martes, 1 de marzo de 2011

RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA



Neste enlace atoparás a presentación da actividade e máis comentarios dos compañeiros de 4ºA

http://carallocorou.blogspot.com/2011/02/os-tesouros-vivos.html

PROPOSTA: cóntanos sobre o libro vivo que visitaches, opina sobre a historia e a maneira que tivo o narrador de contarcha. Dinos se coñeces alguén que poida ter historias vivas para contarnos. Fai unha estimación da actividade.

5 comentarios:

Uaniich dixo...

LEVAR O MAR NOS PETOS
Este home tivera que pescar dende moi pqueno, e gañaba moitas carreiras de faluchos. E aínda hoxe as gaña.Un home moi simpático e con moitas vivenzas que contar.

O libro MÚSICA CLANDESTINA tivo que loitar contra a súa familia e a súa contorna para poder facer o que lle gustaba: tocar a gaita. Finalmente conseguira compartir a súa experiencia neste campo, e fixérase profesor de gaita en moitas asociacións veciñais.

CESTAS A PESETA é a historia dun home non tan ancián que aprendeu o oficio da cesteiría do seu pai, como este fixera do seu.
As cestas utilizáronse ata os anos oitenta! Pensara que daquela xa non serían tan comúns. Ensinounos as moitas formas de manexar o bimbio. Moi interesante.

EFFO dixo...

LOITANDO DENDE FÓRA A PEITO DESCUBERTO.
Un vello emigrante retornado contounos a súa experiencia na emigración: Brasil e Holanda, onde chegou a vivir moito tempo. Contounos como a xente marchaba co posto e como a maioría morreron lonxe dos seus.

LEVAR O MAR NOS PETOS
Un vello mariñeiro contounos como se facían os faluchos cando era neno. Estas pequenas embarcacións rudimentarias usábanse para chegar aos barcos que non estaban atracados no peirao.

ONDE O MEDIEVO REMATOU HAI TRINTA ANOS
Con esta narraciópn enteirámonos de como os foros seguiron vivos na parroquia de Valadares ata hai moi pouco tempo. Os veciños pagaban tributo ao Marquesado de Valadares ata que conseguiron que as terras do marqués se convertesen en terra veciñal. Case un século máis tarde da de3saparición dos foros en Galiza. O narrador non lle deu aspecto de conto á súa historia, senón de experiencia viva.

Noelia dixo...

MÚSICA CLANDESTINA: un vello gaiteiro contounos como sendo un rapaz tiña a ilusión de ter unha gaita e aprender a tocala. Pero na casa non había cartos. O pai era mariñeiro. O rapaz era rebelde na escola. A base de xuntar aforros acabou por comprar a gaita e todos os días ía tocala ao monte e logo volvía a casa antes de que chegasen os seus pais. Así foi como aprendeu, el só e a base de vontade. Cando medrou meteuse nun grupo, viaxou e coñeceu mundo.

XOGAR AO CACHIROTE EN TEMPOS DE ESTRAPERLO. A narradora é unha muller que lembra de pequena xogar ao cachirote, unha variante do xogo das agachadas: os que tiñan que agocharse dábanlle unha patada a unha garrafa e o que apandaba tiña que atopala, ese era o tempo do que dispoñían os demais para achantarse. O que apandaba non podía facer trampa porque tiña que ter a garrafa na man. Xogábase a isto na zona do Berbés.
Tamén nos contou como na época do reacionamento, a súa nai tiña unha especie de papeis selados que entregaba a cambio de comida, xabrón, aceite.

Amina dixo...

XOGAR AO CACHIROTE EN TEMPOS DE ESTRAPERLO
Este foi o libro máis ameno dos tres que tiver oportunidade de "ler". Unha muller xa maior contounos cousas da súa infancia como se fosemos os seus netos, emanaba confianza y familiaridade.
De pequena, ela e os seus amigos apañábanse para inventar xogos divertidos, porque non había diñeiro para xoguetes. Tamén nos falou das cartillas de reacionamento.

LOITANDO DENDE FÓRA A PEITO DESCUBERTO. Histroias da emigración a América e ao Centro de Europa. As inxustizas que tiñan que aturar as mulleres, separadas dos homes, criando soas os fillos.

Anaita dixo...

LEVAR O MAR NOS PETOS
Un vello mariñeiro contounos emocionado a súas experiencias no mar desde que era ben pequeno: os barcos, a pesca, os aparellos, as redes, as manobras a bordo. Coñece perfectamente o tema e fala del de maneira simpa´tica e agradable.

LOITANDO DENDE FÓRA A PEITO DESCUBERTO. Un vello emigrante, o señor Pepe, conta a súas experiencias en Holanda, onde viviu moitos anos. Como zafaban as mulleres que tiñan o home fóra.
A narración foi interesante e Pepe fíxoa moi entretida.

RETRATO DUN XORNALISTA EN TEMPOS ESCUROS. Un xornalista xubilado lembra o complicado da súa profesión en tempos de censura e total falta de liberdade de expresión.