martes, 14 de xuño de 2011

Folk music from Galicia - Semper Idem : Deixame subir



NESTE ENLACE darás con máis traballos  Arany Zoltán, que se adica a reinterpretar as músicas do mundo.
Neste caso temos un vello tema popular galego ( Déixame subir ao cuarto da criada / déixame subir que non lle fago nada ) reformulado musicalmente e traducido ao castelán con mestura galaica. O máis simpático  é que Zoltán é un músico húngaro e co seu grupo anda a investigar na vella tradición musical europea. Na súa canle en youtube hai vídeos con música medieval moi interesantes. Que o disfrutedes.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Gostei moito deste video, eu cantabao nos furanchos daquela maneira
Fernando - Galaxia

tirarrollas dixo...

Alégranos , Fernando. Está claro que nos furanchos é nos poucos sitios onde aínda vive a cultura enxebre deste país. Un saúdo para toda a Galaxia.