venres, 16 de decembro de 2011

martes, 13 de decembro de 2011

ai! o corpo! cantos sustiños nos dá!






Ben, por fin damos a benvida a este vídeo no noso caderno. Á terceira vai a vencida. Fixemos unha incursión nas imaxes en rede para ilustrar o vocabulario que dá conta dos aparellos sexuais externos masculino e feminino e demos con auténticas barbaridades, dende esaxeracións anatómicas e deformacións ata auténticas aberracións. Parece mentira que na era do audiovisual haxa tanta dificultade para dar con imaxes relativas aos sexos que gocen de saúde e unha certa normalidade. Supoño que iso significará algo. Entre outras cousas, que todo o relativo ao sexo segue sendo tabú e materia para as manipulacións máis disparatadas. Vía libre para os comentarios. Evítense as chocalladas embadurnantes.


sábado, 3 de decembro de 2011

soños e amuletos





Un día, estou ao lado do mar mirando peixes; como me aburro, póñome a pescar e despois decido bañarme, mira que bonito é o mar, que cómodo estou! Pero de repente pasa unha cousa moi rara, un caranguexo fálame. Asústome e marcho pitando nun coche. Pero non tardo en ester de novo na auga. Meto a miña cabeza baixo a auga e sucede algo máxico, respiro moi ben; sinto que ás miñas pernas algo lles pasa, e ás miñas mans tamén. Saio da auga, teño moito frío, monto no coche e aparezo na casa. Dóeme o corpo todo, póñome a durmir. Cando esperto sinto que vén alguén.....pero, que fai un carangexo roubándome a comida? Vouna coller pero trábame na man coas súas tenaces. Póñome a durmir. Máis tarde esperto e doume conta que quedei durmido ao trincarme o carangexo. Ui! estou sangrando, oh, non! por todos lados! De novo caio durmido, esperto e xa non lembro nada. Ah! estiven soñando, vale, xa entendo, é por culpa deste amuleto de cor azul. Uf! por un momento crin que ía morrer. Aínda vou chegar tarde ao traballo!


idea narrativa aportada por OMZO

venres, 2 de decembro de 2011

xoves, 24 de novembro de 2011

o corpo humano 2



Montaxe realizada por Funky Donkey, Estrela e Mapoula



mércores, 23 de novembro de 2011

venres, 11 de novembro de 2011

RETRATOS ROBOT-ABSTRACTO

Nun día tan especial coma este, o once do once do dous mil once, alá polas once da mañá os pequenos remataron uns cantos retratos abstractos de robots espaciais e os resultados case igualan aos conseguidos para a confección de menús. Como ademáis da estraña configuración numérica, hoxe é o día de San Martiño, ese que lle chega a todo porquiño, estamos de festa rachada, asando enormes castañas ben acompañadas de filloas, biscoito de chocolate e galletiñas caseiras. Todo ese aporte enerxético vénnos moi ben para dar boa conta deste raudal imaxinario que acaba de eclosionar no IES Uruguai. Bo venres 11 a tod@as!





RETRATO1

Olla as túas cellas sorprendidas,
o teu nariz furioso,
eses beizos amorosos e atraentes,
as meixelas vergoñentas,
o queixo simpático e as xenerosas orellas.
Os ollos estánseche poñendo somnolentos
e no entrecello empeza a chover desilusión.
As pestanas nerviosas non paran de dubidar.
A fronte despexada tatexa.
O pelo recóllelo con alegría e frescura, quedan ao vento algúns mechóns de simpatía e amizade.
O iris escureceu de coraxe furiosa.
As pálpebras pequenas emiten sons.
O branco dos ollos énchese de medo, pánico e terror
e os dentes están acugulados de egoísmo.
Unha risa nerviosa esboza as queixadas sen pedir permiso ás meixelas magoadas.
A noca atenta prefire mostrarse alegre, alargada e moi curiosa.




RETRATO2 (EN SOÑOS)
Nos cabelos da moza esvara feliz a curiosidade. Na fronte buliga o nerviosismo porque sabe que esa noite irá cos ollos cheos de amor a un baile sen máscaras. O medo recúa nas súas pestanas. Que lle diría? Preguntábase. Volveu co queixo cheo de furia e coraxe. As cellas bailaban unha valse de tristura. Sentiu vergoña nos pés. Foi a peor noite da súa vida.



