xoves, 17 de xuño de 2010

1º Premio de Narrativa no Concurso Literario das Letras Galegas 2010


BICOS USADOS

Non llo dixo nunca, pero acostumou a observalo mentres traballaba. Encantáballe ver aquela expresión de concentración no seu rostro; facíao moi atractivo.
“Quizáis foi así como comezou” díxose ela en máis dunha ocasión. Miradas furtivas no despacho, cando ninguén os vía, ou iso querían crer. Sorrisos a medias e roces casuais.
Foi duro para ela ter que ocultar todo o que sentía por el, de cara aos demáis. Era moi duro finxir que non sentía nada cando el dicía o seu nome en voz alta nas interminables reunións, as risas a medias na cafetería ou os roces polos corredores. Era terrible acercarse aos seus beizos e non poder bicalos cando lía o desexo nos seus ollos, ou cando a súa man se deslizaba suavemente polas súas costas mentres camiñaban xuntos polo corredor. Aprendeu a finxir, e fíxoo tan ben que chegado o momento pensou que non sentía nada por el. Así era máis doado. Pero as bolboretas da súa barriga sempre dicían a verdade.
Aínda hoxe, despois de tanto tempo, un lixeiro calafrío percorre a súa espalda cando lembra a primera vez que el a bicou. Non o previra, ela fora a máis sorprendida. Levaba tempo crendo que os sinais que el lle mandaba formaban parte dun inocente coqueteo. Que nunca chegarían a nada. El estaba casado. CASADO. Repetía mentres recollía as súas cousas da gran mesa central. Soamente quedaba ela por marchar á casa, e miraba de esguello a luz acesa que saía da porta do seu despacho. Tratou de loitar contra o desexo de entrar alí e facerlle o amor enriba da mesa da oficina. Pero era o desexo o que falaba, non a súa mente.
O primero bico foi unha mestura de todos os seus desexo reprimidos. Quizáis foi a calor premonitoria do verán ou o esgotamento por pasar a tarde enteira con aqueles rapaces descarados os culpables. O conserxe esperábaos falando coas mulleres da limpeza e agradecendo que fose venres. A calor inundaba o edificio que a pesar da ausencia de chamas parecía estar ardendo.
Antea levaba o pelo recollido, unha blusa branca entreaberta e unha saia negra que conseguía enxalzar, aínda máis se cabe, a súa figura. Podíanse ver as súas infinitas pernas apoiadas nunhas sandalias escuras con algo de tacón. Encantáballe sentirse tan feminina diante del.
Elías tiña o seu xersei verde na man e a camisa demasiado desaliñada. Nunca o mirara con aquel aspecto tan descoidado, estando el sempre preocupado en coidar a súa imaxe cara aos alumnos. Quedaban soamente eles dous.
- É unha tortura quedar neste sitio ata tan tarde - comentou el mentres ficaba apoiado na parede do corredor. Ela volveuse e dedicoulle un daqueles sorrisos que gardaba soamente para el.
- En días coma estes o mellor é ir tomar un grolo - seguiu camiñando, facendo notable a súa implacable beleza feminina.
Elías non puido evitar mirala de arriba abaixo mentres avanzaba tras ela. Nese momento Antea xirouse de novo para cachalo mirando os seu nocellos. Caera na trampa.
- Caeuche algo, Elías? - o home, aturdido, alzou rápidamente a cabeza.
- Non, eu só… bonitas sandalias - dixo mentres entornaba os ollos.
- Grazas - agradeceu moi compracida.
Camiñaban cara á saída, dedicándose miradas que algúns poderían cualificar de lascivas, cando Antea tropezou moi oportunamente. A súa man dereita foi parar ao brazo de Elías, mentres el trataba de evitar a caída colléndoa pola cadeira. Os dous acercáronse máis do políticamente correcto. Os seus rostros separábanse só uns milímetros. Mirábanse, non podían deixar de mirarse. Antea sentía como o seu corazón comezaba a latexar dunha forma desenfreada. Avergoñouse ao pensar que poderían soar tan alto como para que Elías os escoitase. Pero quería que el o escoitase.
Elías separou o brazo que a rodeaba. Por un intre ela pensou que todo rematara, que a maxia que os embargaba desaparecera nuns segundos. Baixou a mirada. Pero Elías alzoulle a cabeza delicadamente, buscando a súa mirada. Sorriulle como só el sabía facelo e comezou a acercarse moi lentamente. Ficou queda, agardando o momento do contacto que tan sensualmente se estaba a prolongar. Os seus beizos rozáronse levemente, como con medo. Ela pechou os ollos para sentir aquel roce, e deixouse ir nos seus brazos que firmemente a suxeitaban. A sensación cálida do seu corpo contra o seu permitiulle experimentar sensacións ata daquela insospeitadas e perigosamente atraentes. Dunha volta aquel simple bico converteuse nun moito máis profundo e paixonal. Antea aferrou con forza a camisa del. Os beizos entreabertos deixaron escapar un lixeiro suspiro e o seu cálido alento mergullouse en cada un dos seus poros. Percatouse de que Elías aferrábaa con forza contra o seu corpo, coma se non quixese separarse dela; coma se non fora quen de apartarse. Bicáronse unha e outra vez embriagados por unha extáse que non parecía humana. Ela divertiuse mordéndolle o beizo inferior con tenrura mentres el exploraba a súa figura por dentro da blusa ata chegar ás súas costas. Era o desexo o que tomara o control. Non lembraban onde se atopaban nin quen os podería ver; perderan todo contacto coa realidade cun simple bico. A súa respiración entrecortada deu paso a unha loita frenética sen control por precisar máis do outro. Elías colleuna pola cintura e levouna en dous pasos á parede preto da porta. Sentíao tan cerca, e máis cerca quería sentilo. As mans del deslizábanse polo torso de Antea mentres ela xogaba coa súa boca dunha forma nova e excitante. Pensaba que estaba a volverse tola. O sangue non chegaba á súa cabeza, e non podía, non quería pensar.
O son duns pasos que avanzaban cara a eles fixo eco nas súas cabezas e cortoulles a respiración. As luces apagáronse e César, o conserxe, dobrou a esquina contraria á que estaban eles. Percatouse da situación en cuestións de segundos, finxiu que non os vira e torceu á dereita para saír pola porta.
Miráronse, sentindo aínda a calor nos seus corpos. Elías afastouse uns centímetros, pero Antea podía notalo sobre ela. Fitouna con mirada culpable e recuou algúns pasos para deixala respirar.
Querían máis. Desexaban máis. Ánbolosdous souberon cunha ollada que non se atreverían a retomar o que ata entón era pura paixón desenfreada. Antela peiteou os cabelos e botou unha man ao peto. Amosoulle as chaves dun coche.
- Vés? - invitou nun susurro.
Elías non tivo tempo de pensar e seguiuna coma hipnotizado. Deixouse levar polo seu olor a lilas.
Aquel desexo durou seis meses. Seis meses labrados na súa pel día a día.

