venres, 5 de novembro de 2010
Mariña
Camiñando polas musicais ondas azuis, decateime da importancia do vagalume que tanto axuda ás persoas que viven do mar. Pensa que se non fose por el, todos os metatais flotantes dirixidos por alguén poderían sufrir grandes catástrofes.
Tamén pensei no gran perigo que corren os grandes xardíns abastecidos de peixes e outros tipos de criaturas máis ou menos perigosas.
Pero o máis mortal é esa gran boca azul escumosa que pode tragar calquera cousa,como por exemplo os sulcadores mariños que tanto proveito sacan del
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
estupendos ese vagalume como un faro na noite e ese xardín abastecido de peixes
Publicar un comentario