sábado, 5 de abril de 2014

INSTRUCIÓNS PARA ANIMARSE ou non A FACER UN CESTO








por DOWNEY

A ver, xente, eu non teño nin idea disto. De feito, o que fixen polo de agora no meu cesto foi coa axuda da profe. Así que, se queres, faime caso e apunta: non acabarás cun cesto senón cunha bóla de escoura de papel tintado.

Para empezar,  temos que facer unha morea de pauciños de papel de xornal de maneira que poidamos unilos con moita facilidade metendo o extremo dun no extremo doutro; a este fenómeno creo que se lle dá o nome de EMPATE. A continuación, montamos seis varas de dobre tubo ou pau ou rulo, facemos feixes de tres e montamos unha cruz con eles, esmagamos ben coa palma da man o centro. Isto último podes facelo con suavidade, tacto e cariño ou co denominado modo roqui, a golpes de cotobelo. Despois temos que facer algo arriscado... unha viaxe á hiperpinza, nada máis e nada menos que un empate de tres varas, rulos ou tubos, teremos un megarrulo que dobraremos pola metade para empezar a base ou cú do cesto. A primeira volta enrolamos as varas de tres en tres pasando unha vara da pinza por riba e outra cruzada por debaixo de cada feixe de tres. A partir da segunda volta enrolamos nun oito cada unha das varas do redondel e así seguido ata acadar o ancho da base que queremos que teña o noso cesto.....e polo de agora nada maís, supoño que continuar en vertical ata que o cestiño vaia aparecendo el só. Ben, non me fagades moito caso xa que facendo cestos eu son como Esperanza Aguirre facendo trasnadas co seu coche privado...moi perigoso!












domingo, 30 de marzo de 2014

O carro e o home




O Carro e o Home from Matugeno on Vimeo.



Por segunda vez, volvemos incluír na nosa bitácora esta peza histórica do cinema documental galego( a versión de youtube foi eliminada, disque por infrinxir o regulamento de propiedade intelectual, unha mágoa). Nel relátase de maneira emotiva a longa e fructífera relación do home co carro, o carro artesán feito basicamente de madeira ensamblada de xeito que fose útil para todo tipo de labores e terreos. Unha vez máis, podedes constantar a grandísima habilidade dos mestres artesáns para crear algo útil para toda a comunidade a partir de elementos apañados directamente da natureza. No documental saen tamén faenas agrícolas directamente asociadas ao mundo do carro. Que o disfrutedes!

luns, 17 de febreiro de 2014

EU SON UN FLOR





Eu son un gladiolo,
non unha azucena
que dá moita pena.
Teño un talo xigante
e moi alucinante.
Son moi belo
e brillo coma un estrelo.
Vexo a xente pasar
como as ondas do mar.
Vivo en terra firme
da que non quero irme.
Cada semana me dan
auguiña fresquiña
e así son máis feliz
que calquera xiz.
Unha mañá vin un rato
e a miña dona dixo:
coidado que o mato!
Miña dona é vella
e estáchevos tola
cada mañá esperta
dicíndome: ola
Son un simple flor
e así na miña vida
diga o que diga
non sempre se cumpre
todo o que eu pida.

PRUSTIC720









Son un xasmín
e a miña historia non ten fin

Eu son un dente de león
e vivo nun precioso casón

Eu son un gladiolo
e estou un pouco tolo

Son unha rosa
de todas as flores a máis fermosa

Son unha margarida
de todas as flores a preferida

Son un caravel
e
vou facer
unha máscara de papel

Son unha lila
e detesto
os aparellos 
que levan pilas.

RUKIA SCARLET


O LÉXICO DAS FLORES estanos dando moito xogo literario. Deixamos dous exemplos  con rima . Quédannos pendentes un par de historias con xirasois mutantes e rosas desesperadas polo asasinatos masivos de San Valentín.



mércores, 12 de febreiro de 2014

Xabier Blanco : a música popular








Hai que ver e oír con atención o traballo deste home. Grazas ao seu labor, descubrimos o potencial sonoro de todos os obxectos que nos rodean. A música da vexetación. O repertorio de asubíos, chirlos e aturuxos do que é capaz a voz humana. Sen dúbida, a sociedade tradicional disfrutaba dunha gran enerxía creativa, será polo vello dito de que a necesidade agudiza o enxeño e o exceso tende máis ben a atrofiarnos. Aquí queda este glorioso episodio do Alalá, pararemos a velo cando queirades.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Alá vai a Pedra de Abalar









De temporal en temporal

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-efectos-dos-temporaishttp://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-efectos-dos-temporais






xoves, 9 de xaneiro de 2014

Camisolas 2014 ou 4012?



Despois deste arroutado e movidiño parón do Nadal, reiniciamos a actividade blogueira cos deseños das camisolas 2013-2014 realizados polo alumnado máis noviños do Uruguai. 

O proceso foi lento pero moi entretido. Primeiro aprendemos a tipografar o alfabeto artesanalmente con lapis e papel. Despois cadaquén tipografou en papel o seu nome, dándolle toques moi persoais. Despois cada deseño pasouse a un molde de cartón brik. Despois houbo que recortar cunhas tesoiriñas pequenas o que queriamos que aparecese estampado. E, por último, estampamos a man con pintura para tea sobre camisolas máis ou menos usadas. Houbo algún exquisito que quixo facelo sobre unha camisola nova, iso está ben!

Algúns dos resultados téndelos fotografados a continuación. Faltan varias camisolas de 1ºA, incorporarémolas cando estean rematadas. Coas fotos podedes montar un vídeo ou unha colaxe. Se alguén sabe como facer isto último en soporte dixital , por favor, que nos dea un curso acelerado, que estamos desexando hai tempo aprender a facelo. Saúdos a tod@s e mans á obra!