Non llo dixo nunca, pero acostumaba a desexala en segredo. Nunca pensou que podería desexar tanto a unha muller como desexaba a Antea. Sabía que xa pasara moito tempo desde que todo sucedeu. Pero aínda hoxe, cada vez que a miraba traballando na sala de profesores, desexábaa en segredo.
Quizáis foi así como rematou, cando o seu corpo comezou a desexala máis alá dos límites. Cando estar a soas con ela e reprimirse se fixo insoportable. Cando aquelas miradas, aqueles sorrisos e aqueles roces non eran suficientes.
Foi duro ter que escoller entre o seu corpo e a súa mente. O seu corpo bicáraa aquel día, e a súa mente afastouno de ela.
Sabían que o seu final estaba escrito dende o comezo. Seis meses máis tarde o que comezou nun bico rematou en bágoas.
- Que estamos a facer, Elías? - preguntoulle ela nunha desas noites tormentosas tan comúns na Galiza.
- Estamos na túa cama, mirando Land Rober, escoitando a choiva; estase ben - contestou, eludindo o evidente.
- Vamos… - replicou poñéndolle os ollos en branco.
- Non o sei - respondeulle finalmente.
O silencio apoderouse do cuarto. Elías respiraba o arrecendo a froitas que emanaba do seu pelo, mentres os dous meditaban as súas palabras.
Antea incorporouse sobre a cama; el deixou os seus lentes a un lado. Intuían que o final achegábase, estábase a escribir naquel intre. Ningún quería crelo.
- Elías… - ela trataba de articular algunha frase coherente, pero as palabras non poderían describir o que sentía.
- Non digas nada - cortou con voz seca e impersoal. Algunha forza allea á súa mente impedíalle deixar de mirala aos ollos.
- Agora que? - unha bágoa surcou a meixela de Antea.
Non soportaba vela sufrir. Incorporouse e achegou a súa cara á dela. Bicouna. E aquel bico con sabor ás súas bágoas sóubolle doce e amargo. Deulle unha aperta, e ela notou os seus brazos trémulos rodeando o seu corpo. Aferrouse á súa aperta. Nunca a desexara tanto coma daquela, pero todo rematara xa. Aínda que ese bico deu paso a outro máis lento e profundo. Antea intentou respirar toda a esencia do seu derradeiro bico. As súas mans comenzaron a percorrer un corpo que xa coñecían. Tumbouna na cama e agarimouna coma se nunca antes o fixese. Ela tratou de comprendelo, intentou ler nos seu ollos. Apretouna con forza mentres bicaba cada milímetro da súa pel, deixando pegadas. Aquela sería a súa amarga e doce despedida. Sería a derradeira vez que Antea fose súa en corpo e alma, que a sentira tan preto del. Aquela noite, Elías fíxolle o amor con toda a paixón e toda a rabia que sentía ao saber que non estarían xuntos nunca máis. Quería ver o seu corpo tremer unha última vez baixo o seu, que ela soubese canto a quería. As bágoas brotaban dos seus ollos mentres a bicaba de novo. Sabía que non volvería bicar así.
A lembranza dos seus beizos viviría nos seus bicos que xa marcados serían sempre bicos usados.

