Si, si. Plantamos un maio na porta de entrada do salón de actos do ROU pero a súa estabilidade empezou a perigar moi seriamente, así que decidimos replantealo no mesmísimo centro do escenario onde se celebrou o festival das letras galegas 2015.
O festival durou máis da conta porque houbo unha auténtica eclosión de creatividade copleira e ninguén se achantou á hora de facer valer a súa capacidade repentista e regueifeira, motivo polo cal o sistema operativo do equipo informático asignado para o evento seguramente determinou pola súa conta, e sen que ninguén lle mandadse, empezar a facer actualizacións sen control de todo o sistema operativo e aínda porriba coa máxima pachorra habida e por haber na cibergalaxia hipotética.
Ao noso maio, pobriño, deulle tempo a fructificar unha chea de especies autóctonas e alóctonas: cabazas, cebolas, millo, flores de sabugueiro, pampillos, capuchinas naturalizadas, flores de xestas, moitos rebentos de fiuncho, unhas cantas cornas e unha coroa de rosas con todas as súas espiñas. Quedou tan exhausto que cando abandonamos o salón volveu curvarse elegantemente para agradecer a todo o mundo tanta paciencia e participación e desinteresada.
Por segundo ano consecutivo, fixemos un maio e unha morea de coplas para celebrar que o noso idioma aínda está milagrosamente vivo pese a quen lle pese e a pesar das mil e unha circunstancias adversas.
Na foto inferior, reproducimos as coplas improvisadas en 1º da ESO, un pouco antes do festival. Grazas a tod@s!
Rosa Romero Web : Aquí toparedes máis fotos e vídeos
Ai! Cuco ,cuquiño, que tanto dormiches!
Pasou o maio e ti non o viches.
Ahí ven o maio pola Pescadería
Ahí ven o maio lucindo a sardiña.
¡Ai! maiño,maio,maiño florido!
Cóbrese a campiña de colorido.
¡Ay , maio florido!
Xardiñas trouxeches e a min non me deches.
Copla de maio popular de Muros
Ningún comentario:
Publicar un comentario