domingo, 6 de febreiro de 2011

CANCIÓN INDIA


http://listen.grooveshark.com/s/Canci+n+Ind+a/390IEt?src=5

CANCIÓN INDIA

Miña nai é a TERRA, meu pai é o SOL

miña avoa é a LÚA, meu avó é o CÉO creador...

Como podería eu vender aquilo que me deu a vida

E como podería eu mercar o canto do mar...

Como pór prezo ao sol, á rocha do río e á nube,

se ninguén pode gardar o mencer...

Miña nai é a TERRA, meu pai é o SOL

miña avoa é a LÚA, meu avó é o CÉO creador...

Como podería eu vender o que non fixeron as miñas mans,

E como podería eu mercar o bosque na chuvia...

A quen lle debo pagar a sede que calma unha fonte,

Se ninguén pode gardar estrelas de neve...

Vexo o home camiñar de présa para nunca chegar,

Vexo o home perfurar as serras para poder pasar,

Vexo o home arrincar a herba para poder sementar,

Vexo o home matando o seu irmán para atopar a paz

E digo NOOOOOOOOOON

Homes ceibes, que se ergan e fagan coas súas bágoas

Unha canción...unha canción---

Jordi Skywalker
Canción aportada por...D. BOWIE





1 comentario:

tirarrollas dixo...

Boa letra. Moi en consonancia co texto que lemos da carta dun xefe indio ao presidente dos EEUU. E tamén co discurso que os indíxenas dunha illa do Pacífico dirixen aos papalagui, os homes brancos.
Nós xa fixemos unha canción acorde coa idea central de todos estes textos: respecto pola Terra. Parabéns a quen fixo a aportación.