Eu pensei que estaba na clase de galego pero estaba nun avión no que non habia ninguén, entón un
señor apareceu detrás de min e díxome que tiña que saltar ou senón
matábame, entón saltei sen paracaídas do avión. Ía soar o timbre pero no
lugar do timbre soou o meu espertador.
TheDani
Un
Depor-Celta estraño
Estou
situado no estadio do Deportivo da
Coruña vendo o Depor-Celta, no
primeiro
minuto marca gol o Celta,de súpeto aparezo
en
Balaídos e
cando me dou conta estaá a piques
de
caerme o marcador enriba e antes
de
bater na miña cabeza esperto
BARRABAIXA
 |
Mathias |
CARA O PARQUE
O sol petaba na ventá do meu cuarto. Esa chamada fíxome saír da casa. Camiñei alegremente
ao parque. De súpeto escoitei un ruído coma un trono, sentín
moita calor como se estivese cerca dun forno. Algo caeu sobre a miña
cabeza. Unha pedra dura como o ferro, grande coma unha torre e quente
coma o sol. Escoitei a sirena dunha ambulancia. Non sentía o meu
corpo, só podía pensar.
Sentinme aterrorizado, de
súpeto a sirena da ambulancia parou. Nese momento espertei.
semprFCbalcelona
Durmindo
en clase
Estou
nun cárcere e teño ao meu lado a Mario e a Roque , pregunto que
fixemos, Roque dime que atracamos un banco, quedo abraiado, cerro os
ollos
e cando os abro estou na clase e bérrame o profesor por estar
durmindo en
clase . Cando me van pór un parte xusto esperto, esta vez
de verdade.
Sempre Celta
 |
Patrick |
ATROPÉLANME
CINCUENTA COCHES
Estou
na entrada dun aparcamento e atropélame un
coche,aparezo noutro
aparcamento e atropélame outro
coche,pásame isto repetidamente cada
vez nun aparcamento
distinto,ata que un me empurra ao baleiro e
caio nun burato
negro, esperto no chan cunha almofada encima moi
asustado
UNHA NOITE ARRPEPIANTE
Estou mirando unha película no salón. Cando remata vou á cama, e cando chego sinto unha man na miña cara. Eu asústome, pero déixoo pasar. Esa persoa cólleme e lévame á cociña. De súpeto colle un coitelo e crávamo na perna, cando esa persoa vai coller unha pistola á miña habitación, eu collo un machete, teño pensado cravarllo cando chegue. Cando chega ten unha pistola na man, e cando dispara eu esperto.
PIOLIN
O meu can:
Eu estaba co meu irmán no salón da miña casa vendo a tele, de repente entrou o meu pai que quedou mirándonos, logo chamou a miña nai que entrou ao salón cun cachorro de can en brazos, eu levanteime moi rápido e pedinlle que mo deixase coller e púxenme a xogar con el. O meu irmán quedou sentado xa que a el non lle gustaban os cans pero pouco a pouco fun conseguindo que cada día lle gustasen máis. Ao final pasou toda a súa vida con nós e converteuse no meu mellor amigo.
ONUBR
O SORRISO
Eu estaba só no meu cuarto e de repente houbo un apagón. Collín unha lanterna e baixei as escaleiras, e cando cheguei ao contador oín unha risa que viña de arriba.Subín as escaleiras e decateime de que había sangue nos escalóns, e de pé no meu cuarto vin unha figura vestida de branco a xogo coa sua pel, tiña un sorriso tallado na boca cun coitelo e os ollos estaban rodeados dunhas marcas negras. Díxome: VAI DURMIR.
VAGALUME
De excursión a Príncipe
O miña familia e eu fomos a Príncipe, e entramos nun edificio que tiña moitas habitacións, fóra das habitacións había moitas pantasmas e intentando escapar facendo parcurt polas escaleiras demos saído. A miña nai quedara no edificio e logo fomos mercar peituga de polo para levarlla á planta 0 que aí non había pantasmas .``Puf ! menos mal que se salvou´´.
