
Un alfabeto descoñecido. Un idioma descoñecido. Un autor descoñecido. Sen referencias espaciais nin temporais neste manuscrito aparecen temas que van desde a astronomía, a botánica, a farmacia, a bioloxía ata diferentes tipos de receitas e fórmulas maxistrais. A súas páxinas están ilustradas con estraños deseños de especies botánicas descoñecidas (plantas quiméricas). Tamén aparecen plantas chegadas do novo mundo, como o xirasol, o cal nos leva a unha época posterior ao que convencionalmente chamamos Idade Media, cando xa os libros empezaban a imprimirse.
Bibliotecapleyades oferta a posibilidade de visitar todas as páxinas do manuscrito. E moita información sobre os posibles autores ou o posible engano tamén se pode consultar na wikipedia.