...POIS NON SOÑEI QUE LLE CORTABA A CABEZA A UNHA MOZA?
O soño empeza comigo nun lugar estraño, como unha especie de bosque, estou sentado con outra rapaza descoñecida.
Non sei por que, empezamos a discutir moi agresivamente e, sen previo aviso, aparezo nunha praza onde hai montada unha guillotina e a moza coa cabeza metida no furado mortal. A rapaza, sen intimidarse, segue insultándome e eu, da rabia que me deu, corto a corda e crac!, córtolle a cabeza.
Recoñezo que espertei un pouco alterado.
Pesadelo aportado por.....RP
1 comentario:
Arrepiante, RP, agardo que non sexa unha situación recorrente nos teus soños. Deberías esforzarte por soñar algo máis pracenteiro.
Publicar un comentario