xoves, 29 de novembro de 2012
xoves, 22 de novembro de 2012
colaxe de personaxes
Unha lenda chea de tolos
Na cidade de Vigo encontrábanse dúas mozas cunhas vidas moi diferentes. Unha moza chamábase Cinsenta, era unha rapaza que vivía na cidade, nunha enorme mansión, pero a pobre só podía disfrutar da sala de cine, da piscina e dos fermosos xardíns linpándoos. Tiña unha madrastra que non a deixaba saír ao centro comercial, e tiña terminantemente prohibido meterse no Tuenti e moito menos navegar por internet. En resumo, que non quería que Cinsenta disfrutase da vida para nada, só a quería para que atendese as súas medio irmás e que estivese encerrada na casa sempre, facendo as tarefas. A Cinsenta gustáballe un mozo chamado Hugo, que ía na súa clase, pero a Hugo gustáballe unha nena de nome Carapuchiña Vermella (ou iso era o que cría Cinsenta), porque no pupitre de Hugo poñía C por H, e un corazonciño ao redor decorado cunhas flores debuxadas. Cada vez que Cinsenta vía ese garabato poñíase furiosa con Carapuchiña vermella. Un día Cinsenta enteirouse de que Hugo ía celebrar o seu cumpreanos, e, por suposto as súas medio irmás ían ir, porque tamén elas estaban namoradas de Hugo. Cinsenta escapou e foi ao cíber, púxose contentísima ao ver o e-mail que lle mandou Hugo coa súa invitación á festa. Ao día seguinte na clase xa estaba a pelexar con Carapuchiña Vermella:
-Carapuchiña, mira a miña invitación á festa de Hugo- díxolle Cinsenta restregándolle a fotocopia que fixo da invitación.
-Ja, ja, ja, que fas Cinsenta? Hugo invitounos a todos e a todas incluida eu, así que fas o ridículo ensinándome esa invitación, e seguramente a túa madrastra non te vai deixar vir, como fixo con todos os cumpreanos de todos.
-Pero esta vez non vai ser o mesmo! Canto apostamos?- dixo Cinsenta moi convencida
Se ti o dis...ja,ja,ja- finaliza a conversa Carapuchiña rindo-.
E contestoulle Cinsenta nos seus pensamentos... (" Ao mellor, a ver se vas ser ti a que non veña á festa... Ja, ja, já).
Nada máis chegar a casa, Cinsenta dispúxose a facer un plan moi perverso, por primeira vez sacou o xenio da súa madrastra. Deuse conta de que en todos os plans tiña que haber algún cómplice e axudante, e buscou no seu móbil algún contacto que fose perfecto para a locura que ía cometer, e a persoa perfecta para iso era...Lobo! O neno que máis travesuras fixo na súa vida, ese neno era capaz de todo, por iso a súa sona de malo.
Por outra parte Carapuchiña vermella tamén quería facerlle algunha trastada a Cinsenta na festa diante de todos, para que se enteirase de quen era ela, pero non lle poñía ganas porque pensaba que seguramente a madrastra non a deixaría vir.
-Esa muller é moi mala -dixo Carapuchiña- nunca a deixaría vir a ningunha festa, Cinsenta para vir tería que escapulirse sen que ela se enterase... Entón xa está feito! Conseguirei o número desa muller e se me enteiro de que Cinsenta vén á festa vou chamar a súa madrastra.
Por fin chegou o día máis esperado para as dúas. As dúas levantáronse moi felices pensando na súper festa de Hugo e tamén pensando sobre a vinganza que ían facer...
-Ola, Lobo, vas facer o que che pedín?- dille Cinsenta-
-Si, levareina a unhas tendas, vale?
-Paréceme perfecto! Grazas.
Lobo foi falar con Carapuchiña Vermella...
-Ola, pódoche pedir un favor?-Dille Lobo a Carapuchiña.
-De que se trata?
-É que non sei que regalarlle a Hugo, e ti como es experta en moda e todo iso...Quererías axudarme?
-Mmm, non sei... -dixo Carapuchiña facéndose de rogar.
-Por favor, necesito regalarlle algo moi especial como o amigo especial que é!
-Vale, vale, a que hora nos vemos..?
Carapuchiña e Lobo falaron sobre a hora e onde irían comprar esta tarde. O plan de Cinsenta só estaba a comezar...
