venres, 17 de marzo de 2017

Visita guiada ao buque oceanográfico Ängeles Alvariño














































7 comentarios:

EMOCIONES dixo...

O pasado 15 de marzo os alumnos de 1º da ESO fomos a unha visita guiada á exposición do Instituto Oceanográfico de Vigo. Esta actividade tiña como obxectivo aprender moitas cousas sobre as Ciencias do mar dunha maneira divertida. Por exemplo que os camaróns se meten de pequenos nunha esponxa de mar e quedan a vivir alí para sempre e é proveitoso para as dúas especies.
O primeiro que vimos foi o barco, logo o colector dos instrumentos básicos, e por último a exposición e o museo.
Paseino xenial, foi a mellor saída no que levamos de curso.

Unknown dixo...

A excursión na que fomos o outro día gustoume moito, xa que visitamos un barco, un museo...
O barco era moi grande e moi impresionante, o que máis me gustou foi a ponte de mandos.
As monitoras eran moi simpáticas e graciosas, de feito unha delas contounos unha lenda que dicía:
Merlín deulle ao Rei Arturo unha pedra branca, el díxolle que se facía algunha cousa mala esa pedra volvíase de cor negra, pero resulta que esa pedra era un OTOLITO, esa pedra non se cambia de cor.
A única pega que lle poño e que foi un pouco extensa de máis e que pasei un poco de fame.


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ot%C3%B3lito

Unknown dixo...

A min persoalmente esta visita gustoume moito, aprendín moitas cousas novas, por exemplo: que é a roseta, como os científicos estudan o mar, como é a ponte de mandos, como é a cuberta, o laboratorio, tamén miramos os camarotes. O que me encantou foi a cociña e o comedor. O que non me gustou foi que o barco se movía xa que me mareaba. Pero estivo bastante ben ; gustaríame facer máis saídas deste tipo.

Unknown dixo...

A excursión que fixemos o mércores 15 de marzo de 2017, gustoume bastante e aprendin moitas cousas como o que é unha roseta: é un aparello que ten botellas con dous buratos, un por enriba e outro por abaixo que cando chegan á profundidade que se quere, cérranse os buratos e esa auga queda para analizala.
O único que non me gustou da excursión é que se fixo bastante extensa e acabamos moi cansos e esfameados.

Unknown dixo...

o día 15 de marzo, mércores, fixemos unha saída ao instituto oceanográfico de Vigo. Eu aprendín moitas cousas, no barco por exemplo, aprendín que é a roseta, vimos o laboratorio, a ponte de mandos e estivemos co mesmísimo capitán. Sacámonos moitas fotos. O que non me gustou tanto foi que a visita se fixo moi longa e todos tiñamos fame. De todas formas estivo bastante ben.

mrx.esp dixo...

Na saída ao barco do I.E.O. aprendemos como é a vida nun barco. Ensináronnos o comedor, os camarotes, a ponte de mando e a roseta que é un instrumento que colle auga para ver o nivel de plancto, a temperatura e os niveis de contaminación. Ao saír do barco ensináronnos un colector que utilizan como laboratorio en alta mar.

Unknown dixo...

Estivo moi ben que o profesorado decidise facer esa saída, porque aprendemos moito sobre oceanografía, como os aparellos que utilizan e utilizaban para tomar mostras e investigar sobre os peixes e a contaminación, as partes do barco,etc. Pero sen embargo teño algunhas críticas:
-Os tripulantes do barco non explicaron demasiado ben, daban moi pouca información e con palabras que non entendiamos, fixérono mellor os científicos da exposición.
-E creo que debería ter durado menos, fixéronse demasiado pesadas tantas explicacións, e na metade da exposición moitos nenos xa non prestaban atención; quizais para xente máis maior estaría ben tanta información pero para nós non porque somos pequenos e non temos tanta capacidade de atención.