POR CADA MULLER HAI UN HOME
Por
cada muller forte, farta de ter que aparentar debilidade,
hai
un home débil farto de ter que parecer forte.
Por
cada muller farta de ter que actuar como unha parva,
hai
un home agobiado por ter que aparentar sabelo todo.
Por
cada muller farta de ser cualificada como “femia emocional”
hai
un home a quen se lle negou o dereito a chorar e a ser delicado
Por
cada muller catalogada de pouco feminina cando compite,
hai
un home que se ve obrigado a competir para que non se dubide da súa
masculinidade.
Por
cada muller farta de sentirse un obxecto sexual,
hai
un home preocupado por aparentar que está sempre disposto.
Por
cada muller que se sente atada polos fillos,
hai
un home a quen se lle negou o pracer da paternidade.
Por
cada muller que nunca tivo acceso a un traballo ou salario
satisfactorio
hai
un home que debe asumir a responsabilidade económica doutro ser
humano.
Por
cada muller que descoñece os mecanismos dun automóbil
hai
un home que nunca aprendeu os segredos da arte de cociñar.
Por
cada muller que dá un paso cara a súa propia liberación,
hai
un home que redescobre o camiño á liberdade
Por
cada muller á que non se lle recoñece o dereito ao estudo
hai
un home que permanece analfabeto emocional toda a vida ( Eva R)
Por
cada muller sen vacacións
hai
un home manga por hombro (motero)
Por
cada muller maltratada
debería
haber un home no xulgado (o polbeiro)
Por
cada muller que pensa que non serve para nada
hai
un home que coida que serve para todo (laranxiña)
Por
cada muller que desexa traballar na oficina
hai
un home que goza traballando na cociña (Xoán o tolo)
Por
cada muller morta
hai
un orfo que chora (Aine)
Por
cada muller mutilada
hai
un home que non pode nin imaxinar esa dor (Cristian)
Por
cada muller farta de estar confinada na casa
hai
un home querendo quedar nela un pouco máis (Mathi)
Por
cada muller que madurou antes de tempo
hai
un home que segue sendo un neno (Andreu)
Por
cada muller intelixente sen emprego
hai
un home aparvado polo traballo ( Evichu)
Por
cada muller violada hai un psicópata satisfeito (Aitormenta)
Por
cada muller maltratada
debería
haber un home arrepentido (Andrea)
Por
cada muller sen voz nin voto
hai
un home que se manifesta ( Nano)
Por
cada muller analfabeta
hai
un home con fracaso académico (Negro do whatsapp)
11 comentarios:
Por cada muller cualificada apartada dun posto de mando,
hai un home que manda sen ter que demostrar nada.
Por cada muller que descoñece o boxeo.
Hay un home que sempre compite.
O acto que se fixo no I.E.S ROU no recreo polo día da muller traballadora, pareceume fenomenal, e unha boa iniciativa por parte de todos os que vimos a este centro. Hai que manifestarse e manter os nosos dereitos e que non exista a desigualdad entre homes e mulleres, porque todos temos as mesmas capacidades para conseguir o que queremos. Por outra parte, encantáronme os poemas, xa que son cousas que aínda pasan hoxe en día en non deberían pasar.
Por cada muller que ten como única opción un traballo vergoñento
hai un home con excesivos empregos que non pode cumprir.
Por cada muller que exhiben
hai un mirón
Por cada muller escravizada,
hai un home que manda sobre ela.
por cada muller traballando na casa,
hai un home no bar pintando a mona
Por cada muller que chora e sofre cada día,
hai un home que ri toda a súa vida.
Pareceume un acto moi importante que se debería facer en todos os colexios, xa que nos manifestamos para defender a dignidade da muller. Os poemas que recitaron son moi bonitos e totalmente certos.
Publicar un comentario