Lobo fíxose o indeciso no agasallo que lle ía dar a Hugo, ata que chegou a hora da festa.
-Lobo... Escolle rápido xa che dei unha morea de ideas! Por certo, que hora é?
-Son as oito aínda! Xa sei que son moi indeciso... Pero valerá a pena, xa verás!-Díxolle Lobo mentíndolle sobre a hora... en realidade eran as dez! Xa comezara a festa había unha hora!
Cinsenta escapou e foi ao cumpreanos xustiña de hora, foi fermosa cun vestido que lle prestou a súa mellor amiga, que encima a levou na súa moto.
A festa estaba moi ben decorada e tamén había discoteca, xogos, consolas, comida e unha pila de agasallos! Hugo esmerouse no seu cumpreanos, todos o estaban a pasar de marabilla! Hugo pasou lista para repartir uns pequenos agasallos para os seus amigos, e finalmente deuse conta de que faltaban Carapuchiña, Pati e Fani, as irmanastras de Cinsenta, ninguén sabía nada delas, todos estaban seguros de que ían vir.
Cinsenta era a responsable de que esas tres nenas non viñeran á festa. A Carapuchiña atrasouna un par de horas, e ás súas irmanastras mentiulles e díxolles que a festa era pasado mañá. Na súa casa estaban todos a durmir.
Todo lle saíu perfecto!
Pero non tanto, porque Carapuchiña chegaría, moi enfadada e aínda que sexa un par de horas atrasada, pero chegaría, só por ver a festa de Hugo. Entón Cinsenta fixo cálculos...
-Se a atrasei dous horas e ata que veña...Teño só unha hora máis para que non me pille Carapuchiña! Teño que ir a casa ás doce da noite...
Hugo pedíulle bailar, e xusto na metade da canción, sooulle o móbil coa alarma que puxera para as doce, tiña que irse o máis rápido posible!
-Pero onde vas, Cinsenta?- pregúntalle Hugo un pouco confuso.
-Teño que irme síntoo moito, e espero que che guste o agasallo que che regalei. Adeus!
-Adeus, Cinsenta!
Efectivamente, nada máis marchar Cinsenta, veu Carapuchiña, furiosa, con ganas de arrancarlle o pescozo a alguén, sabía perfectamente que lle xogaron unha trastada, e tamén sabía quen foi a que montou esta lea, a única inimiga que tiña, e estaba segura de que se ía vingar...
Cinsenta, Cinsenta!- comezou a berrar coma unha tola Carapuchiña por toda á festa-.
Todos se acercaron correndo para ver o que estaba a pasar.
-Que che pasa, Carapuchiña? Por que viñeches varias horas máis tarde?
-Nada, atraseime, pero aquí teño o fermoso agasallo que lle comprei a Hugo- respondeulle toda emocionada-.
Cinsenta chegou a casa sen que ninguén a vira, meteuse na cama coma se nada, pero...
-Cinsenta! Díxenche que non podías ir a ese baile!-berroulle a súa madrastra, moi, pero que moi enfadada- .
-Que..?!
-Non fagas agora a tola, avisáronme de que fuches, xa estou farta das túas trasnadas, vaste enteirar, voute vixiar pero agora máis de cerca!
-Quen te avisou?
-Chamáronme, pero non che podo dicir o nome.
-Madrastra, perdóasme? Eu teñía moitas gañas de ir á festa, e fixen todo o posible para conseguilo- dille Cinsenta chorando-.
-Xa está ben de choriqueos! Perdóoche pero non volves saír da casa nunca máis, quedouche claro?- Terminou a Madrastra dando un portazo-.
Á pobre Cinsenta non todo lle saíu como desexaba, pero polo menos foi a festa de Hugo e fíxolle a trasnada á Carapuchiña.
Ao seguinte día na clase, a mellor amiga de Cinsenta, Lila, preguntoulle a Carapuchiña:
-Por que estades así? Desde que viu Hugo, non parades de estar berrando, xa todos sospeitaron o que estades tramando, porque non o arreglades xa dunha vez por todas?
-Tes razón Lila, xa estou farta de enfadarme con Cinsenta...Vou falar con ela!
Carapuchiña buscou a Cinsenta, porque en realidade nin sabía por que se enfadou con ela!
-Cinsenta, podes vir un momento?- dille Carapuchiña-.
--Que queres agora?
-Por que estamos enfadadas? Porque te comportas así comigo?
