martes, 22 de febreiro de 2011

BUSES DE SOÑOS

Estaba nunha rúa dunha cidade que ben podía ser a miña, agardando o meu bus vitrasa verde de toda a vida. Subo sen pagar, sento e atopo con toda a miña clase, non me parece estraño aínda que non era de esperar, sabía que sucedería, non é ningunha sorpresa.

Comeza o traxecto e pasamos por un túnel moi parecido ao das carreiras de Mónaco.

Ao saírmos do escuro corredor sinto o son dun reloxo tocando a hora en punto, soa moi forte, por iso dirixo a mirada cara o repenique das campás. Podo ver de onde veñen as badaladas pois vou no segundo andar sen teito dun bus vermello saturada. Cando vexo  as agullas xigantes son, de súpeto, feliz, é o Big Ben, ir a Londres sempre foi o meu soño.

O bus detense no cume da alta torre e cando baixo, están os meus pais a agardar por min. Pero que digo, hai algo que non cadra, carece por completo de sentido......miña nai chámame para ir ao instituto...debo estar soñando.

Itinerario aportado por....LUAR

Ningún comentario: