venres, 11 de febreiro de 2011

CARREIRA DE OBSTÁCULOS

Estou nunha carreira de obstáculos. Cubos ou bloques inmensos e pequenos, brancos ou non tan brancos, case púrpura...aboian nun mar de aire azul escuro, transparente.

Vou coa miña compañeira, Pam (competimos por parellas). Saltamos dun bloque a outro como esquíos entre as pólas dun carballo. Non podo respirar polo esforzo, os meus pulmóns arden.

Chegamos ao seguinte obstáculo, unha proba que non podo recordar. Esforzámonos en superala. Pam non pode e cae, cae ao baleiro azul. Trato ,como podo , de superar unha proba invisible, paso polo escáner, unha luz cegadora e branca. De súpeto, esta luz tórnase vermella e o chan desaparece aos meus pés. Sei que acabo de perder.

Caio, caio, caio...ao principio o medo oprime o meu peito...logo déixome caer e non é tan malo...é unha caída lixeira...case como a dunha folla seca que cae da árbore, da árbore en outono. Sen verlle fin a esa caída pracenteira...vou rematando de caer.

Acordo, a luz do móbil ao soar o espertador cégame.

Derrota e caída aportadas por.......VANIICH

1 comentario:

tirarrollas dixo...

estupenda esa caída a ralentí, Vaniich, que che fai pasar do temor á aceptación para evitar finais tráxicas. Parabéns por un texto tan fermoso.