mércores, 27 de outubro de 2010
SEN TÍTULO
Semellaba ter a cor da pelota que precede o astro rei.
Levaba moito tempo agardando por aquelas vintecatro horas, a presión facíao sentir coma un xove grumete fronte ao seu primeiro temporal.
Quedaban xa poucos tics e aínda un tac menos para enfrontarse á árbore disecada que nese momento a mestra levaba cara á máquina tatuadora de sintagmas.
O tamborileo que emitían as agullas dos seus pés alertaron aos alumnos e todos sentaron para recibir o cadáver da árbore; xa podía ecoitar o son do diñeiro que conseguiría se todo saía como estaba planeado...LUAR
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
moi ben esa máquina tatuadora de sintagmas ( a fotocopiadora?). As agullas dos pés, os tacóns, e o cadáver bárbaros. O que me deixa intrigada é a última liña. Excelente, Luar
Moitas grazas orola!!!, podemos dicir que o exame que o alumno ía realizar era de vital importancia para conseguir o emprego dos seus soños, un emprego que no futuro será a fonte dos seus ingresos económicos, o sonido das moedas é exactamente o que simboliza, se aprobaba ese examen, o alumno garantíase un futuro laboral seguro. Espero que te resolvera as dudas, e insisto en darche as grazas. Lúar.
Unha composicion ben traballada entendese todo a perfeccion.Mike.
Publicar un comentario