Aquí tendes un exemplo do que podedes atopar en flocos.tv, o último en oferta audiovisual creativa feita en Galicia. Neste caso é un vídeo de animación, pero hai tamén documentais, ficción, formato longo, etc. As primeiras longametraxes en galego, as históricas :SEMPRE XONXA, URXA, CONTINENTAL...permiten ser vistas dende a pw e , se vos rexistrades, podedes engadir comentarios. Que a disfrutedes.Para acceder só tendes que picar na palabra flocos que aparece no vídeo.
4 comentarios:
Moi divertida a animación :)
Esto demostra que a indrustria audiovisual en Galicia está avanzando e empeza a ofertar cousas realmente interesantes!
Este video ten moita imaxinación e animación é coma a guerra dos mundos só que entre o materias de ecribir contra os mauses. Penso que este video ten doble inteción,a primeira é promocionar as tabletas inalamabricas ainda que non sea o seu oxetivo e o segundo é cocienciar a xente que a tecnoloxía avanza moi rápido e hai cousas k se están a interponer ante outras.Pero con esta longametraxe nos enseña que podemos complementar os materias de escribir cos orenadores e que cada un ten o seu propio funcionamiento e son iguais de importantes.O que maís me gustou é cando cada material intenta defenderse coas suas mellores armas"funcione".
Marilin
Tanquilos, machiños! hahaha
Este vídeo e moi bom, super orixinal e tamén moi cómico. Claramente, demostra que a tecnoloxía avanza, pode que imperceptiblemente, dumha forma gradual pero continua. Dame moita mágoa a pinturinha vermelha, a que nom deixan pelexar. O melhor foi cando o lápis tourea co capote ao rato! e non me gustaron nada os Pilot que non deixaban pasar á pinturinha vermelha.
En definitiva: a tecnoloxía estase a abrir paso aos poucos, e cada vez son menos as cousas que xa nom nos custan trabalho. Pode que iso asuste a algúns (inclúome nese pequeno, pero conservador grupo) pero a realidade é esta. Por suposto para avanzar o melhor que podemos facer é melhorar se ningúm medo.
Aínda que anhadirei que en caso de liorta entre os ratos de ordenador e material "analóxico", loitaría no bando das tesoiras, pinceis, rotuladores e pinturinhas vermelhas.
Carlotti
O que máis me gustou de este video foi a idea
de mezclar as tecnoloxías antigas coas modernas e facer unha soa. Desta forma penso que as cousas que menos teñen en común son as ke ao final se poden compaxinar mellor.
Marta Castanha
Publicar un comentario