Estou nunha chaira chea de flores sen camisa, de bo ver, camiño cara unha moza. Cando estou preto dela quero bicala e esvaece. O chan tamén desaparece; eu caio ao mar.
Estou nun mar moi frío, non podo nadar, estou a afogar. Entón aparece unha persoa con aura coñecida, podería tratarse dunha das miñas amigas, vén para salvarme.
Aparezo xa seco na cima dunha escaleira, a moza está abaixo, quero ir correndo cara ela, pero os chanzos desaparecen e caio no baleiro.
Nado na escuridade e caio nunha cama, ela está alí, intento bicala de novo, os nosos beizos chegan a tocarse
esperto.
Conseguiu contárnolo..................EFFO
2 comentarios:
Que sorpresa levei con esas flores descamisadas, Effo, son moi orixinais.
Dá un pouco de medo ,pero a final acabas bicàndoa. É un soño moi bonito.
Publicar un comentario