RETRATO3
Cáenlle bágoas de euforia soñada
polo nariz escorren traizoadas.
Por culpa da súa ignorancia
caen polo retrete sen misericordia.

A vergoña péchalle os beizos.
A soidade impide ser escoitado.
Carentes de cortesía, cando pechan as pálpebras
énchense de esquecemento.

A falta de coñermento do seu oído
fai que a intelixencia dea de fronte co silencio.
A culpa tena o egoísmo da carraxe detida nas meixelas.
O medo silencia a lingua.
Non sabe que dicir.



RETRATO4
El tiña ollos alegres,
cellas cheas de vergoña,
nerviosismo nos beizos
e sorpresas na boca.

El tiña euforia na fronte
e algo de egoísmo
o soño de ter unha idea
intelixencia e curiosismo.


El tiña o pelo crecho
con aros de mágoa,
un aquel de simpatía
nunca trae rabia.

O temor de ter
depresión ou odio
non ten por que
enchereche as pálpebras de noxo.

RETRATO5
Pupilas de egoísmo
fronte de noxo
queixo de ignorancia
cellas de soño
ollos de sorpresa
beizos recheos de alegría
nariz pacífico con liña simpatía
iris cheo de amor
peito confiado
lingua xenerosa
dentes curiosos
entrecello intelixente
branco do ollo medoñento
pavillón do pánico.
Se eu fose ti
non tería vergoña
sería feliz
sen depresións, sen tristura
cheo de euforia amable
para agasallar con amor
o teu corazón
dígoche
ámote
cabezón

mércores, 9 de novembro de 2011

MENÚS ESPACIAIS



 Os de 1º  da Eso puxéronse a elaborar menús mois especiais, alentados pola lectura do xenial Gianni Rodari;  os resultados foron bastante máis que especiais, ata o punto que empezaron a saír propostas 
máis ben espaciais e galácticas, demostrando unha vez máis que a linguaxe non ten fonteiras cando vai guiada pola imaxinación sen límites. Deixamos aquí constancia cuns cantos exemplos prácticos:


MENÚ 1

Restaurante: OS PRATOS SUCIOS DE CHARLI

ENTRANTES:
Aceitunas ou olivas en tinta de boli
Lapis de cores en borra de choco
Plásticosa variados con unllas en esmalte
Cartón á francesa

1º PRATO
Escarpíns á feira
Asfalto recén pintado
Ovos recheos de esterco

2ºPRATO
Neumático á prancha con ensalada de parafusos
Móbil rebozado
Espello con patacas

BEBIDAS
Aceite centrifugado
Suor atrasada
Coca-loca
Boa de froitas do país

POSTRES
Pasta de dentes de morango ou menta
Desaugues azucrados


MENÚ 2

Restaurante: RESTAURANTE RÚSTICO ESPACIAL

1º PRATO
Ensalada de sementes de cabaciña con vinagre de mercurio
Torradas de pan galáctico con chourizo de porco voador
Sopa de po de aspiradora e pescada

2ºPRATO
Fideos estelares con salsa de sabor a pés
Puré de area de praia con repolo e bólas de escarpíns cocidos
Lasaña de quiñelas caducadas e cinsas acompañada de legumes cósmicos

POSTRES
Torta de núcleo de cometa
Flan de cartón e amorodos con auga de mar lunar
Xeado de atún de Saturno, sandía triangular e auga de chuvia con espigas de madeira


MENÚ 3

Restaurante: BASCAS ESPACIAIS

ENTRANTES
Patatas pasadas de rosca, sazonadas con unllas de pés de alieníxena
Sopa de acetona e lapos
Ollos estrábicos de troita de Neptuno

PRATO SEGUINTE
Solombo de rata de sumidoiro
Cocido espacial: Orella de can de Saturno, garavanzos sen remollo de Marte e brécol de Venus con patacas en formas de meteorito
Reloxo frixido con baba de caracol de farmacia

POSTRES
Torta de satélite con forma de media lúa
Natiñas con dedos mainiños de pé esquerdo


MENÚ 5


ENTRANTES
Croquetas cubertas de botóns caídos
Omeleta de reloxos suízos
Empanadillas de mosquitos no seu sangue

POTAXE: Potaxe de algodón con plumas de edredón

1º PRATO: Salmón cuberto de unllas con cortinas frixidas
                  Bragas usadas con salsa de tomate tipo puaf!

