que di parvadas es ti. - Dí en baixiño Carapucha.
- Xa sei o que lle pasa, seguro que comeu o fruto e ti non o viches.
- Por iso, cando discutía coa vella, el estaba calado.
- Ajá! - Afirma o vello. Carapucha, teño un pouco de xarope contra o que lle pasa ao teu irmán.

O vello dalle un xarope visguento ao neno e este cura.
- Que pasou? - Pregunta Porqui.
- Nada, agora imos á casa da avoa.

Cando chegaron á casa da avoa, petarón á porta.
- Avoíña, somos Carapucha e Porqui.
- Ah! Pasade.

Entran e ven a avoa , e despois escoitan golpes no armario.
- Qué hai no armario? - Pregunta Porqui.
- Nada... - Dí a avoa con aire sospeitoso.

Abren a porta do armario e ven un lobo grande e feroz.
- Avoa, non abras este armario ata que chegue o leñador. - Aconséllalle Carapucha.
- E quen che dí que vai vir un leñador? - Pregunta a avoa.
- Estamos dentro dun conto, queres que te despidan? - Di Porqui.
- Non, non, sigamos. - Responde a avoa.
- Quen atou o lobo?, espera... Xa sei quen foi. - Di Carapucha.
- Je, je. - Ri a avoa.
- Fuches ti cunha chave de kárate, verdade? - Pregunta Carapucha.
- Si, fun eu, muajajaja... - Responde a avoa.
- Paréceme ben, agora dame os xoguetes.
- Xa os dei todos, e o novo xogo que merquei para a Play-Station 5 que creei eu, non volo vou  dar.
- Entón sufrimos todo iso para nada? - Pregunta a nena.
- Creo que si, e tamén o pasamos mal. - Di Porqui.
- Todo foi moi... IMPRESIONANTE! - Berra a nena.

E todos comezaron a rir como estúpidos ata que rematou o conto.
FIN

Feito por: GOMINOLAH