mércores, 7 de novembro de 2012

Ofértanse personaxes


O conto









Esta era unha nena chamada Carapucha, que tiña un irmán chamado Porquiño, aínda que lle soían chamar “Porqui” ou “Gordi”. A súa irmá inventou o de “Gordi” por fastidialo. Tiveron que levar á súa avoa uns agasallos para facerlle a pelota; e así a avoa daríalles videoxogos e cousas que a ela xa non lle gustaban (é que esta avoa, ten moita marcha; xoga a Resident Evil, é adestradora dun equipo de baloncesto, fai windsurf, ten cinto negro de kárate... e moitas cousas máis). Cando Carapucha e Porqui ían cara a casa da súa avoiña, encontraron  unha señora maior.
-  Onde ides, pequenos? - Di a vella.
- E a ti que che interesa, vella? - Bérralle a nena.
- Carapucha, eses modais ! - Di o seu irmán.
- Cres que che vou facer caso, vella? - Volve berrar.
- Emm.... caso de que? - Di a vella, confusa.
- Seguro que es a típica bruxa dos contos (sinala a cesta que está tapada cun pano) e de seguro que nesa cesta hai algún froito envelenado, nós  aceptarémolo,  comerémolo e morreremos.
- Pero que dis, nena? - Pregunta a vella, aínda máis confusa.
Carapucha agarra o brazo de Porqui e lévao correndo ata alonxarse da vella.
E a vella, dí:
- A xente nova  de hoxe en día, que maleducados e desobedientes! Ai que ver, carallo!

Mentres seguían correndo e correndo, Porqui empezou a cantar unha canción, algo como:
- Sóame o aire polo nariz!
- Pero ti, cada día estás máis tolo.
- Eu, tolo?
- Sí, tolo.
- Que va!, eu non son tolo, eu chámome Tontolava.
- E vives na rúa estupidez número bobo.
- Non vale, ti xa o sabías, porque es a miña irmá.
- Ja, ja. Si que es tolo!.
- Que non son tolo, son Tontolava.
- O que ti digas.

Seguiron correndo ata atoparse cunha casiña pequena.
E di Carapucha petando na porta.
- Hai alguén aí?
- Si, eu! - Dí o seu irmán.
- Cala a boca!

E de repente, ábrese unha pequena fiestra que hai na porta e aparece o rostro dun señor maior.
- Quen es? - Dí o vello.
- Eu son Tontolava – Di Porqui.
- Cala! Non lle fagas caso, non sei que lle pasa. Eu son Carapucha.
- Creo que sei o que lle pasa. Pasade, por favor. - Di o vello.

Ao abrir a porta, descobren que o vello non era un vello, senón sete pequenos vellos... ou máis ben, ananos.
- Eu chámome Sabiondo e non Sabio. - Di un dos vellos.
- Eu chámome Carapucha e este é o meu irmán Porqui.
- Eu son Tontolava, aprende!

Os vellos soltan un pequeno sorriso.
- Ben, o que che quería decir era que o irmán tal vez comeu algún fruto da árbore das maldicións.
- Que eu saiba, non.
- Entón non lle pasa nada, o que lle pasa é que tomou moito viño tinto ou cervexa estrela e caeu borracho.
- Non digas parvadas.
- Eh! O que di o meu amigo non son parvadas. - Di Porqui.
- Non, claro, o que di parvadas es ti. - Dí en baixiño Carapucha.
- Xa sei o que lle pasa, seguro que comeu o fruto e ti non o viches.
- Por iso, cando discutía coa vella, el estaba calado.
- Ajá! - Afirma o vello. Carapucha, teño un pouco de xarope contra o que lle pasa ao teu irmán.

O vello dalle un xarope visguento ao neno e este cura.
- Que pasou? - Pregunta Porqui.
- Nada, agora imos á casa da avoa.

Cando chegaron á casa da avoa, petarón á porta.
- Avoíña, somos Carapucha e Porqui.
- Ah! Pasade.

Entran e ven a avoa , e despois escoitan golpes no armario.
- Qué hai no armario? - Pregunta Porqui.
- Nada... - Dí a avoa con aire sospeitoso.

Abren a porta do armario e ven un lobo grande e feroz.
- Avoa, non abras este armario ata que chegue o leñador. - Aconséllalle Carapucha.
- E quen che dí que vai vir un leñador? - Pregunta a avoa.
- Estamos dentro dun conto, queres que te despidan? - Di Porqui.
- Non, non, sigamos. - Responde a avoa.
- Quen atou o lobo?, espera... Xa sei quen foi. - Di Carapucha.
- Je, je. - Ri a avoa.
- Fuches ti cunha chave de kárate, verdade? - Pregunta Carapucha.
- Si, fun eu, muajajaja... - Responde a avoa.
- Paréceme ben, agora dame os xoguetes.
- Xa os dei todos, e o novo xogo que merquei para a Play-Station 5 que creei eu, non volo vou  dar.
- Entón sufrimos todo iso para nada? - Pregunta a nena.
- Creo que si, e tamén o pasamos mal. - Di Porqui.
- Todo foi moi... IMPRESIONANTE! - Berra a nena.

E todos comezaron a rir como estúpidos ata que rematou o conto.
FIN

Feito por: GOMINOLAH

Ningún comentario: