mércores, 24 de febreiro de 2010

poema em imaxes 6 Madrigal á cidade de Santiago


Este é o 1º dos seis poemas galegos de Federico García Lorca

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brilla entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de soño
cobren a baleira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laios de pedra e cristal-
Olla o vento esvaído
sombra e cinza do teu mar.

Sombra e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Auga da mañá anterga
trema no meu corazón

1 comentario:

tirarrollas dixo...

Este é un dos sete poemas galegos de Federico García Lorca. No vídeo non aparece o texto íntegro. Algunhas palabras como SOMA (sombra), AGOA (auga) poden dificultar o entendemento do texto. En todo caso, o poema é unha fermosa louvanza da vella cidade de Santiago identificada como lugar propicio para o amor. Hai versión musicalizada de Luar na Lubre.
O fondo musical que aparece no vídeo é de Yann Tiersen e titúlase "Comptine d'un autre été". Moi lindo