venres, 19 de xuño de 2015

apuntamentos cadernícolas




Hai que felicitar os autores dalgúns cadernos pola exquisitez da súa presentación. 
A maioría dos manuscritos están tan traballados que máis que escritos, parecen labrados. Será que algo se nos pegou da horta!

Uns tendes moi boa caligrafía, outros debuxades moi ben, outros tivestes ideas moi orixinais para recrear literariamente a saída Baroña-Carnota, outros fixestes preciosas bandas deseñadas, outros destacastes polas composicións . 

Algún que outro ( poucos) perdeu o caderno e non foi quen de reconstruír todo o que levaba feito. Unha mágoa!
Hai que aprender a valorar e coidar o que facemos.

No vídeo aparecen as que me pareceron as mellores páxinas dos vosos cadernos, tamén aproveitei para poñer os moldes en cartón de bric e o que fixemos con algúns deles. Quedáronnos moitas cousas por facer, pero agora toca DESCANSAR!


sábado, 13 de xuño de 2015

Tipocantamos no uruguai




Combinado de coplas de maio e tipografía.
As coplas inventadas en 1ºB, así como os nomes impresos en caixas, combínanase cos letreiros artesáns da horta para componer esta videomontaxe que demostra una vez máis que somos moito máis inventivos do que poida parecer. E que ben se lles dá a algúns rapear en galego! 

luns, 8 de xuño de 2015

Pictografías




Videomontaxe cos pictogramas realizados polos máis novos do instituto. Non están todos os que son pero son todos os que están. Moitos quedaron na casa "perdidos", outros entregáronse tarde de máis e outros non están rematados aínda. Tendes todos moito talento para a expresión visual, deberiades telo en conta para o futuro. Saúdos pictográficos!

domingo, 7 de xuño de 2015

TIPOGRAFÍAS ORIENTAIS DO URUGUAI




 
Recollemos aquí algunas das propostas tipográficas que fixeron os alumnos de 1º da eso no curso 2014-15. Primeiro vimos a curtametraxe de animación A escola das áreas, con ela aprendemos o deseño básico das letras. Unha semana máis tarde xa tiñamos o fondo da aula tapizado de alfabetos personalizados. Neste momento cadaquén ten o seu deseño alfabético pegado no seu caderno. Así dá gusto.