LEÓN
NON ABRAS A PORTA
Estou na miña casa coa miña tía e alguén esta petando na porta. Cando a abrimos uns señores entran
de súpeto cunhas pistolas na man , din que van matarnos e nos ante o perigo saltamos pola ventá, e
no momento que Imos chegar ao chan esperto e vexo a miña tía durmindo.
O COCHIÑO
Eu andaba a pasear polo bosque cando de sócato aparece un coche diante miña, baixa un negro e méteme no maleteiro, cando me saca de ali aparecemos nunha nube con xente que trousa arcoiris, un tróusame arcoiris na cara ,e volvo aparecer no momento en que vén o coche, esta vez atropélame e esperto.
PEPE
DOCES SOÑOS
Todo estaba feito de gominolas e as persoas de chocolate, eu estaba cos meus primos e cos meus gatos de chocolate. Cando pasamos polo río Miño víanse peixes de caramelo saltando sobre auga de caramelo. Eu tiña un can de regaliz e ía con el xogar no río.
 |
Daniel Gómez |
A BONECA DO DIAÑO
Eu estou estudando para un exame. Unha boneca está na ventá da miña habitación, vexo o
libro e despóis miro a boneca, observo que a boneca cambia de postura, déixoo pasar,
miro de novo o libro e despois dun anaco vexo a boneca con outra postura, logo baixo da
cama, miro para atrás e vexo que a boneca esta baixando rápido, e cerro a porta
rápidamente, coa coa miña irmá dentro. Vou ao salón, como si non pasase nada, prendo
a tele, collo a nintendo e empezo a xogar. Vén a miña irmá, déixame ao lado a boneca,
vai para a cocina coller un coitelo, déixao na mesa que está diante da boneca,
eu durmo un anaco, cando me esperto vexo a boneca diante miña co coitelo a punto de
cravarme, esperto, a boneca estaca co coitelo, esperto de novo, e a boneca
segue co coitelo ...................
A OVELLA VERMELLA
 |
Estela |
FORZA EXTREMA
Eu saía da miña casa coa miña nai, o meu pai e a miña avoa. Estabamos camiñando tranquilamente pola beirarrúa cando unha moto moi pequena bateu contra un edificio moi alto. O edificio comezou a tremer e de sócato caeu ao chan. Todo o mundo botou a correr. Sabíase que o edificio era vello, pero ninguén imaxinaba que podía caer co impacto dunha moto. Finalmente descubriuse que o home da moto tiña unha forza extrema e foi el o que tirou o edificio simplemente con tocalo. Eu tiña moito medo dese home, cando de súpeto espertei e quedei moi aliviado.
elpableras2004
O SEÑOR DE TRAXE ESMERALDA
Estaba escoitando a radio cando de súpeto apareceu na porta da miña habitación un animal moi estraño: tiña ollos de gato, orellas de can, patas de parrulo e corpo de coello. Díxome: -Hai que marchar, estannos buscando-.Eu quedo sorpendida e o animal ensíname un cartel de busca e captura. Non me dá tempo contestar cando vexo que estamos nun parque de atraccións abandonado.
Abéiraseme un señor moi baixo cun traxe verde esmeralda. Lévame ata unha casa, alí hai un mesa moi grande coa comida xa posta. Véxome nun espello e xa non levo o pixama, levo un vestido azul e o meu pelo está recollido en duás trenzas. Esperto na miña cama pola mañá e vexo a miña nai diante de min.
A CAFETERÍA MALDITA
Un día eu,o meu tío e a miña irmá decidimos ir a unha cafetería. Nela a
dona é unha señora vella. Mentres tomamos o que pedimos ,doume conta de que
hai unha señora morta nun canto. Nese momento os camareiros empezan a
empurrarnos con sables, e a miña irmá escapa do lugar. E, cando están a
punto de atacarmos, esperto.
