martes, 8 de decembro de 2009

Cambios

senta ó meu lado,
achégate tanto coma o ar
comparte a memoria gris
entra nas miñas palabras
e soña coas imaxes do xogo
dos cambios.

verdes follas do verán
viran vermellas na caída
cara á cor castaña e amarela palidecen
daquela teñen que morrer
atrapadas no desfile temporal do circo
dos cambios.

escenas dos meus anos mozos
están aínda quentes na miña mente
visións de sombras brillantes
así que un día regresei
e vin que eran vítimas das viñas
dos cambios.

o mundo dá voltas doído,
á deriva na escuridade,
abalando nun furado de néboa
unha carreira arredor das estrelas
unha viaxe a través do universo en lapas
cos cambios.

momentos máxicos escintilarán na noite
todolos meigallos do bosque marcharon
mais cando abre o día
desaparecen na rosada dourada do mencer
dos cambios.

paixóns partirán
cara unha rara melodía
igual a lumes que ás veces arrefrían
como pétalos ao vento,
somos monicreques nos fíos de prata das almas
dos cambios.

as túas bágoas caerán tremendo
agora estamos xa nalgures
apuraremos unha última cunca de viño
bicareite aínda unha vez máis
e deixareite nas beira do río ondeante
dos cambios -

así que senta ao meu lado,
achégate tanto coma o ar
comparte a memoria gris
entra nas miñas palabras
e soña coas imaxes do xogo
dos cambios

A letra orixinal está no blogue de 4º A carallocorou e tamén o clip de audio.
Se atopades defectos de tradución comentádeos para correxilos

1 comentario:

tirarrollas dixo...

O tema da canción é clásico : todo cambia e nada permanece, é unha lei do universo.
O PASADO está esvaecido
O PRESENTE está representado por unha copa de viño e un último bico
A ETERNIDADE está representada polo río que pasa
O tratamento do tema é contemporáneo pola libre asociación de imaxes que aluden ao xogo cambiante da vida e da morte. O estilo aproximase á estética psicodélica das imaxes mutantes.
As expresións máis afortunadas para o meu ver son AS VIÑAS DOS CAMBIOS, o mundo ABALANDO NUN FURADO NA NÉBOA, e os medos nocturnos que SON VARRIDOS POLA ROSADA DO MENCER (AS PINGAS DOURADAS DO MENCER)
A música está moi ben sincronizada co texo. Esta é unha versión contemporánea do vello trobador medieval, a poesía cantada.