sábado, 28 de abril de 2012

Os de 3º na cadea humana contra a vilencia de xénero





Alguén de nós tiña na recámara  imaxes da cadea humana que se formou en Vigo en contra da violencia de xénero a principios de curso. Do ROU fomos un grupiño de terceiro e creo que saímos todos.


martes, 17 de abril de 2012

Nosa,vosa,miña - Rives [L de Novato]




Non cesan de aparecer novas voces rapeiras en galego. De Rives deunos un toque unha alumna de 3º. Moi boa idea utilizar bases de gaita.

luns, 16 de abril de 2012

Facendo memoria .....


Presentación san simón
View more PowerPoint from tirarrollas


Este traballiño en diapositivas forma parte dun traballo en equipo realizado por un grupo de profesores e profesoras que hai uns anos tivemos a brillante ocorrencia de poñernos a investigar cousiñas que un pode aprender observando simplemente a contorna da Ría. Os de lingua investigamos a toponimia, as variantes dialectais, o léxico referido ao arboredo, a presencia literaria.... os de xeografía e historia contáronnos sobre a formación xeolóxica e características do territorio, a súa progresiva humanización, a gloriosa Idade Media, as batalliñas, os ataques corsarios, os tesouros afundidos, a Guerra Civil....... os de biloxía aportaron toda a súa sabedoría vexetal, animal e mineral, concretamente  fíxose un estudo de campo de todos os seres vivos que hai agochados no fondo da ría e dos cales atopamos rastros nas grandes mareas vivas dos solsticios e equinocios facendo unha pescuda intermareal na enseada de San Simón, a terra dos chocos....e tamén fixemos unha exposición fotográfica sobre os tremendos cambios urbanísticos da vila de Redondela, que ten moita máis historia da que poida parecer. Esta colaboración interdisciplinar non tivo máis proxección exterior que a que lle demos naquel momento con exposicións e presentacións de diapositivas. Afortunadamente, nestes caderniños parece que podemos recuperar parte dese traballo co único afán de que aprendades o bonito que é estarmos vivos nun lugar cheo de prodixios, neste recunchiño do noso prodixioso planeta. Un saúdo á gran xefa, Azucena, que anda polo norte do país e outro para Felipe e Domingo, que si están. E aínda outro máis con aperta para Guillermo, que goza dunha feliz xubilación, e para Emilio, andará aínda pola Lama?
Alégranos poder seguir tirando das rollas.


Enlaces de interese:


. Vigo e Julio Verne


sábado, 14 de abril de 2012

TEDxGalicia - Manolo Gago - Unha nova vía para a memoria cultural




Enlaces:
* Estudo en pdf sobre Pena Furada
* Petroglifos no mundo : web con vídeos sobre gravados en pedra en todo o planeta. Hai moitos sobre os petroglifos galaicos.
* Máis vídeos en youtube
* A capital dos petroglifos galaicos: Campolameiro

xoves, 12 de abril de 2012

Eric Clapton - Tears In Heaven




BÁGOAS NO CÉO

Saberías o meu nome
se te mirase no céo?
Sería o mesmo
se te mirase no céo?
Debo ser forte e saír adiante
porque sei que o meu lugar non está
aquí no céo.
Collerías a miña man
se te mirase no céo?
Axudaríasme a resistir
se te mirase no céo?
Toparei o meu camiño
a través da noite e o día
porque sei que non podo
estar aquí no céo.
O tempo pode te abater,
o tempo pode
dobrar os teus xeonllos.
O tempo pode escachar o teu corazón,
facerche pedir por favor...
Máis alá da porta
hai paz, estou seguro
e sei que alí non haberá
máis bágoas no céo

Saberías o meu nome
se te mirase no céo?
Sería o mesmo
se te mirase no céo?
Debo ser forte e saír adiante
porque sei que o meu lugar non está
aquí no céo.

Versión ao galego de.....................LUCÍA