2º PRATO: Solas de zapato vagabundo con colares á romana
                  Dentes cariados incluído crebanoces

BEBIDAS: Cóctel de colonias con pingas de chuvia

POSTRE: Pastel de pelos con caspa

venres, 4 de novembro de 2011

xoves, 3 de novembro de 2011

lecturas políglotas

1

Piratas do Caribe. Jack Sparrow de Rob Kidd. VolumeVI: Prata
Versión en portugués para ser lida á maneira brasileira.

Aquele deveria ter sido o fim da sua última grande aventura. Mas as coisas nunca eran fáceis para Jack Sparrow, o astuto capitao adolescente do poderoso Craca.
Jack estava bravo. Será que ele e a sua tripulaçao nao mereciam um pouco de descanso? Eles, definitivamente, tinham feito por merecer. Depois que um item precioso, o amuleto do Sol-com Estrelas, fora roubado da aldeia nativa de um dos marinheiros de Jack, chamado Tumem, os tripulantes do Craca foram atrás do amuleto e o recuperaram, como disseram que o fariam. No caminho, tiveram um embate com Madame Minuit, a famigerada practicante de magia negra. E derrotaram um monte de festeiros pòssuídos. E acrescentaram mais um membro à tripulaçao. Ah, sim; e, acidentalmente, transformaram toda a cidade de Nova Orleans em bronze.






2

Contos ao teléfono de Gianni Rodari. A inventar números. Versión en galego

-         Inventamos números?
-         Inventamos. Comezo eu. Case que un, case que dous, case que tres, case que catro, case que cinco, case que seis.
-         É moi pouco. Escoita estes: un remillón de billóns, un caldeiro de milleiros, unha inmensidade e un inmensidón.
-         Eu, xa que logo, invento unha táboa:
               Tres por un, Trento e Verdún
               Tres por dous, chalanas e bous
               Tres por tres, leite con cafés
               Tres por catro, todo era grato
               Tres por cinco, subir dun brinco
                Tres por seis, amarras os reis
                Tres por sete, dálle un moquete
                Tres por oito, visto e resolto
          Tres por nove, xa nada se move
          Tres por dez, volve outra vez
-         Canto custa este pastel?
-         Dous tiróns de orellas
-         Canto hai de aquí a Milán?
-         Mil quilómetros novos, un quilómetro usado e sete bombóns
-         Canto pesa unha bágoa?
-         Segundo: a bágoa dun neno mecoso pesa menos ca o vento, a dun meniño esfamiado pesa máis ca toda a Terra
-         Canto mide ese conto?
-         Demasiado
-     Entón inventemos de présa outros números para rematar a tarefa. Dígoos eu, á maneira de Modena: uni, doli, teli, catoli, catrischi, miri mirischi, un son dous.
-        E eu dígoos á maneira de Roma: unci, duci, trici, catrici calinci, meli melinci, rife e rafe fan dez.






3

Wie der Meerprinz einen Schnupfen bekam de Erika Scheuering, para ser lido en alemán e posteriormente traducido ao galego


In einem tiefen Meer liegt eine Felsenilsel. Dort wohnten vor tausend Jahren viele lustige Nixen. Den ganzen Tag planschten sie lachend im Wasser umher, spilten mit Seesternen, mit Seeigein und schrien mit den Möwen um die Wette. Sie hatten nur Unsinn im Kopf!
Eine besonders übermütige Nixe ruhte sich auf einem Stein aus. Wd sie sich die Sonne auf den Bauch scheinen lieB,  dachte sie : Wen gönnte ich denn ein biBchen ärgern ? Und schon fing sie sich einen Sonnenstrahl, glitt in die Wellen und schwamm hinunter zum Palast des Meerkönigs. Zwischen Korallen und Seeanemonen schlief in einer Muschel der Meerprinz. Lautlos schwamm die Nixe hin und kitzelte ihn mit dem Sonnenstrahl am Näschen, daB er “hatschi” niesen muBte. Wütend kam der Meerkönig aus seinem Palast: “ Bist du von allen Meergeistern verlassen? Du weiBt doch wir hier in unserem duklen Reich gelich Schnupfen bekommen, wenn uns ein Sonnenstrahl berührt! “ Und zur Strafe für ihren Übermut verwandelte er die Nixe, und vorsorglich auch gleich ihre Schwestern, in grüne Eidechsen. Und das sollten sie bleiben, bis der Prinz seinem Schnupfen los ist. Seitdem huschen viele grüne Eidechsen auf der Insel über die heiBen Steine oder rascheln im Gras.- Ich weiB zufällig, daB ein Meerprinzschnupfen tausend Jahre dauert, und die sind nächste Woche vorbei.