Xoana a tola
 |
Laura Andreu |
O MEU PEOR SOÑO
Espertei na miña habitación, o ambiente era moi escuro, non había ninguén, non se escoitaba nada, era todo moi raro.
No meu soño eu estaba indo para a escola, tampouco había ninguén, aínda que non había sonido, escoitábanse uns ruídos estraños que saían da parede. A situación estaba empeorando, escoitábanse susurros que non entendía, sentía as paredes sendo golpeadas, como se alguén intentase sa´rr delas e había marcas de mans.
Saín do colexio, o ceo víase totalmente vermello sangue, entón apareceu unha sombra miña moi escura, os ollos eran totalmente negros, parecían dous buratos baleiros e dixo: “Fuches ti, ti fixéchelo”. Espertei, todo parecía normal, nada raro. Ao saír sentinme moi estraño, doíanme os ollos, o ambiente volveu e a sombra tamén e dixo “agora o entendes, ti xa estás morto” e vinme a min mesmo colgado dunha soga chorando sangue.
ESMAGAMENTO COMPLETO
Estou nun rally de coches, paseando coa miña nai, coa miña irmá e cuns amigos,
desanóanse os amallós e téño que parar, quedo atrás e cando vou cruzar,
non está a miña irmá, desapareceu, e de súpeto, miro a miña irmá, vén
conducindo un autobús e empézame a esmagar, e cando estou morta e todos están
a rir de min, esperto.
LOIRIÑA
O SOL DA MORTE
Hai un sol que se acerca á miña casa e traga os meus xoguetes.
Escapo pero a porta está moi quente,tócoa e quéimome. Os meus
pais non están e o meu irmán non sei por onde anda. Sinto como
o sol se acerca máis e máis pero parece que nunca vai tocar a
terra,e o meu sufrimento non termina e quero terminalo agora.
Intento cravarme un coitelo pero empeza a aboiar e acabo
chamuscada.
Vexo como un espacio negro cae sobre min e de súpeto
esperto.
GALLETIÑA
OLLOS NEGROS
Bruno está no chan dun submariño, durmindo, e eu ao seu lado cos ollos completamente negros e chorando sangue, collín a Bruno e leveino; máis tarde fun ao país dos pesadelos,pero equivoqueime de camiño e cheguei ao dos bos soños, con chourizos que bailaban hip hop e piruletas falangueiras pero Bruno escapou, teletransporteime diante del e agarreino do pescozo, miroume aos ollos negros, sen alma, cando unha lágrima de sangue o tocou ameaceino dicíndolle que o deixaría como a min, un rapaz sen alma, sen piedade, un asasino; todo se volveu escuro, un brazo sen vida asomou da escuridade, o de Bruno; empezouse a escoitar sangue pingar, cando para de gotexar, un chío estarrecedor empeza a soar e esperto.
STREETHERO900
O lavadeiro rodante
Estou tumbada nunha especie de lavadeiro rodante.
Ao meu redor hai xente coñecida, como miña nai pero non distingo os rostros aínda que podo vislumbrar un médico pola súa vestimenta.
O lavadeiro, que empurra a xente que teño ao meu redor por un corredor cos marcos das portas coma os da miña escola e as baldosas do chan coma as das miña casa, ten unha especie de coador que non sei por que está porque aínda que estou morrendo non estou sangrando.
Vexo a xente desde a perspectiva de que estou eu tumbada no lavadeiro pero tamén vexo desde enriba a nena que está tumbada que non son eu, é unha nena paralítica que coñezo.
SKAY
O
balón en chamas
Eu
estou en Balaídos, vendo xogar o Celta, o porteiro saca de porta,
parece un saque normal, pero non. O balón comeza a ascender e sae
por riba do estadio. O xogo segue con outro balón, pero cando o
árbitro pita o final do partido, os da grada comezamos a ver unha
luz vermella. É o balón en chamas! Todo o mundo quEda véndoo, e
de súpeto, impacta contra o campo, pero antes de morrer, esperto.
Gal2004