xoves, 31 de marzo de 2011

CONTO POPULAR DO SENEGAL

O CAIMÁN E O NENO

Era unha vez un neno que paseaba pola mañá á beira do río, despois dunha longa camiñada topou cun caimán que andaba moi alonxado da auga, tan perdido andaba que non sabía voltar ao río do lonxe que estaba. Cando o caimán viu o neno, chamouno e díxolle:
- Andaba buscando comida para os meus fillos e non sei voltar.
O neno contestoulle:
- Se te devolvo ao río non me comerás? di que non.
E o caimán responde sorrindo:
- Como vou comer alguén que me salvou a vida?
O neno colle unha corda, ata o caimán nun fardo e pono sobre a súa cabeza. Cando chegan ao río, báixao e desata a corda. Vai o caimán e trinca unha perna do neno, o neno berra:
- Que fas? sóltame!
- Teño moita fame e voute devorar!
O neno, véndose perdido, dille:
- Antes de comerme preguntaremos a alguén se é xusto o que ti queres facer.
Pasa por alí un cabalo e cóntanlle a historia, o cabalo dille ao caimán:
- Cando eu era novo e tiña moita forza, o meu amo cada mañá dábame comida e limpábame e agora que son vello o único que me dá son patadas no cú, come ao humano, é malo.
O neno di que hai que preguntar a outro, aparece outro animal que contesta o mesmo que o cabalo. Por último, pasa un coello e o neno volve contar a súa historia e o coello responde como é posible iso:
- Es capaz de levantar un caimán? non podo crerte, volve facelo.
O neno colle e volve atar o caimán e sóbeo á cabeza. Entón o coello di:
- Agora xa podes facer o que queiras con el.


CONCLUSIÓN: Quen é bo non paga nunca con mal

Idea aportada por...........BIBSON

mércores, 23 de marzo de 2011

Famous Blue Raincoat Lyrics-Leonard Cohen




O famoso chuvasqueiro. (Versión galaica)




Son as catro da mañá. Finais de decembro.
Agora mesmo, estouche escribindo.
Para saber se estás ben.
New York é frío, pero gústame onde vivo.
Soa a música en Clinton Street durante toda a tarde.

Oín que estás a facer
unha pequena casa no medio do deserto.
Agora, a túa vida non ten sentido.
Espero que escribas algún tipo de diario.

Si, e Jane veu cunha mecha do teu cabelo
díxome que lla deras
aquela noite que decidiches acabar con todo
fixéchelo realmente?

A derradeira vez que te vimos
semellabas maior.
O teu famoso chuvasqueiro azul
estaba gastado polos ombros.
Fuches á estación  mirar os trens.
E volviches a casa sen Lili Marlene.
E trataches a miña muller como un obxecto mais da túa vida
e cando volveu comigo, xa non era a muller de ninguén.

Ben, xa te vexo, cunha rosa nos dentes.
Outro delgado ladrón xitano.
Vexo a Jane esperta.
Mándache recordos,
é todo o que che podo dicir,
meu irmán, meu asasino, é:
supoño que che perdoo.

Alégrome de que te cruzaras no meu camiño.
Se algunha vez vés aquí, sexa por Jane ou por mín,
o teu enimigo estará durmindo,
e a súa muller é libre de facer o que queira.

Si, e grazas.
polo problema que lle quitaches de diante.
Eu cría que estaría alí sempre,
e por iso non o intentara solucionar.

E Jane veu cunha mecha do teu cabelo.
Díxome que lla deras
aquela noite que decidiches cortar con todo.


Sinceramente, L. Cohen.



* Esta canción cóntanos unha verdadeira experiencia do autor, pois o seu irmán rouboulle a súa propia muller, Jane,  que ó final volveu de novo con el e viu o lado positivo do que pasara, pois comezou a apreciala máis.