-Porque...-a Carapuchiña resultoulle difícil contarlle o seu maior segredo á súa inimiga..- Vale, sabes o garabato que hai debuxado na mesa de Hugo?
-Si, seino.
-Pois, eu creo que vai por ti ese C...
-Era por iso? Era por iso toda a lea que montamos? Nin eu sabía por que estabamos discutindo! Ese garabato fíxoo Lobo cun boli permanente, xa sabes que ese neno está tolo e sempre quere montar leas.
-Buff, ao saber isto quedei en total ridículo... Síntoo moito, Carapuchiña, por facerche todo isto. É que me gustaba ese neno, pero sabes que? Xa non me gustou cando fun á súa casa, ese neno é un mal educado con todo o mundo!
-E a min tampouco me gusta; antes si, pero agora é un neno tolo, coma Lobo.
-Que tontería cometemos ao montar unha lea por isto, amigas?
-Amigas, de toda a vida!
Cinsenta e Carapuchiña volveron ser as mellores amigas e prometéronse non montar leas por cousas que non pagan a pena, decidiron vivir a vida e disfrutala.
Whitney Rusen
venres, 16 de novembro de 2012
xoves, 8 de novembro de 2012
os sete cabritiños
Os sete cabritiños
Había una vez, unha cabuxa que tivo sete cabritiños. Un día, a nai deuse conta de
que ás pilas do rato do ordenador se lle esgotaran a batería. Entón díxolles
aos seus fillos:
-Voume á tenda de informática. Se veñes os vendedores de
seguros non podedes abrir a porta. O único que queren é vendernos seguros de
cousas estúpidas.
-Vale mamá.-dixeron os sete á vez
A nai estaba disposta a marchar cando un cabritiño preguntou:
A nai estaba disposta a marchar cando un cabritiño preguntou:
-Pero mamá, como é un vendedor de seguros?
-Un vendedor de seguros é un home traxeado, cun cartafol cheo de papeis, con cara de pillo e o único que quere é sacarnos os cartos.-Ela
foise crendo que cando volvera non faltarían os cartos.
Os cabritiños puxéronse a xogar, polo que non se deron conta de que o
vendedor non andaba lonxe.Era un home alto cunha expresión un pouco estraña na
cara.Chegou á casa dos cabritiños e petou na porta.
-Quen é?-preguntaron os cabritiños.
-Son a vosa tía que veño de visita-contestou o vendedor.
Os cabritiños, que non eran tontos, dixeron:
-Ensinanos a camisa.
O vendedor asomou a camisa pola porta.Os cabritiños viron
unha camisa negra dun traxe. Entón replicaron:
-Ti non es a nosa tía, tes unha camisa dun traxe, es o
vendedor de seguros!
O vendedor foi furioso á tenda de roupa máis cercana e
mercou un vestido de señora. Volveu á casa, petou na porta e dixo:
- Son a vosa tía que veño de visita.
-Ensínanos a camisa.-dixeron os sete.
O vendedor ensinou a manga do vestido. Os cabritiños ían
abrir a porta cando viron un cartafol que poñía: “Seguros Ocaso”, entón
pecharon a porta e replicaron:
- Ti non es a nosa tía, porque tes un cartafol de
seguros, fóra!
O vendedor, furioso, desfíxose do cartafol e volveu.
- Son a vosa tía, que veño de visita.
Como non viron o traxe nin o cartafol abriron a porta.
Pero non era a súa tía, senón o vendedor de seguros! Intentáronse agochar pero
non puideron porque eran demasiado grandes. Ao final, a cada un lle vendeu un
seguro:
1º-un seguro anti-nubes
2º- un seguro anti-galletas
3º- un seguro anti-caixas de cartón
4º- un seguro anti-sapos azuis
5º- un seguro anti-flores radioativas
6º- un seguro anti-dinosauros
Ao máis pequeño non lle vendeu nada porque estaba moi ben agochado.O vendedor marchou e chegou a nai.Cando lles preguntou que pasara,
eles contáronllo e foron á oficina de “Seguros Ocaso” e falaron co vendedor e enganárono para que lles fixese un seguro anti-vendedores de seguros e así lles
devolvese todos os cartos.
Fin.
Versioneado por BABOO20/04
Versioneado por BABOO20/04
mércores, 7 de novembro de 2012
Ofértanse personaxes
Esta
era unha nena chamada Carapucha, que tiña un irmán chamado
Porquiño, aínda que lle soían chamar “Porqui” ou “Gordi”.
A súa irmá inventou o de “Gordi” por fastidialo.
Tiveron que levar á súa avoa uns agasallos para facerlle
a pelota; e así a avoa daríalles videoxogos e cousas
que a ela xa non lle gustaban (é que esta avoa, ten moita
marcha; xoga a Resident Evil, é adestradora dun equipo de
baloncesto, fai windsurf, ten cinto negro de kárate... e
moitas cousas máis). Cando Carapucha e Porqui ían cara
a casa da súa avoiña, encontraron unha señora
maior.
- Onde ides, pequenos? - Di a vella.
-
E a ti que che interesa, vella? - Bérralle a
nena.
-
Carapucha, eses modais ! - Di o seu irmán.
-
Cres que che vou facer caso, vella? - Volve berrar.
-
Emm.... caso de que? - Di a vella, confusa.
-
Seguro que es a típica bruxa dos contos (sinala a
cesta que está tapada cun pano) e de seguro que nesa cesta hai
algún froito envelenado, nós aceptarémolo, comerémolo e morreremos.
-
Pero que dis, nena? - Pregunta a vella, aínda máis
confusa.
Carapucha
agarra o brazo de Porqui e lévao correndo ata alonxarse da
vella.
E
a vella, dí:
- A xente nova de hoxe en día, que maleducados e
desobedientes! Ai que ver, carallo!
Mentres
seguían correndo e correndo, Porqui empezou a cantar unha
canción, algo como:
-
Sóame o aire polo nariz!
-
Pero ti, cada día estás máis tolo.
-
Eu, tolo?
-
Sí, tolo.
-
Que va!, eu non son tolo, eu chámome Tontolava.
-
E vives na rúa estupidez número bobo.
-
Non vale, ti xa o sabías, porque es a miña irmá.
-
Ja, ja. Si que es tolo!.
-
Que non son tolo, son Tontolava.
-
O que ti digas.
Seguiron
correndo ata atoparse cunha casiña pequena.
E
di Carapucha petando na porta.
-
Hai alguén aí?
-
Si, eu! - Dí o seu irmán.
-
Cala a boca!
E
de repente, ábrese unha pequena fiestra que hai na porta e
aparece o rostro dun señor maior.
-
Quen es? - Dí o vello.
-
Eu son Tontolava – Di Porqui.
-
Cala! Non lle fagas caso, non sei que lle pasa. Eu son Carapucha.
-
Creo que sei o que lle pasa. Pasade, por favor. - Di o vello.
Ao abrir a porta, descobren que o vello non era un vello, senón
sete pequenos vellos... ou máis ben, ananos.
-
Eu chámome Sabiondo e non Sabio. - Di un dos vellos.
-
Eu chámome Carapucha e este é o meu irmán
Porqui.
-
Eu son Tontolava, aprende!
Os
vellos soltan un pequeno sorriso.
-
Ben, o que che quería decir era que o irmán tal vez
comeu algún fruto da árbore das maldicións.
-
Que eu saiba, non.
-
Entón non lle pasa nada, o que lle pasa é que tomou
moito viño tinto ou cervexa estrela e caeu borracho.
-
Non digas parvadas.
-
Eh! O que di o meu amigo non son parvadas. - Di Porqui.
-
Non, claro, o que di parvadas es ti. - Dí en
baixiño Carapucha.
-
Xa sei o que lle pasa, seguro que comeu o fruto e ti non o
viches.
-
Por iso, cando discutía coa vella, el estaba calado.
-
Ajá! - Afirma o vello. Carapucha, teño un pouco de
xarope contra o que lle pasa ao teu irmán.
O
vello dalle un xarope visguento ao neno e este cura.
-
Que pasou? - Pregunta Porqui.
-
Nada, agora imos á casa da avoa.
Cando
chegaron á casa da avoa, petarón á porta.
-
Avoíña, somos Carapucha e Porqui.
-
Ah! Pasade.
Entran
e ven a avoa , e despois escoitan golpes no armario.
-
Qué hai no armario? - Pregunta Porqui.
-
Nada... - Dí a avoa con aire sospeitoso.
Abren
a porta do armario e ven un lobo grande e feroz.
-
Avoa, non abras este armario ata que chegue o leñador. -
Aconséllalle Carapucha.
-
E quen che dí que vai vir un leñador? - Pregunta
a avoa.
