venres, 28 de xaneiro de 2011

SOÑO INFILTRADO



Eu estaba de viaxe en Madrid, paraba nun hotel. Fora para ver un partido de fútbol. A mesma noite do partido raptáronme e leváronme a unha casa abandonada; alí aparecían de cando en vez algúns tirados a pincharse e a fumar...serían os meus raptores? Pasou moito tempo e un día notei que os que me vixiaban estaban mal, que descontrolaban; ocorréuseme escapar pero a porta estaba pechada e as chaves estaban custodiadas por un can moi agresivo, que as levaba penduradas no seu colar. Ao tentar quitarllas mordeume. Decidín saltar pola ventá, pero embaixo vin o lombo de varios crocodilos e collín medo...Decidín usar un teléfono que había apoiado na ventá, milagrosamente tiña saldo e cobertura...pero non me colleron! Volvín chamar e despois de agardar unha eternidade alguén descolgou e só me deu tempo pedir auxilioooooo.....porque un dos pringados veu onda min, colleume o móbil e rompeuno. Menos mal que comigo non se asañou. Unha patrulla de policía que andaba por alí sentiu o balbordo e como non abría ninguén, botaron a porta abaixo. Eu aproveitei para desentumecer as pernas e púxenme a correr. Cheguei a autoestrada e púxenme a facer dedo e ata que cheguei a Vigo non me deu a gana de saír deste soño.
Idea e texto aportados por.....LIDIA

5 comentarios:

tirarrollas dixo...

Moi ben Lidia, fixeches ben liscar pola túa conta. Se chegas a agardar a prestar declaración sobre o sucedido, estarías soñando aínda hoxe. Benvida ao batallón literario do ROU.

Anónimo dixo...

moitas grazas, encantoume colaborar.Se hai oportunidade volvereino facer
LIDIA

Amshun dixo...

http://listen.grooveshark.com/s/Canci+n+Ind+a/390IEt?src=5

Mestra! Son Adrián, a canción xa estaba subida ao grooveshark! ahí a tes

tirarrollas dixo...

Moi ben, Adrián. O enlace funciona e o Skywalker dálle moito xeito. Gústame! A letra non ten desperdicio. Moitas grazas pola colaboración en diferido. Non te mates vivo!

Anónimo dixo...

Encontrei unha cancion que é perfeita para isto dos soños =)chámase << Her morning elegance >> de Oren Lavia. Aquí tes o link:
http://www.youtube.com/watch?v=2_HXUhShhmY

Pâmela