Amosando publicacións coa etiqueta gramática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gramática. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2015

O XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS 4



ESQUEMA DE GRUPOS DE PALABRAS QUE NON TEÑEN O MESMO XÉNERO GRAMATICAL EN GALEGO E CASTELÁN.

1. TODAS AS PALABRAS REMATADAS EN -AXE agás TRAXE, PAXE, GARAXE
 (proba a facer un listado sen ver no dicionario nin no caderno, a ver cantas se che ocorren, hainas a centos)

2. PALABRAS QUE DAN CONTA DE PARTES DO CORPO HUMANO: 
AS PÁLPEBRAS
O NARIZ
O QUEIXO
O PULSO
O LOMBO
OS XEONLLOS
A EMPEÑA
A MAMILA
AS DEDAS
O SOBACO
O PAPO DA PERNA
O PAPO DOS DEDOS

3.NOMES DE ANIMAIS

O ESQUÍO
A TOUPA
O SAPOCONCHO
A QUENLLA
A LURA
O CHOCO
O OURIOL
O PASPALLÁS
A PITA DO MONTE
O CARUNCHO
O VAGALUME
O CABALIÑO DO DEMO

4. VOCABULARIO SOLTO DE AQUÍ E DE ALÁ

SON MASCULINOS                              

O CUME
O LUME
O LEGUME
O COSTUME
O FOUCE
O COUCE
O CÁRCERE
O SANGUE
O MEL
O LEITE
O FEL
O SINAL
O SAL
O CAL
O LABOR

SON FEMININAS

A ÁRBORE
A PONTE
A ARTE
A COR
A DOR
A CANLE
A PARÉNTESE
A ANÁLISE
A CUTE
A PUBE
A ECLIPSE
A MARXE
A ORDE ( cronolóxica, alfabética, numérica.....)
A DESORDE  
  
Proba a
  1. adxectivalas con adxectivos marcados 
  2. introducilas con un ou varios determinantes. 
  3. poñelas en grao aumentativo e diminutivo
  4. traducilas ao castelán
  5. facer enunciados simples e complexos en forma de oracións e composicións con esta selección léxica.





venres, 24 de abril de 2015

XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS 3











ANIMAIS +  2ª E 5ª PERSOAS DO PRET. PERFECTO



 Ti comiches a borra do choco co arroz  / Vós comestes a borra do choco co arroz

Ti viches unha quenlla papar unha lura / Vós vistes unha quenlla papar unha lura

Ti fotografaches ese sapoconcho africano /  Vós fotografastes ese sapoconcho africano

Liches o libro da lebre e o sapoconcho /  Lestes o libro da lebre e o sapoconcho

Subiches a unha atracción en forma de lura translúcida / Subistes a unha atracción en forma de lura translúcida

Tapaches o burato da toupeira / Tapastes o burato da toupeira

Apañaches ovos de paspallás na aldea/ Apañastes ovos de paspallás na aldea

Albiscaches un esquío no piñeiro / Albiscastes un esquío nun piñeiro




mércores, 15 de abril de 2015

XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS 2

ÁRBORES FROITEIRAS, FERRAMENTAS E VERBOS EN 2ª PERSOA, PRET. PERFECTO



Ti colliches as luvas para arrincar as herbas que medran arredor da maceira

Traballaches coa machada á sombra da cerdeira

Co ranqueiro remexiches a terra para plantar a nogueira

Fanaches o fouciño coa pedra que estaba ao lado da laranxeira

Usaches o rastrelo para xuntar as follas da pereira

Colliches o sachiño que estaba na amendoeira?

O coleiro estaba cheo de estrume e collíchelo e botáchelo na terra onde imos plantar a ameixeira

Deixaches o eixolo apoiado na mandarineira

Ti sementaches oito abeleiras que tiñas no pebideiro

Descubriches o angazo que quedara de baixo da oliveira

Vós levastes a composteira a carón da freixoeira

Podaches a moreira coa tesoira de podar

Ti cavaches un foxo coa pa para plantar a nespereira

Trtaballaches no campo dos pomeleiros porque había moita herba e quitáchela coa gadaña

Debaixo do fatoeiro encontraches a serra

Os bois tiraron do arado  ata os castiñeiros para abrir os sulcos e ti despois plantaches as cebolas

Cavastes coa eixada debaixo do limoeiro para plantar morodos

Vós remexestes a terra co ranqueiro onde abundan os pexegueiros

Vós collestes coa galla toda a ramallada, algunhas ramas eran do abruñeiro

Cun anciño  remexestes a terra que estaba arredor do marmeleiro.




martes, 14 de abril de 2015

XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS 1

PALABRAS REMATADAS EN -AXE + VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA NO PRESENTE DE INDICATIVO


Ti segues coa vendaxe ata chegar ao garaxe

Sofres soportando todo o peso da equipaxe ao longo de toda a viaxe

Sacodes a follaxe e observas vomo esvaran as pingas de auga que xearon pola noite coa friaxe

O ladrón foxe con moita coraxe

Eles senten emocións cando acoden á homenaxe

El descobre a miña camuflaxe na curtametraxe

Eles descobren unha laranxeira no medio da gran laxe

Ti sobes ao penedo para ver ben a ramaxe

El acode a recoller a mensaxe

Ela mente tanto que a súa mellor amiga chega a perder a coraxe

El consome un refresco de laranxa mentres fai unha montaxe

Descobres unha fermosa paisaxe mentres fas unha longa viaxe

Sentes dor cando che fan unha tatuaxe

A túa nai férese coa engrenaxe e sente moita dor, así que ten que poñer unha vendaxe

O can sacode a pelaxe

Se dormes coa maquillaxe enrúgaselle toda a cara

Ti férelo e el cólleche carraxe

O campesiño corre para enviar a mensaxe a toda voltaxe

Ela sofre por culpa desa brevaxe

Mentes sobre as porcentaxes exacta desa estatística .










martes, 22 de maio de 2012

Sobre o TE e o CHE








Batería de exercicios cos pronomes persoais átonos

Na barra lateral dereita deixamos un par de enlaces con webs que traballan a gramática insistindo nas zonas vermellas onde sempre cometemos os erros.  En calquera buscador aparecen moitos enlaces para poder practicar a gramática sen necesidade de fotocopias, usádeos!