xoves, 10 de febreiro de 2011

SOÑANDO CON REGRESAR

Caio, caio nas rúas de Londres. Diviso unha igrexa abandonada que recoñezo en seguida. Descendo por unha escaleira que me leva ao instituto, situado nun plano inferioar ao da escaleira da igrexa. Ando polos longos corredores sen rumbo fixo. Empezo a buscar unha saída, mais cada porta que abro amósame un novo corredor idéntico ao anterior, semella que estou atrapada no mundo de Cassandra Clare....Óese un violín, sigo o son da música,a medida que me aproxímo a unha porta o son vaise intensificando. Entro. Xa non estou no Londres de 1800, estou na miña casa, mellor dito, na miña casa de cando tiña uns catro anos. Canto tempo pasara dende a última vez que estivera alí? As cores das paredes non eran exactamente tal e como as lembraba, sorrín e púxenme a buscar o meu cuarto. Entrei e dei con dúas nenas: a miña irmá e máis eu. Hai un cambio súbito de escenario, agora estou nunha fraga exhuberante chea de vida, exténdese máis alá do horizonte que poden albiscar os meus ollos. O meu corazón latexa con forza, está á procura de algo...desesperadamente. Sinto que o ar non me chega aos pulmóns, alguén berra o meu nome, por moito que me esforzo non consigo recoñecer a voz. Corro...corro en dirección á voz, corro contra o vento. Estou a piques de desistir cando vexo...

So Rescue Me! pide suplicante Josh Franceschi dende o móbil......esperto!

Viaxe onírica aportada por...............AMINA

3 comentarios:

tirarrollas dixo...

Magnífico percorrido, Amina. Quedan moitas incógnitas por despexar, como en todo gran soño.
Quen é Cassandra Clair?

Uaniich dixo...

Eu, podo reponder esa pregunta. CAssandra Clare é a autora dunha saga de libros, o último trancorre en Londres no 1800, creo que de ahi ven a referencia ó violín e á igraxa, partes desta obra.
O soño é maravilloso, con tantos escenarios... gustoume moito.

angola dixo...

Grazas, Uaniich, pola aclaración. Amina é unha magnífica narradora, hai que animala para que nunca deixe de escribir. E ti tampouco, o teu percorrido onírico é orixinal e emotivo. Ánimo a tod@as!