martes, 28 de xuño de 2016

Lingua galega 1º ESO.

  1.  A acentuación
  2. O b e o v
  3. O h, o c e o z, g e gu, o r e rr.
  4. As contraccións de preposición e determinantes
  5. O xénero dos substantivos. Substantivos masculinos en galego. Substantivos femininos en galego.
  6. O verbo: Vogal temática. As conxugacións. Tempos e modos verbais, conexión entre o nome e as formas verbais de cada tempo. Verbos regulares e irregulares. O tema de presente e de perfecto. Algúns presente "irregulares". Verbos con vacilación vocálica no presente de indicativo. O infinitivo conxugado.
  7. O pronome persoal. Pronomes átonso. Formas. Usos. Colocación. Encontro de pronomes. Poñer especial atención ao TE/CHE, LLO/LLELO, colocación posposta dos pronomes O,A,OS,AS
  8. VOCABULARIOS:  léxico relativo aos nomes de pedras e tipos de camiños, as árbores, o corpo humano, a familia. 
  9. LITERATURA: O metro e a rima. Estrofas da literatura popular.  
Ligazón a galego.eu  nela tendes un banco de exercicios para practicardes.


Bo verán!

                                        

sábado, 21 de maio de 2016

Prohibido prohibir





Textos, debuxos e posta en escena do alumnado de 1º da ESO.
As letras están inspiradas no poema BANDO de Manuel María.
Os debuxos están extraídos dos cadernos do presente curso. Hai moitos motivos referidos ás mámoas de Candeán que visitamos a principios de curso. Tamén aprecen ilustrados os traballos sobre O bosque animado , a horta, a gramática e asuntos varios.



BANDO


Prohíbese por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de boa familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
para que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra de Lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros
Dáse este bando en tal e cual
para que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado

MANUEL MARÍA: Documentos persoais, 1958

luns, 11 de abril de 2016

O novo mester de xograría


Xusto antes das vacacións de Semana Santa o alumnado de 3º da ESO recitou as súas cantigas de amigo para os de 2º da ESO e 1º de BACH. O evento fíxose no mesmo lugar en que se expoñen todos os materiais elaborados sobre a Idade Media . Dende Dinamización do Galego deunos tempo capturar algunhas imaxes e algún vídeo antes de que se nos esgotase a batería. 













mércores, 30 de marzo de 2016

Novas Cantigas de Amigo do século XXI

En colaboración co proxecto da Biblioteca sobre o Libro na Idade Media, o alumnado de 3º da ESO estudou en profundidade a estructura das cantigas de Amigo medievais, Unha vez que se entende o seu funcionamento é moi doado reproducir os patróns paralelísticos que as caracterizan acoplándolle unha sensibilidade contemporánea. E AQUÍ TEMOS ALGÚNS EXEMPLOS!!!



























xoves, 10 de marzo de 2016

A música dos códices medievais

 
                                                            SONUSANTIQVA .ORG

Nesta web aparecen todos os traballos musicais realizados sobre os textos dos códices medievais. En galego temos o Calixtino, as Cantigas de Santa María e o Pergamiño Vindel coas cantigas de amigo de Martín Códax. As  vellas composicións foron versioneadas en todo o mundo por músicos especializados en instrumentos medievais. Hai ligazóns ás letras e ás gravacións. 

SONUS. ECHOES OF SPAINMAE 02CODAX | VENTADORN

ONDAS, LA VIE DEL MAREMUSIC FOR ALFONSO THE WISELA VOZ DEL OLVIDO