Canción aportada por.......LUAR

xoves, 10 de marzo de 2011

TELÉFONO

[Video] Letra: Telephone - Lady GaGa ft. Beyonce RitmoBlog: Blog de Música

Laday GaGa ft Beyoncé - Telephone




Hello hello baby you called
I can’t hear a thing
I have got no service
In the club, you say? say?
Wha-wha-what did you say huh?
You’re breakin’ up on me
Sorry I cannot hear you
I’m kinda busy
K-kinda busy
K-kinda busy
Sorry I cannot hear you I’m kinda busy

Just a second
It’s my favorite song they’re gonna play
And I cannot text you with a drink in my hand, eh?
You shoulda made some plans with me
You knew that I was free
And now you won’t stop calling me
I’m kinda busy

Stop callin’
Stop callin’
I don’t wanna think anymore
I got my head and my heart on the dancefloor
Stop callin’
Stop callin’
I don’t wanna talk anymore
I got my head and my heart on the dancefloor

E-e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
Stop telephonin’
Me-e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
I’m busy e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
Stop telephonin’
Me-e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
Can call all you want but there’s no one home
And you’re not gonna reach my telephone

‘Cuz I’m out in the club
And I’m sippin that bubb
And you’re not gonna reach my telephone


Put my coat on faster
Leave my girls no faster
I shoulda left my phone at home
‘Cuz this is a disaster
Calling like a collector
Sorry, I can’t answer

Not that I don’t like you
I’m just at a party
And I am sick and tired of my phone r-ringing
Sometimes I feel like I live in grand central station
Tonight I’m not takin’ no calls
 Cuz I’ll be dancin’

Stop callin’
Stop callin’
I don’t wanna think anymore
I got my head and my heart on the dancefloor
Stop callin’
Stop callin’
I don’t wanna talk anymore
I got my head and my heart on the dancefloor

E-e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
Stop telephonin’
Me-e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
I’m busy e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
Stop telephonin’
Me-e-e-e-e-e-e-e-e-e-e
Can call all you want but there’s no one home
And you’re not gonna reach my telephone

‘Cuz I’m out in the club
And I’m sippin that bubb
And you’re not gonna reach my telephone

My telephone
Ma ma ma telephone
‘Cuz I’m out in the club
And I’m sippin that bubb
And you’re not gonna reach my telephone.



TELELÉFONO
 
ola, ola, ti chamas
non se oe nada
non teño cobertura
no club, mira ti, mira
que, que , que dixeches?
Oh, estás rompendo comigo,
síntoo, non podo oírte.
Estou un pouco ocupada
 
Un, un pouco ocupada
Un, un pouco ocupada

Síntoo, un pouco ocupada

Só un segundo
esta é a miña canción favorita
eles vana tocar
e non podo escribirche
teño unha copa na miña man
puideches facer plans comigo
sabías que son libre
agora non podes deixar de chamar
estou un pouco ocupada.

Para de chamar
para de chamar
non quero pensalo nunca máis!
Deixei a miña man e o meu corazón na pista de baile
non quero falar nunca máis!
Deixei a miña man e o meu corazón na pista

eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh,
para de telefonar!
eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh,
estou moi ocupada
eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh,
para de telefonar!
eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh, eh,( retrouso 1)

Podes chamar canto queiras
pero non hai ninguén na casa
o teu teléfono non vai contactar co meu
estou fóra do club
e bebendo nun pub
o teu teléfono non vai contactar co meu

Podes chamar cando queiras
pero non hai ninguén na casa
o teu teléfono non vai contactar co meu
estou fóra do club
e bebendo nun pub
o teu teléfono non vai contactar co meu (retrouso 2)

Neno, o xeito de bufares no meu teléfono
non fará que tarde en deixarte
que tarde en deixar o abrigo
que tarde en saír coas miñas amigas
tiña que ter deixado o teléfono atrás.

Porque isto é un desastre!
Chamándome como un recadador
síntoo, non podo atender.

Non é que non me gustes
Só que estiven nunha festa
e estou doente e cansa
do meu teléfono so-soando.
Ás veces síntome como
se vivise nunha gran centralita,
esta noite non quero falar,
non máis chamadas
porque estou a bailar!

