luns, 21 de febreiro de 2011

PAUSA POÉTICA

1

COMA O XIRASOL
VIRANDO CO SOL
VAI, INVERNO, VAI!

COMO A BOLBORETA
NO AR COLORIDA RETA
VAI, INVERNO, VAI!

COMO AS NOVAS FLORES
BUSCANDO SOLPORES
VAI, INVERNO, VAI!

Uaniich

2

AS VEAS DO MEU CORAZÓN
SENTEN A NOSA CALOR
MEU AMOR!

NA RIBEIRA DO CANDOR
SENTEN A NOSA CALOR
MEU AMOR!

SENTEN A NOSA CALOR
NA BAÍA DA PAIXÓN
MEU AMOR!

SENTEN A NOSA CALOR
A MAÑÁ E O SOLPÓR
MEU AMOR!

Effo

3

FOXE DA MORTE
BUSCANDO A NOITE
CORRE SEN SAÍDA, CORRE

FOXE DA VIDA
BUSCANDO O DÍA
CORRE SEN SAÍDA, CORRE

FOXE DO MOVEMENTO
BUSCANDO O MOMENTO
CORRE SEN SAÍDA, CORRE

Amina                                                                     4

Eu quero viaxar polo mundo adiante
eu quero ver cousas que non vin antes
polo mundo adiante eu quero viaxar
quero tantas cousas que vou estoupar!

Aprender novas linguas para me expresar
contarvos historias de aquí e alá
probar as comidas todas cantas hai
quero tantas cousas que vou estoupar!

Eu quero ver cousas que non vira antes
quero coñecer máis de mil consonantes
cancións fermosas quixera cantar
quero tantas cousas que vou estoupar!

Contarvos historias de aquí e alá
para todo o mundo que as queira escoitar.
O algodón das nubes eu quero tocar
quero tantas cousas que vou estoupar!

Luar

1 comentario:

tirarrollas dixo...

Lanzamos unha proposta: exercitar os paralelismos que tanto abundan nas cantigas medievais e que tan ben se conservaron nas cantigas populares ata a actualidade. Estes só son algúns dos resultados.
Estou empezando a pensar que somos unha potencia poética, rapaces!