Nun profundo mar había unha illa de rochas. Alí vivían por miles de anos moitas belidas sereas. Pasaban o día a xogar e rir na auga, enredaban coas estrelas de mar, agochábanse dos mariñeiros e criaban coas gaivotas. Tiñan a cabeza chea de tolerías.

Unha serea especialmente desagradable relaxábase nun penedo. Mentres se deixaba acariñar polos raios de sol na barriga, pensou: a quen podería eu gastarlle unha bromiña?. E liscou nun raio de sol, traspasou as ondas e nadou ata o palacio do Reisereo. Entre corais e anémonas durmía nunha cuncha o Príncipesereo. Silenciosamente nadou a sereíña onda el e fíxolle cóxegas no nariz co raio de sol ata que –aschús!- espirrou. Encabuxado, o Reisereo saiu do palacio:

- Por todas as estrelas de mar! Estás tola? Sabes moi ben que aquí, no noso escuro reino, poñémonos a espirrar cada vez que nos toca un raio de sol!

Así que, por parvas, converteu a serea e tamén as súas irmás en verdes sapoconchos. E así quedarían ata que o Príncipesereo deixase de espirrar.

Dende aquela moitos sapoconchos foxen porriba dos penedos quentes e da herba.

Tamén sei que os Príncipesereos con catarreira espirran durante miles de anos, e esta acaba a semana que vén.





4

Pourquoi le singe ressemble à l'homme

Un conte du Mali




Au temps jadis, le singe alla voir Dieu et lui demanda à être comme l’homme, Dieu lui dit :
- Awô, mais peux-tu demeurer 100 jours enfermé dans une case ?
- Awô répondit le singe, vraiment, je le peux, je le jure !
Dieu l’enferma donc dans une case comme convenu.

Au matin du 99ème jour, le singe regarda à travers un petit trou et vit des merveilles : fleurs, mangues mûres, régimes de bananes, bleu du ciel, étendue d’eau, une lumière dorée, des branches qui se balançaient.
Alors, de toute sa force, le singe défonça la porte et dit :
- Le monde s’embellit alors que je suis en prison ! Pas question, tous ces mouvements de dehors m’invitent à la fête, j’y vais, j’y vais !!!
Il ne finit pas son monologue, et le voilà dans le grand air pour vivre libre comme tout le monde.
Voilà pourquoi il est resté à mi-chemin entre l’Homme et l’animal.


Máis contos populares africanos aquí

Nos vellos tempos, o mono foi ver a Deus e pediulle ser coma o home, Deus díxolle: 
-Awô, serías quen de estar durante cen días pechado nunha choza?
-Awò, respondeu o mono, podo tal, xúroo!
Deus pechouno nunha choza como acordaran.
Na mañá do día 99, o mono olla a través dun furadiño e viu marabillas: flores, mangos maduros, ramallos de bananas, o azul do céo, a extensión da auga, unha luz dourada, as ramas que abalaban.
Entón, con todas as súas forzas, o mono bota abaixo a porta e di:
-O mundo vólveseme máis fermoso dende a miña prisión . Non hai tema; todo este buligar de aí fóra invítame á festa. Eu marcho, marcho!
E non rematou o seu monólogo, e aí o tendes por aí fóra vivindo ceibe como todo o mundo.

Velaí por que está a medio camiño entre o Home e o animal.




todo ben?



5

Aterrizounos na clase un libriño de cando o pai dun alumno estudaba 8º de primaria no colexio público de Chans, en Bembrive. Trátase dunha pequena colección de poemas titulada Caracol de colores, do ano 1985. Pois ben, escollemos un par deles para a nosa festa lectora. Aquí están:

A GAITA GALEGA

O doce sonido
da gaita galega,
que dá alegría 
no triste da vida.

Por fóra é coiro
tamén madeira,
por dentro 
hai vida
hai notas galegas.

E segue, e segue
o doce sonido,
baixo das montañas
e tamén do abismo.

Máis grande ca o amor; 
a gaita galega,
que sae do mundo
da verde beleza.

E nunca se acaba
esta melodía,
que fai o gaiteiro
coa gaita galega.
A. PULIDO


A GAITA

Que suave tocou a gaita
aquela madrugada,
entre o silencio do bosque
facía a túa voz apagada.

Que risa a daquel paxaro
que entre as ramas axexaba,
para poder escoitar a gaita
naquela tarde xa pasada.

Que paz a que sentimos,
aquí no fondo da alma
ao escoitar a nosa querida gaita
PATRICIA LERMA






5


DIGO VIET NAM E BASTA

Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada. 
Digo ianqui invasor,
depredador de patrias.


Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.


Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa


Apenas digo nada.
Digo Viet Nam e está dito todo
cunha soa palabra.


Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.


Celso Emilio Ferreiro: Viaxe ao país dos ananos, 1968




venres, 28 de outubro de 2011

venres, 21 de outubro de 2011

Radio Futura - Divina




1º. Nesta entrada recollemos os pareceres de 1ºde eso  para o caso de que se volvan divinos.
2º. Esta proposta saiu da letra da canción dos Suaves "Si yo fuera dios". Podes oíla AQUÍ e podes ver a letra traducida AQUÏ; neste segundo enlace hai moitas outras propostas tamén paradisíacas.



SE EU FOSE DEUSA
Se eu fose deusa faría marabillas.
Durmiría nunha nube, xogaría cos paxaros,
voaría tocando o mar.
Non soportaría ter serventes nin escravos.
Consideraríame unha humana con poderes
e un pouco especial.
Podería transformarme en todo o que eu quixese,
mesmo nunha humana "normal" para saír de compras
ou ir ao cine.
Que divertido!
Faría nubes brancas e tamén grises
que formarían a chuvia e os chuvascos,
subiría a persiana da Terra
para que o sol espertase a xente pola mañá
e baixaríaa pola noite
para que os nenos fosen durmir.
Lanzaría raios que iluminasen na tormenta
nos días feos.
Tamén xogaría a modelar as nubes
para que xente coma ti
se marabillase.
By Happy Girl




SE EU FOSE DEUS
Gustaríame ter un Ferrari de cor vermella
e un iate para navegar.
Tamén non estaría mal ter un chalé con piscina
e vistas espectaculares.
Pero tamén faría que houbese paz no mundo,
comida para todos
e nada de contaminación...
By Bala10


Se eu fose deus, acabaría coa pobreza no mundo. Viviriamos en paz. Mercaría un iate. Nada de contaminación e sempre sería verán, procuraría que chovese algún día.
By Mercurio


Saciaría a fame do mundo. Non habería pobreza. Remataría inmediatamente todas as guerras e destruiría todas as armas. Prohibiriía todo vehículo contaminante. Usaría enerxías renovables. E tería unha casa perto do mar.
By Extintor

Sempre iría sol. Deixaría medrar as árbores dos bosques. Faría que nunca houbese guerra. Se hai terremotos nun país, como por exemplo Xapón, salvaríaos a todos. Seriamos todos inmortais vivindo do conto .
By Omzo


Eliminaría a contaminación do mar para que non morresen nin animais nin persoas e para poder bañarnos en augas limpas.
By Bolboreta

O primeiro que faría sería outro planeta igual á Terra. Eliminaría a violencia, os volcáns, terremotos e contaminación. Faría máis bosques. Limparía as augas e faría que lucise o sol en calquera parte do planeta. De vez en cando chovería e tentaría que o noso planeta fose máis grande en todos os sentidos.
By Charli

Acabaría coa pobreza. Arranxaría as beirarrúas. Nada de contaminación. Iría vivir ás Cíes, nunha casiña con futbolín, pin pon e campo de tenis. Invitaría ás miñas amigas a pasar o mes de agosto e tamén aos meus amigos. Andaría sobre a auga e daría a volta ao mundo co meu mozo e casaría con el na torre Eiffel, arriba de todo. Sería unha deusa casada.
By Sweet

Saciaría a fame e a sede de todo o mundo. Replantaría os bosques queimados para que liberasen osíxeno e limpasen o ar. Reconxelaría o Polo Norte. Faría un cruceiro diviño coas miñas amigas.
By Margarida

Se fose deusa axudaría aos pobres, extinguiría todos os incendios, traería a paz ao mundo e faría que todo o mundo fose boa persoa.
By Feliz

