martes, 24 de maio de 2011

COIA, COIA

A miña nai viviu a súa infancia no Chouzo, en Coia. Cando lle preguntei o que cambiara dende aquela ata agora, díxome que todos os edificios que hai agora, antes non existían. Que todo era campo. Que a Avda Castelao era moito máis pequena. Que nos sitios onde agora están os edificios do Xulgado e Facenda, antigamente eran veigas de cultivo. O único que non sufriu tantos cambios é o lugar dom Chouzo, onde ela naceu e medrou.
Na zona da Bouza, antes estaban as cocheras dos tranvías, pero ela xa non os lembra funcionando. Si pode lembrar os trolebuses. O que hoxe se coñece como a praza da Miñoca, antes era todo terreos verdes.

Meu pai, en cambio, é de Cartagena, de Pozo Estrecho. Pozo Estrecho é unha vila máis ben grande. El di que non cambiou moito, tal vez algunhas casas máis pero nada de grandes edificios. Fixeron estradas nas aforas onde antes había só camiños. A cidade máis próxima é Torre Pacheco, cando el era neno era moito máis pequena.  Comparando doume conta que en Vigo houbo unha auténtica explosión urbanística en pouco tempo.

praza adicada ás miñocas que ventilan a terra,
un dos centros apacibles de Coia
Flash back aportado por...................CHUS

7 comentarios:

Mpima dixo...

Está ben elaborado e describiches a cidade con orde. Paréceme un moi bó relato

EFFO dixo...

Gustoume moito esta trasformación urbanistica. A autora gustame moito pero creo que ela é moi pomposa nas descripcións, pèro gustame moito. SEGUE ESCRIBINDO GHUAPISIMA un bico

Marta Castaña dixo...

A transformación urbanística de esta autora é o claro exemplo de autodestruccion da beleza rural. Gustoume moito, sigue escribindo nana :D

Celeste dixo...

Enriquecedora comparación do futuro co presente. Nótase que a autora está moi ben documentada.

Ananita dixo...

Os cambios que hai nas vilas son incribles, como agora está todo moito mais urbanizado. É unha pena que xa non teñamos tantos campos e que todo estea baseado nas novas tecnoloxías e agora temos así tanta contaminación. Xa vemos que son poucos os sitios que non cambian,xa que hoxe en día se urbaniza todo.
Explicas moi ben como cambia todo con esta explosión urbanística que tivemos.
Un bico :)

Anaita dixo...

Os cambios que hai nas vilas son incribles, como agora está todo moito mais urbanizado. É unha pena que xa non teñamos tantos campos e que todo estea baseado nas novas tecnoloxías e agora temos así tanta contaminación. Xa vemos que son poucos os sitios que non cambian,xa que hoxe en día se urbaniza todo.
Explicas moi ben como cambia todo con esta explosión urbanística que tivemos.
Un bico :)

Lúar dixo...

É increíble como os nosos pais viviron nun Vigo tan diferente do que temos hoxe en día. Tiveron que vivir moitos cambios é eu non imaxino que a miña cidade, tal e como a coñezo hoxe poida ser moi diferente cando teña a idade dos meus pais.