venres, 11 de maio de 2018

colleita de palíndromos


aroma a mora



luzazul



atopa a pota



amor a Roma



a lúa é aula



Adela a leda



a cor é roca



Adán é nada



Eva ave



a rata atara



o son é noso



son as asas a nós



son anos



a pera é arepa



o noso sono




venres, 9 de marzo de 2018

O home verde




Un misterioso home verde percorre os camiños europeos ao longo da historia. Dende Escandinavia ata Fisterra, dende Sicilia ata Dublín aparece nos lugares máis inimaxinables da arquitectura culta e popular . Un misterioso homiño configurado de follas, talos e raíces, olla para nós  agochado nos capiteis das columnas románicas, entre as filigranas da vexetación barroca, nos chamadores de bronce das vellas portas de madeira maciza, nas fontes........ ata  no libro de lectura!


Resultado de imagen de el hombre verde de los sufisResultado de imagen de el hombre verde en la arquitecturaResultado de imagen de el hombre verde en la arquitectura


Resultado de imagen de el hombre verde en la arquitectura       Resultado de imagen de el hombre verde en la arquitecturaResultado de imagen de el hombre verde celta


Resultado de imagen de el hombre verde celta

luns, 5 de febreiro de 2018

Bonecos animados

Traballos realizados polo alumnado de 2º de ESO no obradoiro de tecnoloxía. Ao mellor estes bonequiños móbiles conseguen poñerse a falar entre eles e contarnos un mundo de cousas sobre outros mundos posibles