domingo, 17 de xaneiro de 2016
pero....onde está o Vigo medieval?
Dúas das pontes medievais que aínda se conservan na cidade: Castrelos e Sárdoma.
vigoarqueologico.blogspot.com imaxes tomadas do blog que José Manuel Hidalgo Cuñarro adicada á arqueoloxía viguesa. Nel atoparedes interasantísimas reseñas sobre o Vigo prehistórico, romano e medieval.
Sobre o Vigo medieval publicou o Instituto de Estudos Vigueses un libriño totalmente adicado ao tema; hai que recachinar na biblioteca porque disque o mandaron a todos os centros educativos da * área metropolitana.
Para quen gustar, en youtube atopei unha pequena gran historia de Vigo en imaxes. O vídeo é delirante pois recrea virtualmente dende a formación da ría ata os nosos días, fáltalle o audio pero a maioría das imaxes falan por si soas.
E, como non, deixamos para rematar esta entrada histórica a cantiga de Martín Códax que fixo entrar a nosa aldeíña vital na historia da literatura universal
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario