venres, 11 de febreiro de 2011

O UNICORNIO E MÁIS EU

UNICORNIO DE AUGA
                                                   
Hoxe pola mañá moi cedo.
Subo a un unicornio e voo ata o céo. Amósame aínda as estrelas. Dígolle que teño medo de caer. O unicornio dime que non tema, que me vai levar a un lugar onde poderemos descubrir unha nova constelación. Percorremos unha gran distancia sen incidentes. Quéixome do frío que se me está poñendo todo o corpo. O meu amigo cóbreme con plumas máis quentiñas ca unha manta, adormezo. Quedo profundamente durmido sen darme conta. Cando acordo estamos pousados nun recuncho dunha constelación descoñecida. Aproxímase a nós unha estrela que me entrega unha bolsa chea de diamantes .
Cando me dirixo ao mercado para vendelas, soa o espertador.

Idea aportada por......LOUFA

1 comentario:

tirarrollas dixo...

Unha auténtica viaxe astral, Loufa.
Menos mal que non chegaches a poñer as estrelas á venda. Desplomaríanse as bolsas do mercado de valores internacional.