-
Estamos dentro dun conto, queres que te despidan? - Di Porqui.
-
Non, non, sigamos. - Responde a avoa.
-
Quen atou o lobo?, espera... Xa sei quen foi. - Di Carapucha.
-
Je, je. - Ri a avoa.
-
Fuches ti cunha chave de kárate, verdade? - Pregunta
Carapucha.
-
Si, fun eu, muajajaja... - Responde a avoa.
-
Paréceme ben, agora dame os xoguetes.
-
Xa os dei todos, e o novo xogo que merquei para a Play-Station 5 que
creei eu, non volo vou dar.
-
Entón sufrimos todo iso para nada? - Pregunta a nena.
-
Creo que si, e tamén o pasamos mal. - Di Porqui.
-
Todo foi moi... IMPRESIONANTE! - Berra a nena.
E
todos comezaron a rir como estúpidos ata que rematou o conto.
FIN
Feito
por: GOMINOLAH
Etiquetas:
1ºeso B,
contiños,
creación,
videos 1º eso
mércores, 31 de outubro de 2012
ERA UNHA VEZ.......
Damos comezo a unha nova ronda de contiños infantís remasterizados por alumnado de 1º da ESO.
Estes rapaces veñen con moita experiencia dixital grazas ao proxecto ABALAR no que participaron en cursos anteriores no colexio de primaria.
Aproveitaremos todos os seus consellos e suxerencias para tentar poñernos ao día en cuestión de intercambio de arquivos e verquido directo no blog.
Sirva esta pequena introdución a modo de benvida para reiniciar a actividade no curso recén inaugurado e que as sorpresas sexan moitas e interesantes para tod@as.
BENVID@S!!!!
1
O
Lobo
Esta é a
historia do lobo que vai polos contos comendo nenas, porcos e
cabritiños.
Un día, o
lobo, andaba polo bosque buscando un Burguer King, pero só
encontrou unha nena cunha carapucha vermella que levaba unha cesta
chea de comida.
- Ónde vas
con esa cesta? - Preguntoulle o lobo.
- Á casa da
miña avoa, imos montar unha gran festa. - Respondeulle a nena.
- Estou invitado?,
podo ir? - insistiu emocionado.
- Non podes, é
a miña festa e non te invito. - Aclarou a nena rindo
O lobo foi seguindo
a Carapuchiña para ver como era a festa. Cando chegou, mirou
pola fiestra e levou unha gran sorpresa. Luces de neón,
música, un karaoke, ordenadores, unha mesa chea a rebentar de
comida, a avoa cantando polo micrófono... O lobo petou á
porta, el tamén quería entrar! Abriulle Carapuchiña,
que ao velo berru: - Fuxe, non te quero ver aquí!!!
O lobo saiu de alí
co rabo entre as pernas.
Seguiu buscando
comida, sentia que ía morrer de fame. Esta vez atopou tres
casiñas, cada unha máis grande ca outra.
Petou na primeira,
unha choza feita de palla e barro case tan grande coma el. Abriulle
un porquiño bastante pequeno, ao velo o porquiño colleu
un pau, zoscoulle na cabeza e pechou a porta.
Foi probar sorte na
segunda, un refuxio feito de madeira o dobre de grande ca el. Nesa
casa abriulle un porquiño mediano que estaba tocando a
guitarra. O lobo pediulle comida e este aplastoulle a guitarra na
cabeza e deulle coa porta nos buzos.
Encamiñouse á
terceira e última casa, un castelo medieval moi alto. Nel
vivía o irmán maior dos tres, que o viu todo e xa sabía
que facer. O lobo berrou: - Déixame entrar, teño moita
fame.
- O porco riu, subiu
á terraza e lanzoulle aceite fervendo.
O lobo, que case
morre escaldado, tirouse a un lago para refrescarse e seguiu o seu
camiño.
Camiña que te
camiña chegou a unha casiña na que vivían sete
cabritiños e a súa nai. Oíu como mamá
cabuxa lles dicía aos seus fillos: - Vou de compras pero
tendes a merenda na mesa. O lobo, ó escoitar iso, fíxoselle
a boca auga. - Cabritiños, por favor, dádeme aínda
que sexa só un chisco de merenda, que morro de fame. - Os
cabritiños idearon un plan para botar ó lobo, e, cando
o remataron, dixéronlle: - Abre a porta e entra, que nos dás
pena. - O lobo, de inocente, fíxolles caso e... un por un, os
sete, turraron o lobo cos cornos ó lobo. A última
cornada foi tan forte que o lanzaron ben lonxe, tan lonxe que bateu
no Carrefour, atravesou a parede e caeu no Burger King. Por fin o
atopara!!! Dende ese día o lobo vive oculto no Carrefour;
vai ó cine, ó Corner Hut, a Belros, xoga en Game,
compra roupa en Zara...
