venres, 16 de decembro de 2011

martes, 13 de decembro de 2011

ai! o corpo! cantos sustiños nos dá!






Ben, por fin damos a benvida a este vídeo no noso caderno. Á terceira vai a vencida. Fixemos unha incursión nas imaxes en rede para ilustrar o vocabulario que dá conta dos aparellos sexuais externos masculino e feminino e demos con auténticas barbaridades, dende esaxeracións anatómicas e deformacións ata auténticas aberracións. Parece mentira que na era do audiovisual haxa tanta dificultade para dar con imaxes relativas aos sexos que gocen de saúde e unha certa normalidade. Supoño que iso significará algo. Entre outras cousas, que todo o relativo ao sexo segue sendo tabú e materia para as manipulacións máis disparatadas. Vía libre para os comentarios. Evítense as chocalladas embadurnantes.


sábado, 3 de decembro de 2011

soños e amuletos





Un día, estou ao lado do mar mirando peixes; como me aburro, póñome a pescar e despois decido bañarme, mira que bonito é o mar, que cómodo estou! Pero de repente pasa unha cousa moi rara, un caranguexo fálame. Asústome e marcho pitando nun coche. Pero non tardo en ester de novo na auga. Meto a miña cabeza baixo a auga e sucede algo máxico, respiro moi ben; sinto que ás miñas pernas algo lles pasa, e ás miñas mans tamén. Saio da auga, teño moito frío, monto no coche e aparezo na casa. Dóeme o corpo todo, póñome a durmir. Cando esperto sinto que vén alguén.....pero, que fai un carangexo roubándome a comida? Vouna coller pero trábame na man coas súas tenaces. Póñome a durmir. Máis tarde esperto e doume conta que quedei durmido ao trincarme o carangexo. Ui! estou sangrando, oh, non! por todos lados! De novo caio durmido, esperto e xa non lembro nada. Ah! estiven soñando, vale, xa entendo, é por culpa deste amuleto de cor azul. Uf! por un momento crin que ía morrer. Aínda vou chegar tarde ao traballo!


idea narrativa aportada por OMZO

venres, 2 de decembro de 2011