xoves, 21 de xaneiro de 2016

Os gremios medievais, entre eles o dos cesteiros




Seis oficios gremiais: canteiros, alfares, cesteiros, panadeiros, boteiros e zapateiros ilustrados na azulexería catalana. Son o antecedente da formación profesional e dos sindicatos de traballadores. O aprendiz empezaba a aprender o oficio dende neno e a medida que se profesionalizaba ía acadando a categoría de oficial e de mestre. Despois dunha vida enteira adicada a un oficio, non é de estrañar que as obras chegasen a ser consideradas artísticas. Todo se facía a man e, no caso dos cestos, o máis importante era o acabado perfecto. 

Demos cun antecedente medieval dos nosos cestos reciclados de papel de xornal: O cesto redondo con armazón.



Este é un prototipo datado no século XII do que se conserva unha  descrición en Alemaña. As diferentes partes do cesto teñen denominacións que delatan a visión teocéntrica da época:
1.  A armazón tamén se chama "alma", de xeito que unha asa con interior de madeira, chámase "asa con alma"
2. O cesto empézase con dous círculos iguais  de vimbio groso que se colocan en vertical e horizontal. Onde conflúen fórmase unha cruz que se ata cun nó coñecido en todo o mundo como o "ollo de Deus". Dese nó fanse partir os radios que lembran os raios divinos. 

Nesta imaxe podemos ver traballos feitos coa técnica do ollo de Deus por tribos americanas precolombinas da parte de México. Realizábanse para agasallar aos recén nacidos como amuletos protectores.




E para rematar esta entrada cesteira e medieval, lembrar que a aparición dos primeiros cestos  sitúase no 12.000 antes de Cristo, antes que os tecidos, os recipientes de barro  ou as redes, en Oriente Medio.



Imaxe dun cesto prehistórico.




domingo, 17 de xaneiro de 2016

pero....onde está o Vigo medieval?



Dúas das pontes medievais que aínda se conservan na cidade: Castrelos e Sárdoma.



vigoarqueologico.blogspot.com  imaxes tomadas do blog que José Manuel Hidalgo Cuñarro adicada á arqueoloxía viguesa. Nel atoparedes interasantísimas reseñas sobre o Vigo prehistórico, romano e medieval.

Sobre o Vigo medieval publicou o Instituto de Estudos Vigueses un libriño totalmente adicado ao tema; hai que recachinar na biblioteca porque disque o mandaron a todos os centros educativos da * área metropolitana.


Para quen gustar, en youtube atopei unha pequena gran historia de Vigo en imaxes. O vídeo é delirante pois recrea virtualmente dende a formación da ría ata os nosos días, fáltalle o audio pero a maioría das imaxes falan por si soas.




E, como non, deixamos para rematar esta entrada histórica a cantiga de Martín Códax que fixo entrar a nosa aldeíña vital na historia da literatura universal