E ninguén o
molesta!
Non creas todo o
que che din esta é a verdadeira historia do coñecido
como:
LOBO
FEROZ
Adaptación feita por NSB
2
OS
TRES PORQUIÑOS
Eran unha vez
tres irmáns que acababan de independizarse.
O máis
grande chamábase Anxo o mediano Pedro e o pequeno Xoán
.
Os dous
maiores eran moi folgazáns e decidiron non estudar. Pero o
mais pequeno era traballador e ía á universidade.
Mentres Anxo e Pedro quedaban na casa xogando a playstation e comendo
pizza, Xoán estudaba a súa carreira de medicina.
-Que parvo
es- dixeron os porcos máis grandes- poste aí a estudar
como un tolo, cando total, iso non sirve para nada.
-Pero que
parvadas andades a dicir! -dixo Xoán pasando dos seus irmáns-
cando sexa maior terei un emprego e poderei manter a miña
familia.
-Unha
familia, já!- responderon Pedro e Anxo rindo.
Pasou moito
tempo e estes xa creceran.
Xoán
acabara a súa carreira e xa tiña muller e fillos.
Anxo e Pedro
traballaban de caixeiros e andaban xustos de cartos, pero polo menos
tiñan para comer.
Todo ía
ben ata que un día, o malvado lobo Rajoi ,saíu
escollido para presidente. Como este anteriormente fora profesor de
plástica, sacou as súas tesoiras e...
-Crash,crash,
crash -empezou a facer recortes.
Xoán,
como era médico, seguía ben de cartos, pero os seus
irmáns quedaron no paro.
Axúdanos
-rogábanlle Anxo e Pedro.
Por que ía
facer eu iso? -dixo Xoán.
Porque somos
os teus irmáns -responderon eles.
Como Xoán
era moi bo, deixoulles cartos.
E así
os tres irmáns viviron felices, “aínda que a os
cartos non lles chegaron para mercar perdices ou paspallás.
Remasterizado por Liss28
3
UNHA DE PARRULOS
Era unha vez unha parrula
que tivo un parrulo moi feo.
Todos os parrulos burlábanse del,
o parrulo choraba en silencio
abrazado á súa nai mentres
que as nais dos demais parrulos intentaban
comprendelo.
Un día o parrulo foi
bañarse ao lago cando , de repente, apareceu
un cisne cun aro na
cabeza que lle dixo: ti parrulo que es moi
bo e moi feo, aparézoche aquí porque tes bo corazón,
e eu pregúntoche,prefires fardar da túa cara e que faga
que os parrulos que se burlaron de ti paguen por elo ou
que me vaia e que todo siga coma antes ?
O parrulo elexiu a segunda opción.
-Parruliño, tes bó corazon e por iso...
¡vouche conceder as dúas opcións que che mencionei!
FIN
Versión de CELTIÑA
luns, 25 de xuño de 2012
Estamos de aniversario
Este curso que remata o noso instituto está de aniversario, hai 25 anos que abriu as súas portas ao alumnado da cidade para dar cabida a unha gran demanda de postos escolares na escola pública e fíxoo co nome de OS ROSAIS.
O primeiro curso académico iniciouse con moito profesorado sen praza definitiva e con algúns que tiveron continuidade ata a súa xubilación. Deses pioneiros aínda quedan no centro algúns en activo.
Contaban estes días como non existía zona verde ningunha arredor do edificio e como todo o que hai plantado, excepto a herba brava, foi por vontade duns cantos profesores que empezaron a traer cedros, salgueiros, roseiras, palmeiras, faias antárticas, bambú, unha figueira, unha ameixeira ornamental que se pon tremenda nada máis rebentar a primavera, bulbos de amarelles, hortensias e un longo sen fin de especies vexetais que hoxe alegran os patios exteriores e interiores das instalacións. Vaian os nosos agradecementos a quen tivo esa iniciativa porvirista.
