luns, 13 de decembro de 2010

O movemento Agrario

Directorio Antiforista de Teis
5 de xaneiro de 1908

Agrarios de O Grove







HIMNO DE ACCIÓN GALLEGA

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrillar!

Que vexa a vila podre,
coveira da canalla,
a aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
desde a montaña ó mar.
Ergámonos sen medo!

Que o lume da toxeira

envolva na fogueira
o pazo señorial!

Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional!

Antes de ser escravos,
irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
dende a montaña ao val.

Ramón Cabanillas



Este é un poema escrito por Ramón Cabanillas no que o autor se ve integrado e fala como se fose un destinatario máis do poema, pois nel diríxese ao pobo galego para espertar nel o espírito rebelde fronte aos abusos dos amos da terra que escravizan os campesiños, para reclamaren os seus dereitos. Para facer isto o autor non utiliza unha forma de escritura moi adornada, o importante é a mensaxe e debe dicirse claramente para que o pobo a entenda. Podemos atopar algunhas hipérboles que dan contundencia ao que se quere transmitir, fálase de "derramar sangue a regos", pero o recurso máis utilizado é , sen dúbida, a invocación para alentar a rebelión. A voz lírica é un eu plural, un nós para demostrar que el se ve implicado na causa.
O poema son seis cuartetas de versos heptasílabos, con rima consonante no medio das estrofas e asonante os 4ºs versos entre eles, quedando o 1º solto. O ton é o adecuado para un himno e serviu para alentar as revoltas agrarias de principios do século XX pola redención dos foros.
Asinado: Luar, alumno de 4ºESO B

2 comentarios:

tirarrollas dixo...

A salientar o seguinte:
1. O uso de símbolos contrapostos: ALDEA // VILA
'labrego, escravo' // 'refuxio de canallas'
2. O fouciño simboliza ao campesiñado // o pazo ardendo é o símbolo dos donos da terra que perden o seu poder.
Como resultado da redención dos foros a escasa fidalguía galega desaparece pero no seu lugar virá unha clase dirixente nova: a burguesía industrial, que usará o castelán como lingua do poder.
3. ANTES MORTOS QUE ESCRAVOS será a consigna dos agraristas, das Irmandades da Fala e do Nacionalismo. Castelao inmortalizouna no escudo extraoficial que todos coñecemos
4.Saúde e terra.

Anónimo dixo...

O poema di que os galegos esperten e que se subleven aos señore. Que antes de ser esceravos e mellor morrer. O poema plasm<a que a aldea é a que traballa e a villa aproveitase do traballo desta.
Marta Castaña