Amosando publicacións coa etiqueta monólogo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta monólogo. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de febreiro de 2010

Monólogo viaxeiro


Na compaña do silencio


#-Hola, chámome Clara.

Foi todo o que puido dicir antes de embarcarse na aventura de ir na viaxe.
Con cada paso que daba en dirección ó bus sentía que as pernas lle tremían e se non se concentraba o suficiente en respirar non tardaría moito en rematar no chan.
Ia un día frío e húmido, un deses días que vai tanto frío que fai que as extremidades respondan torpemente facéndote quedar coma unha inútil ante os demais, e tan húmido que o tacto de todo canto che rodea resulta lixeiramente raro e molesto.
Despois de bater numerosas veces cos seus propios pés ante as burlonas miradas dos seus “compañeiros”, conseguiu chegar a un asento no fondo. Dado que tiña o seu fiel MP4, polo menos daría a imaxe de estar ocupada en algo e ninguén sentiría a necesidade de falarlle polo feito de ser a rapaza nova a que hai que interrogar ata a saciedade ou falarlle por compaixón, xa que sabe por experiencia que a maioría destas conversacións forzadas rematan por ser embarazosas e frustrantes.
A viaxe transcorreu sen incidentes, excepto polo feito da incomodidade que a invadiu no momento no que Daniel sen ton nin son sentou ao seu carón.
Pero en lugar dunha conversa, o que saíu de Daniel foi un enorme sorriso e o día tomou un xiro positivamente inesperado.
KremiK

mércores, 9 de decembro de 2009

Monólogo choromiqueiro




Por que lle dan todo o que eu quero? é mellor ca min? non o entendo, din que é porque o necesita, pero eu tamén necesito. Non me queren, cren que non son unha boa filla...podería mellorar, pero para que se sei que nin se van decatar!
Síntome mal. E non é só ela que tamén o meu pai, non, principalmente el, é o que lle consente todo...Fago as cousas mal pero isto xa non é normal. É sempre así, ela fai o que quere e non pasa nada, pero se o fago eu...uf...a fin do mundo!
Suspendemos dúas as dúas e eu son un desastre, ela noon...ela tivo un lapsus. E aínda me levan ao psicólogo para que me pregunte se me quero, se saio con mozos, se son feliz.
Que vida! ah! e mercáronlle un MP4 e un móbil con memoria...aínda que era eu quen os pedira...a min déronme unha LÁMPADARADIORELOXOCOGOMELOTERMOMIX...pensándoo ben tampouco está tan mal cinco nunha...joo...quero ir a Barcelona...viaxar, sen pais! saír, sen nai! que guai...que mal, pobriña, que ma deu con tanta ilusión. Por Deus, como quere que traia iogur ao instituto? e que pretende, que traia galletas enroladas en follas de caderno? debería correxir a postura ou vaime saí chepa.

Oxalá poida controlar esta idiotez innata que me sae do corazón.
Por que sempre teño que obedecer a alguén? Gustaríame poder estar ben e libre libre libre...algún día, teño sono...que olliños tan bonitos ten.

mércores, 2 de decembro de 2009

“Prims” antes de durmir.




“Prim”, Celia estame a falar, a luz do skype está acesa, interrompe o diálogo de Nicole e máis Edward. Deteño o vídeo? Bah, mellor non, sei de memoria o guión.
Vaia, salta outra conversa, ignóroa, estou cansa, teño sono e estánseme a pechas as pálpebras.
All you need is love, bonita canción, pero estame a romper a cabeza.
Stop, deteño a película e leo, bocexo.
Vou pechar a ventá do vídeo. Teño agora o buscador de You Tube diantes, decídome e escribo Mark Knoplfer– Wild Theme, e claro, confudo as letras e o buscador corríxeme; “Mark Knopfler – Wild Theme”, pincho no primeiro link.
Tarareo, tarareo, Tarareo durante un longo tempo.
Pouco a pouco, todo vai quedando a escuras

A ladroa de fotos antigas