Andando os anos, non moitos, pasamos de ser ROSAIS para converternos no REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI, en honor ao país latinoamericano que acolleu con xenerosidade a todos os galegos que tiveron vontade ou a imperiosa necesidade de marchar ben por motivos económicos ou por motivos políticos. É se cadra por este vínculo co Uruguai que nós mantemos vivo que uns anos atrás o centro lideraba a acollida de alumnado inmigrante na cidade. Hoxe temos o honor de compartir as nosas experiencias con rapaces e rapazas de Rumanía, Senegal, Uruguai, Perú, Colombia, Pakistan, Costa de Marfil, Arxentina, Brasil e un longo etc.
O centro ten unha arquitectura moi peculiar que non encontra eco máis que nos vellos claustros monásticos do medievo, de onde se tomou a idea de facer unha cruceta central cuberta rodeada de catro patios interiores abertos ao céo o que lle dá unha gran luminosidade a todos os corredores e ás aulas cando teñen a porta aberta.
Nesta cruceta demos co lugar ideal para facer unha montaxe de obxectos usados nas aulas e laboratorios ao longo de todos estes anos, están suxeitos a cadeas pero son cadeas rotas que só serven para ficar penduradas a modo de cortina futurista. Tamén fixemos un concurso de fotografía e dos traballos presentados o vídeo recolle só unha selección . Quen isto escribe agarda que sexa do voso agrado. Grazas a todos e todas as que formades parte desta pequena historia. Isto vai adicado a todos e todas as que estades, as que estivestes e as que aínda viredes para formar parte dela.
Feliz aniversario!
Etiquetas:
celebracións,
O Uruguai e máis nós,
saúdos,
videocreación
martes, 29 de maio de 2012
O Principiño
Versión cinematográfica do célebre conto de Saint Exupery. Hai números musicais pero están en inglés. Iso xunto con outros detalles son improvisacións que non aparecen no texto literario.
Este vídeo si que é unha fiel enunciación da tradución do texto literario orixinal, incluída a adicatoria inicial. Os debuxos son moi fermosos e a lectura do texto en español con modulación latinoamericana fan que pague a pena velo e oílo.
Este é un libro que lemos na terceira avaliación os de 1º de ESO. É unha historia preciosa en que practicamente todos os elementos son simbólicos de actitudes humanas. Polo de agora quedaremos só co disfrute da súa lectura e libre interpretación. As ideas a que pode dar lugar son innumerables e os estudos que sobre esta historia se teñen feito tamén. Pero a nós polo de agora só nos interesa disfrutala ao máximo sen demasiados razoamentos.
martes, 22 de maio de 2012
Sobre o TE e o CHE

Batería de exercicios cos pronomes persoais átonos
Na barra lateral dereita deixamos un par de enlaces con webs que traballan a gramática insistindo nas zonas vermellas onde sempre cometemos os erros. En calquera buscador aparecen moitos enlaces para poder practicar a gramática sen necesidade de fotocopias, usádeos!

mércores, 16 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade POEMAS
CANDO TI VOLVAS
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...
Galiza, 1954
CANTARELA DO CANTEIRO
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
Con sílaba de ferreiro
canta, canta,
os minerais sonos debullando,
plim-plim, plim-plim, plim-plim...
canta, canta o teu cincel.
...
O teu arte, canteiro,
arte maior do pico e da marreta,
qué xeolóxico verso,
na castidade crúa do perpiaño
labrará para min?
...
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
As voces unisílabas da pedra,
só por túa mao, canteiro,
se xuntaron
ao pentagrama máxico do mundo.
Samil (Vigo), 1959
TRIADAS DO VENTO NO MAR
Verde vento polas leiras
e vento azul polo mar,
panos da mesma bandeira.
Quen fora vento, meu mar
e sobre o teu lombo brando
puidera o corpo deitar!
Quen fora o vento poboado
de polen e de cantigas
e malvises namorados!
Quen fora o vento que rube
a refrescar as estrelas
despois de folgar coa nube!
Quen fora xinete alado
de ardor e de vidro feito
sobre das olas montado!
AS PALABRAS
Vén o ar ateigado de palabras,
cada mañá chamando aos nosos vidros,
para por a xermolar son e semente.
As palabras decote están falando
e somos nós os xordos á mensaxe
que no seo das sílabas carrexan.
mércores, 9 de maio de 2012
Celso Emilio ....sempre
DEITADO FRENTE Ó MAR...