Porque estou a bailar!
Porque estou a bailar!
Esta noite non quero falar,
non máis chamadas.
Porque esou a bailar!

Para de chamarme
Para de chamarme
Non quero pensalño nunca máis!
Deixei a miña man e o meu corazón na pista (bis)

(retrouso 1)

(retrouso 2) (bis)

Estou fóra do club
e bebendo nun pub
o teu teléfono non vai contactar co meu (bis +bis)

Sentímolo, o número que marcou
está fóra de servizo neste momento.
Por favor, comprobe o número,
ou trate de chamar de novo.

Selección e tradución aportadas por.....EFFO

venres, 4 de marzo de 2011

A REVOLTA DOS ANIMAIS / GEORGE ORWELL

É un libro doado de ler, e moi interesante. Faise un símil da Revolución Rusa e do stalinismo que Geroge Orwell desprezaba. A novela non conta con case ningún elemento grotesco ou humorístico, sendo unha historia máis tráxica do que eu pensaba. Algúns detalles da narración resultáronme cómp`lices e hábiles, quizais porque son afeccionada á historia rusa. O conto é como unha chiscadela de principio ao fin, aínda que o significado tráxico e pesimista da acción o converte nun aceno de tristura. E, desde logo, non se lle pode negar un constante toque de fábula amena e sinxela, unha boa maneira de que mesmo un neno poida comprender sobre a dinámica de toda revolución. Algunhas decodificacións poden ser as seguintes:
PORCOS: a clase dirixente. Representa o goberno comunista e dictatorial da etapa rusa bolxevique. É o poder corrompido: MAIOR = LENIN ( o gran soñador, o formulador da utopía), SNOWBALL = TROTSKI (perseguido e desprezado polo goberno revolucionario), NAPOLEÓN = STALIN ( o gran dictador, o asasino do espírito revolucionario, o inventor do capitalismo do estado), 
SQUEALER = parece querer simbolizar o aparello propagandístico fanático e enganoso a favor do culto a Stálin.
A GATA = semella querer representar a actitude antirevolucionaria e conformista dos nobres que seguían a favor do antigo réxime zarista. Os membros da aristocracia rusa que sobreviviron ao embiste revolucionario acabaron exiliados fóra do país. O seu mundo estaba acabado.
O CORVO MOSES = simboliza a igrexa ortodoxa rusa, que apoiaba, santificaba e divinizaba aos zares na época anterior á revolución.
O CABALO BOXER = Representa o proletariado ruso. Matouse traballando para a revolución. Apoiou ata a extenuación o goberno revolucionario. Prometéranlle pensión de xubilación e coidados na vellez, finalmente, cando estaba xa exhausto, levárono ao matadoiro para expremerlle ata a última tallada de carne.
OS CACHORROS TRANSFORMADOS EN CANS DOENTES = simbolizan por un lado a xuventude rusa criada na educación autoritaria e obrigatoria que impuxo o réxime aos cativos rusos dende case o momento do seu nacemento, priorizando determinadas materias e áreas do saber e obrigándoos a prácticas académicas ao servizo dos intereses do estado. Tamén simbolizan, chegados a cans, as forzas de seguridade e todo o sistema de control do réxime sobre a poboación. Garanten a orde e a ausencia de calquera posible disidencia.
AS OVELLAS = a poboación submisa
O MUÍÑO = o progreso a calquera prezo
OS DEZ MANDAMENTOS = a lei, desprezada por quen a impón

Toda unha lección de lectura en paralelo

Reseña aportada por.......Allison

martes, 1 de marzo de 2011

RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA



Neste enlace atoparás a presentación da actividade e máis comentarios dos compañeiros de 4ºA

http://carallocorou.blogspot.com/2011/02/os-tesouros-vivos.html

PROPOSTA: cóntanos sobre o libro vivo que visitaches, opina sobre a historia e a maneira que tivo o narrador de contarcha. Dinos se coñeces alguén que poida ter historias vivas para contarnos. Fai unha estimación da actividade.