7 comentarios:

tirarrollas dixo...

O máis interesante deste relato, para o meu ver, é o xogo temporal. Empeza cando xa a historia pasou, é todo un flash back, unha volta atrás. Relato retrospectivo. A historia reconstrúese dende o principio, demora no principio ofertando todo luxo de detalles, se cadra porque nas historias de amor o mellor sempre é o inicio, mentres non hai costumes. Despois hai unha elipse temporal de seis meses, o que durou a relación e no último tramo do relato precipítase unha final infeliz de ruptura, que eu non dou entendido moi ben por que.
A autora do texto atreveuse cun par de escenas tórridas moi ben desenvolvidas. Xoga coa narración omnisciente, pois accede aos sentimentos e pensamentos internos dos seus personaxes. Boto en falta o monólogo interior intercalado na narración.
Felicitacións polo teu texto e polo premio. Non deixes de escribir.

Anónimo dixo...

Non o dixemos aínda e é un dato importante, a autora deste relato gañador cursa 4º da ESO no noso instituto.

Anónimo dixo...

Este foi o relato que máis nme gustou
porque non é a típico historia de fantasía que todo o mundo está a escribir últimamente. Poderíase clasificar como unha historia de amor real que, casualmente, recórdame moito (sobre todo os nomes) a dous profesores do instituto jajajaja.
Tamén gustoume moito esa descrición tan lenta e minuciosa de como se bicaron a última vez, e a última noite que pasaron xuntos. Fun capaz de meterme na situación lendo iso, e está moi moi ben. Teño lido outras cousas desta autora e este tipo de descricións saenlle de maravilla, é unha artista neste tipo de relatos tórridos. Non sei onde se inspirará!!
Pero non comprendín moi ben porque o final é tan triste, supoño que foi porque un deles estaba casado.
Finalmente, animar a miña compañeira porque poderíase dedicar a isto!! Proba na editorial Galaxia!!
biquiños aos internautas =)

Marta Castanha

Anónimo dixo...

Encantoume!
Esta histiroa é moi interesante que engancha e faite lelo ata o último punto porque non é coma toda-las historias na que os persoaxes son felices e comen perdices,senos que é una historia moi realista porque este tipo de cousas son comúns na sociedade humana os amores en segredo e os amores verdadeiros.Pero tamén como todos savemos toda-las las cousas por maís fermosasque sexan chegan a súa dolorosa fin.Encantoume esa forma de describir a paixón entre Antea e Elías e tamén que este llega a enamorarse profundamente por ela apesar de estar casado.

MARILIN

Anónimo dixo...

Esta historia é a miña preferida
porque gustánme moito as historias de amor.
ademais as personaxes recórdanme moito
a dous profesores que coñezoo :D
Dame moita pena que despois de seis meces
xuntos tiveran que dejalo :(
E por suposto quero moitisimo a autora e faino estupendamente!! (L)

Animada

Anónimo dixo...

Encantame o relato. Non me estrana que gañara o concurso literario, a autora deste relato ten moitísimo futuro.

Sambora

Anónimo dixo...

Síntome moi alagada polos comentarios que puxéchedes do meu relato. Aínda que na contra de escribir tantos piropos agardaba algumha crítica negativa para melhorar.
A verdade e que inspireime na rutina na que vivo, e observei algumhas conductas que resultáronme... curiosas xP
Alégrome tanto de que vos gustase, tanto polas críticas que lin aquí coma as que me dixestes en persoa, que algumhas companheiras animáronme a escribir un blog. Espero saber entenderme con internet antes de que se me revolva xD Por suposto encargareime de que saibades a dirección aqueles aos que vos interese.
Como dicía Rosendo: AGRADECIDA =)
biquiños de chocolate, pequenos saltamontes ;)

Carlotti