Dende a divinidade acabaría coa violencia de xénero. Nada de guerras. Nada de fame.
By Toniña

Pois eu poñería un Disneyland en cada cidade. Só habería un borrachín por localidade pintando a mona, non habería crise e as casas serían máis baratas. Cuspiríalles aos pijiños millonarios sen preocuparme de que me mandasen a un correcional. Faría que o mundo e o sol nunca morresen. Gravaría unha película con Chuck Norris na que lle daría unha tunda eu a el. Habería un día en que os nenos tivesen que ir de nenas e grabaría unha canción con Tito MC...
By Funky Donkey

Pois eu faría que chovesen de punta chuches do céo, mandaría construír edificios de chuches, faría que puidesemos voar, que todos tivesemos casas xigantes (de chuche) e que a xente non morrese.. Pero como a Terra quedaría pequena, buscaría a maneira de que puidesemos vivir no espazo; e por último, faría que todo fose de balde.
By Maní

Primeiro, descontaminaría o planeta Terra. A continuación cambiaría o horario de entrada ás 2 e o horario de saída ás 2:05. Faría que nunca houbese deberes. Teriamos clase só os venres. Comería só o que me gusta e todo o que necesitamos para vivir sería gratis.
By Mapoula

Se eu fose deus,
fundaría unha cidade co meu nome.
Faría as nubes cuspidiñas a min.
Faría que o vento susurrase o meu nome.
Que todos os paxaros cantasen un himno a min
que todos os libros contasen a miña historia,
que todo o mundo fose o meu templo.
By Manel


Se eu fose deusa eliminaría o mal.
Todo se conseguiría con troque e non con diñeiro.
Todas as mulleres terían acceso a grandes vestidores das mellores roupas.
Eu viviría na torre máis alta e voaría.
Faría que chovesen lacasitos.
Eliminaría a comida lixo e todas as que non me parecesen diviñas: marmelo, brécol...
Faría os retretes de chocolate.
Sería inmortal para mandar sempre...
*(risa maligna)*
By Popsy





venres, 14 de outubro de 2011

Dios ke te crew - Profecia




Profecía Lyrics

Dios ke te crew


deja deja..
deja que la natura ria
pro-fe-cia
comien comien comienza la profecia..


[estribillo][1,2,3]
Cando chegue o dia
no que non poidas respirar 
no medio ambiente acordaraste desta profecia..

Cando chegue o dia 
no que non poidas comer comida de verdad 
acordaraste desta profecia..

Cando chegue o dia 
no que non poidas beber auga potable
acordaraste desta profecia..

Cando chegue o dia
en que te des conta
sera tarde
cando chegue o dia
só haberan cinzas 
será tarde

[1]
Demasiado tarde meu irman
os cartos comeronse o mundo
ñam ñam
bosques talados
xunglas arrasadas
rios contaminados
animais extinguidos
seres humanos encauzados
nunha vida programada 
cidades esclavizadas nun engranaxe suicida
mamada tras mamada que me fagas gobernante
ti que levas o teu pobo direitiño
tra-la morte
condenado nun deserto podre
infestado de ser humanos armados
con prolongacions de brazos 
rematados en full set
revolucion frustrada

Ese dia non levantara cabeza 
o sol saira polo lado contrario
e pararase o planeta
a morte..xa non tera sentido
cobrara vida entre nós
e levarate consigo.

As nubes vislumbran 
malas noticias
comeza o dia no que
choveran cinzas..
cinzas de todo aquelo que queimaches
remataches con todo 
nin se quera choraches
na arbore equivocada ti mexaches 
nun cubo de merda moi pequeno
cagaches
e agora a merda que cae por fora
caete por riba
cheiras a ti mesmo.

Acabaches coa tua vida
descubriches que ti mesmo es un virus
non acabara contigo ningun bicho
pero si o teu ombligo.

Edificios altos
coches..semaforos
todo falso 
as penas da terra de asfalto son
e a deusa natureza conquistada polos cartos 
o precio da vida
dime..¿quen cojones o pon?

E agora dis que nos cae acido do ceo
que o ozono e un colador
que xa non queda nin uha pizca de xeo nos polos
¿cantas mares e animales tolos?
gracias os humanos 
que pensamos que somos os amos de todo
reventaremos o planeta 
como un globo.