Lingua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
CELSO EMILIO FERREIRO
Concurso online linguadenamorar
Dende 1963 celebramos o día das letras galegas cada 17 de maio. Ese ano cumpríase un século da publicación do 1º libro impreso integramente en galego: Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Catro séculos despois de que se puxese en funcionamento unha das imprentas pioneiras na Península Ibérica.
Así pois, parece que levamos medio século de celebración do milagroso rexurdimento da nosa literatura. Este ano temos unha vontade expresa de celebrar non só a creación literaria senón a creación en xeral. Por iso no noso centro o vello concurso literario convertémolo nunha cita coa creatividade en todos os sentidos e en todo tipo de soportes.
Dende que Celso Emilio escribiu estes versos indignados en defensa do noso idioma ata os nosos días hai un longo camiño percorrido que sempre nos levará máis alá e todas as vías son nosas.
Dende 1963 celebramos o día das letras galegas cada 17 de maio. Ese ano cumpríase un século da publicación do 1º libro impreso integramente en galego: Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Catro séculos despois de que se puxese en funcionamento unha das imprentas pioneiras na Península Ibérica.
Así pois, parece que levamos medio século de celebración do milagroso rexurdimento da nosa literatura. Este ano temos unha vontade expresa de celebrar non só a creación literaria senón a creación en xeral. Por iso no noso centro o vello concurso literario convertémolo nunha cita coa creatividade en todos os sentidos e en todo tipo de soportes.
Dende que Celso Emilio escribiu estes versos indignados en defensa do noso idioma ata os nosos días hai un longo camiño percorrido que sempre nos levará máis alá e todas as vías son nosas.
xoves, 3 de maio de 2012
Redes- Flipar en colores (sinestesia)
Sinestesia e aura
Imaxes e traballos sobre sinestesia
Levamos uns días traballando con recursos literarios, eses grandes potenciadores da imaxinación ou como soñar espertos. E non nos limitamos a dar os seus nomes, que absurdo! Lanzámonos en picado a compoñer con eles. Xa chegaremos ao puntiño de mergullarnos na imaxinería dos poetas consagrados. Polo de agora vainos moi ben inventando nós os exemplos. Os resultados desta actividade irémolos perfilando a modiño e verquendo aquí en forma de pequenas colaxes imaxinarias de autoría colectiva.
O fenómeno sinestésico foi acollido por parte dos pequenos con certo escepticismo. Algúns o primeiro que preguntaron é se esas persoas que ven cores nos sons ou senten texturas nas palabras estaban enfermas. Claro que non! Agardo que entre o vídeo e os enlaces poidamos dar unha resposta satisfactoria ou canto menos tranquilizadora. A ver se cun pouco de sorte conseguimos que nos comentarios aparezan algúns ruidiños coloridos ou algunhas expresións peliagudas ou algún que outro vocablo niquelado.
mércores, 2 de maio de 2012
rachando coa pana
Sara Petapou era unha muller peculiar que gustaba de vestir diferente a todo o mundo. Ela collía o primeiro que lle viña á man no armario. Se eran dúas saias, poñíaas. Se lle viña un chuvasqueiro, aínda que fose un día de sol, poñíao toda contenta e marchaba con el posto á praia. Todos os nenos da vila agardaban que Sara saíse da casa para ver aquel cadro abstracto que mudaba a diario de cores.
Hoxe leva un bonito colar de diamantes saíndo do seu xersei de colo alto por debaixo da camisola do pillama. Que muller máis rara! E que levará por baixo? Pois unhas cirolas de home tapadas por unha longa saia que se suxeita ao van cun cinto de fibela dourada. Da saia saen dous escarpíns estampados con porquiños. Á dereita de cada un pódense ver botoeiras sen botóns. Nos pés leva unhas pantuflas de cor negra. Con todo, o máis rechamante son os suplementos: reloxos a moreas, brincos de diferentes modelos a modo de medallas, cachirulo de cores na cabeza atado á maneira pirata das danzadoras populares.....Leva sempre nas mans unhas luvas e un paraugas coas cores do arco da vella. Algúns din que o pano dos mocos vai gardado nun calcetín e cando se asoa volve meter alí o pano e este ponse novo do trinque.
HAPPY GIRL
HAPPY GIRL
Etiquetas:
1ºeso A,
campos semánticos,
contiños,
creación,
léxico
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)