Esta é unha conexión online e musical cun dos grandes poetas europeos da modernidade: Charles Beaudealaire. Recentemente Gonzalo Navaza publicou a tradución ao galego da súa obra mestra: AS FLORES DO MAL, con metro e rima, nun intento de respectar os moldes utilizados polo escritor.A versión musical dos poemas inmortais de Beaudelaire está feita polo cantautor francés LEO FERRÉ que foi quen de tirarlle tanto partido aos textos que, de verdade, algunhas interpretacións meten medo. Beaudelaire forma parte dos coñecidos como poetas malditos que marcan a transición entre o séc.XIX e o XX, dando o tiro de graza ao Romanticismo e anticipando as vangardas poéticas que estalarían como un oubeo no 1º terzo do século pasado. Os ecos deste oubeo cheo de rabia escoitámolo aínda hoxe nos novos poetas que, coma eles, arremeten contra o puritanismo e o decoro hipócrita das clases máis acomodadas. Por último lembrar que AS FLORES DO MAL foi un libro prohibido, o seu autor foi xulgado e condenado por inmoral ao igual que lle pasou a Curros Enríquez coa súa sátira anticlerical titulada O DIVINO SAINETE.
1 comentario:
Esta é unha conexión online e musical cun dos grandes poetas europeos da modernidade: Charles Beaudealaire. Recentemente Gonzalo Navaza publicou a tradución ao galego da súa obra mestra: AS FLORES DO MAL, con metro e rima, nun intento de respectar os moldes utilizados polo escritor.A versión musical dos poemas inmortais de Beaudelaire está feita polo cantautor francés LEO FERRÉ que foi quen de tirarlle tanto partido aos textos que, de verdade, algunhas interpretacións meten medo. Beaudelaire forma parte dos coñecidos como poetas malditos que marcan a transición entre o séc.XIX e o XX, dando o tiro de graza ao Romanticismo e anticipando as vangardas poéticas que estalarían como un oubeo no 1º terzo do século pasado. Os ecos deste oubeo cheo de rabia escoitámolo aínda hoxe nos novos poetas que, coma eles, arremeten contra o puritanismo e o decoro hipócrita das clases máis acomodadas.
Por último lembrar que AS FLORES DO MAL foi un libro prohibido, o seu autor foi xulgado e condenado por inmoral ao igual que lle pasou a Curros Enríquez coa súa sátira anticlerical titulada O DIVINO SAINETE.
Publicar un comentario