Agora os tronos son bombas que tronan
as sillitas electricas fan o traballo do raio nunha persoa..
toma chispazo wapo
toma asento
toma asesinato 
creceu tanto o poder coma as ganas de jodernos.

¿E que culpa tivemos nós?
traballamos..
temos que deixarnos a vida neste planeta opresor que nos largaron 
os cartos non se comen 
proba a meter na boca os fodidos papeis de cores 
¿fartan...alimentan...?
pois metelle de postre una froita tranxénica
¿que coño nos pasa?
¿temos esperanza..?
temos pouco tempo pa salva-la raza humana
deixa dunha puta vez as armas

Quixeron inventar a bomba mais forte
en vez de salva-la enfermidade que provocou a morte da miña nai..e dos teus e dos seus..e deles..
e segue morrendo de fame 
¿ou no o vedes?

[estribillo][1,2,3]

[2]
Mundo insdutrializado
¿paga a pena?
preguntate...
consecuencias irreversibles..
non feliz 
parte dunha cadea de engranaxe formas
¿onde estan os oficios?
morrendoo
sistema clasista
sistema de competicion
toda a vida
currando nunha fabrica
(mais produccion) capitalismo en accion
(mais produccion) sexa como sexa
(mais produccion) destruccion
pouco respeto pola natura
rompeuse a biodiversidade 

Os nosos ancestros preocuparonse de que houbera carballos castiñeiras e demais...
para que o disfrutaran fillos e netos...
agora da igual..eso non é rentable..

Trae especies foraneas 
planta eucaliptos
(beneficio rapido)as consecuencias
nin herva saira desa terra
o deserto chegara a tus galiza
(S.O.S Galiza)
se acaba e os nosos fillos non veran nada.

Os cartos acaban coa vida
quimica mais que quimica (pesticida)
ata na comida..(todo sae mais rapido) (todo é mais rentable) 
¿e nós morrendo a can da terra? (perras)
multinacionales a merda
aqui comos xente sinxela
e agora vendesme veneno
comemos veneno
respiramos veneno
en veneno nos convertimos
mandamos todo a merda nun abrir e pechar d ollos..


[3]

O ser humano
mais un ser que un humano é
como un gusano que roe a mazá 
e acaba podrecendo
(¿quen decia que non existe o inferno?)
esta pasando estouno vendo..
momento complicado nun planeta esgotado
hay mais armas que arbores por metro cadrado 
a hipocresia arma de destruccion masiva do hoxe en dia
contra nós
alto señores a practican (apoian) (invaden)
unha cultura remata cas outras..
resisten..loitan..aguantaran..
¿que cojones van facer se agora non lles queda nada?
nada de nada
casa queimada 
a familia perdida
e incrible o ser humano sempre foi temible
e se continua asi pronto veran como se extingue


NON MAIS GUERRAS
NON MAIS PENA
NON MAIS MORTES POR CATRO FILLOS DE PERRA
NON MAIS SANGRE DERRAMADA POLA TERRA

[estribillo][1,2,3]

Eladio y los Seres Queridos O TEMPO FUTURO

xoves, 13 de outubro de 2011

DENDE A FIN DO MUNDO

Resulta que empezamos a clase o outro día facéndonos unha pregunta moi seria: que faría cada un de nós no suposto de que mañá acabase o mundo? Alguén suxeriu que non era de recibo que o mundo acabase no medio e medio da semana. Mellor que acabase un luns, así evitabamos o incordio de ter que vir pola tarde. Pareceunos unha boa obxección e decidimos, daquela, ubicar a fin do mundo para o seguinte luns do calendario en curso. Fomos apuntando nun papeliño o que se lle ocorreu a cada quen e o resultado velaquí o tendes:

  • Eu subiría a un tellado ou a unha árbore para ter unha vista panorámica do mundo antes de que se esfumase e despois iría dar un paseo...
  • Eu iría ata as Cíes, despedirme das illas
  • Eu iría a casa da miña avoa, collería o can e o gato e disfrutaría da súa compaña ata a final
  • Eu durmir...durmir...durmir
  • Eu iría á discoteca, probaría o café irlandés, non me gustaría e desexaría non telo probado; iría ao cine, escachifaría a pantalla....iría a casa, esgazaría os libros de texto....asaltaría a neveira...comería de todo e poñeríame a agardar polos meus pais tranquilamente
  • Eu faría un búnquer no Vixiador, levaría os meus seres queridos, celebraría por adiantado o meu último aniversario, reconciliaríame cos meus inimigos, poñería tacóns de agulla, iría ver pelis para maiores de 18 anos, mandaría cartas a destinatarios anónimos e finalmente sentaría a contemplar a fin do mundo comendo flocos de millo de cores
  • Tentaría dar cun refuxio para as miñas mascotas e despois iría a Irlanda para botarme a rolos polos seus suaves outeiros
  • Eu montaría unha festa rachada ata o mencer
  • Eu primeiro iría a nado a Ons, despois afanaría un coche de luxo e morrería ao volante
  • Desintegraría a Justin Bieber, xogaría ao póquer con profesionais, conseguiría un bazoca rebentacousas e vería películas con moitos xxxxx
  • Eu tamén subiría a un tellado, bebería un vodka e mojitos e despois deixaríame caer en picado enriba de Justin Bieber
  • Iría por fin de botellón, despediríame de todo o mundo e iría durmir a mona

aspecto que presentaban as sombras na última eclipse solar




COMENTARIO DO COMITÉ DE REDACCIÓN: sorpréndenos esa presencia obsesiva do alcol para dar a benvida á fin do mundo. Enteirámonos de maneira extraoficial que algúns autores do texto colectivo desexarían, ante a inminencia da fin do mundo, ter unha primeira experiencia sexual, pero non se atreveron nin a decilo nin a escribilo. Agardemos que o próximo exercicio teña menos cortes e cada quen diga exactamente o que pensa. Un saúdo a tod@s os sobrevivintes!

xoves, 6 de outubro de 2011

RECONVERSIÓN

Este caderniño amplía fronteiras para empezar a dar cabida á participación de máis alumnado do IES ROU.
Empezamos este novo curso 2011-2012 incorporando o traballo creativo de 1º da ESO, guapísimos todos e todas, así como todo o que deamos conseguido facer no Proxecto Interdisciplinar que versará sobre a contorna inmediata.
Nunha primeira inmersión soubemos que grazas aos pais, avós, tíos e demais familia, temos conexións con países europeos, americanos, africanos e mesmo asiáticos. Por ter temos tamén un cable en Australia. Tentaremos empezar por facer un atlas personalizado do noso territorio sentimental e familiar.
Saúdos especiais para Londres e o alumnado do galego do Cañada Blanch.
Saúdos tamén para todos os que colaborastes na redacción deste caderno dende hai dous anos, seguimos contando coa vosa colaboración.
Damos a benvida a todos os rapaces que chegan novos-as ao Uruguai.
Empeza a conta atrás!






nesta foto tirada hai uns anos
podedes ver un grupiño do Uruguai
facendo o camiño ao revés 
a altura das máxicas terras do Cebreiro
 

martes, 21 de xuño de 2011

SON UN PASMÓN / C. E. FERREIRO







Son un pasmón
peatón
con opinión,
dicindo a verdade núa
pola rúa.
Nunca fun usuario
de automóbil suntuario
nin tampouco utilitario.
Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo o mundo tal cal é.
Sei da cobiza burguesa
e do furor proletario.
O pan gárdase na artesa
e a fame ronda a diario.
Ando sen présa,
nada altera o meu horario,
nin couta o meu comentario.
Non teño medo
do que o tempo traerá,
porque sei que tarde ou cedo
o que ha de vir chegará.
Horaboa ou horamá?
Tanto me dá!
Ogallá
 me colla vivo a noticia.
Que gran ledicia
ver chegar o que virá!
Para o gran suceso,
xa está aceso
acolá moi lonxe, un lume
que no mundo prenderá
e queimará
a fedenta podredume.

Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo o mundo tal cal é.



Se algo hai destacable neste pequeno poema de C.E.Ferreiro é o uso sistemático da rima a final de verso, case como no rap, para falar dun tema cotián dende un punto de vista asumible por calquera. A sinxeleza está apoiada polo verso curtiño e sen complicacións semánticas. O seu contido é claro, invítase a ollar o mundo dende a base, sen pedestais nin prepotencias. Hai unha clara identificación entre o automóbil e o mundo que non queremos. O poema pertence ao libro Longa noite de pedra e é unha das poucas composicións amables incluídas neste emblemático poemario que ten como temática principal o alegato contra a dictadura e a dehumanización.